Arnela

Arnela

Río que cos regos de Santa Baia e do Batán constitúe a cabeceira do Támoga. Nace a 450 m de altitude na parroquia de Castromaior e únese ao Santa Baia na de Aldixe, ambas do concello de Abadín, logo dun percorrido de 5 km en dirección NS.