"Rab" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 681.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de alterable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de ser alterado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode amestrar.
-
-
Cabalo procedente do cruzamento da raza inglesa coa raza árabe.
-
Que posúe elementos ingleses e árabes ao mesmo tempo.
-
-
-
Que evita ou combate a rabia.
-
Tratamento médico que combate ou prevén a rabia.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Trátase dun dos mellores representantes da escola de Madrid da segunda metade do s XVII. Conseguiu unha nova interpretación dentro do arquetipo da Inmaculada. Cultivou o retrato, o tema mitolóxico e os temas populares. Preocúpase tamén da perspectiva aérea nas súas composicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situación difícil ou perigosa.
-
TERRITORIOS
Territorio de Euskal Herria que constitúe unha provincia administrativa española integrada na Comunidad Autónoma Vasca (3.047 km2; 281.821 h [1996]). A súa capital é Gasteiz (Vitoria), sede tamén do goberno vasco. Un terzo do territorio é montañoso, mentres que a parte central e oriental constitúen unha gran chaira. Ao N, as serras Salvada, Peña de Gorbea, Elguea e Aizgorri fan de divisoria de augas entre a vertente cantábrica e a ibérica. A conca de Gasteiz, regada polo río Zadorra, ocupa o centro da rexión. Máis ao S atópase o condado de Treviño, municipio que constitúe un enclave integrado na provincia de Burgos (Castela e León). As serras do S, Cantabria, Toloña e Codes, son de formación xurásica. O clima é oceánico (800 mm de precipitación, 12°C de temperatura media anual). Durante 100 km, o Ebro fai de límite coa provincia de Burgos. Cultívanse cereais con poula e viña, patacas e árbores froiteiras. Gandería porcina. Industria agrícola (viño), de maquinaria agrícola e de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Designación xenérica dos polisacáridos de fórmula (C5H8O4)n formados por unidades de arabinosa unidas por enlaces glucosídicos. Moi estendidos nos vexetais, constitúen unha parte importante de moitas gomas (arábiga, de cerdeira e outras) e acompañan as pectinas nas membranas celulares das polpas e na pel de moitos froitos.
-
-
Relativo ou pertencente a Arabia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Na-tural ou habitante de Arabia.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo árabe.
-
Pobo orixinario da Península Arábiga. Na época preislámica o pobo árabe, nómada (beduíno) ou sedentario, organizábase en clans e tribos de familia patriarcal; era politeísta, cría nos espíritos (ginn) e desenvolvía o seu culto en santuarios locais ou tribais, entre os que salienta a Ka’ba, na Meca. Semella, sen embargo, que antes do monoteísmo islámico tiñan a crenza nun deus superior común a todas as tribos. A predicación de Mahoma conseguiu reunir a todas as tribos árabes baixo un estado teocrático, que espallou a súa lingua e relixión polos territorios conquistados debido á expansión do Islam dende o s VII, configurándose como o grupo étnico dominante en numerosos territorios do norte de África e Asia. Aínda que esta expansión case sempre supuxo a aculturización dos pobos conquistados (asimilación da lingua, a cultura e a relixión árabes), en ocasións mantiveron a súa propia lingua (bérberes) ou relixión (coptos), noutras só adoptaron a relixión (turcos, persas ou hindús), polo...
-
-
Lingua da familia afro-asiática do grupo meridional das linguas semíticas. Enténdese por lingua árabe a falada no centro de Arabia no s VII, chamada árabe literario ou clásico, lingua do Alcorán. A expansión do Islam, que impón unha ortodoxia que non permite a tradución do libro sagrado, converteuna rapidamente en lingua administrativa, comercial e literaria dos países islamizados. A combinación de -xeralmente- tres das vinte e oito consoantes de que consta o alifato dá lugar a unha chamada raíz, que expresa unha idea. Coa adición doutras consoantes, vocais ou signos ortográficos ás letras radicais concrétase o significado abstracto daquela, formando os diferentes termos verbais e nominais. O verbo ten unha soa conxugación, unha forma simple e varias derivadas, e dous tempos verbais: pretérito e futuro. O futuro ten catro modos: indicativo, subxuntivo, condicional e imperativo. O nome e o adxectivo son afectados por catro accidentes: xénero e número como...
-
-
alfabeto árabe
Alfabeto chamado alifato, derivado do nabateo (ss II e III?) e influenciado tamén polo siríaco, que tomou a forma actual no s VIII. Comprende vinte e oito caracteres consonánticos, algúns deles diferéncianse por puntos diacríticos, existindo tamén outros signos ortográficos auxiliares. A expansión do Islam motivou que o alifato siga a utilizarse tamén noutras linguas, polo feito de que o Alcorán, palabra de Deus -Alá- revelada ao seu profeta Mahoma en lingua árabe, non se pode traducir nin transcribir.
-
escritura árabe
Escritura propia da lingua árabe. O árabe, coma outras linguas semíticas, escríbese de dereita a esquerda. A escritura caracterízase pola abundancia de enlaces. Só se indican as consoantes e as vocais longas, se ben no caso de determinados textos (o Alcorán, edicións científicas, infantís e outros), nos que é necesaria unha lectura correcta, tamén se indican as tres vocais (a, i, u), a ausencia de vocal (sukūn), as consoantes e as vocais dobres (tašdīd e tanwin) e outros signos ortográficos.
-
alfabeto árabe
-
Arte islámica.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de estados árabes fundada no Cairo o 22 de marzo de 1945 por Exipto, Iraq, Siria, Líbano, Transxordania (Xordania, a partir de 1950) de Arabia Saudí e Iemen. Segundo ían acadando a independencia, adheríronse Libia (1953), o Sudán (1956), Tunicia (1958), Marrocos (1958), Kuwait (1961), Alxeria (1962), Iemen do Sur (1967), Bahrain (1971), Qatar (1971), Omán (1971), os Emiratos Árabes Unidos (1971), Palestina (representada pola Organización para a Liberación de Palestina, 1976), Xibutí (1977) e as Comores (1993). Exipto deixou de pertencer á Liga en 1979 a raíz da firma do tratado de paz con Israel, polo que a sede da organización foi trasladada do Cairo á cidade de Túnez. En 1987 os líderes árabes decidiron restablecer lazos diplomáticos con Exipto, readmitido en 1989, e a sede volveuse trasladar ao seu lugar orixinal. Entre os seus obxectivos estaban lograr a independencia de todas as nacións árabes, que aínda se atopaban baixo un goberno estranxeiro e impedir que a minoría xudía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflitos bélicos producidos pola creación do Estado de Israel e a súa non aceptación por parte dos países de cultura árabe. A decisión tomada pola ONU en novembro do 1947 de dividir Palestina en dous estados, un deles xudeu (Israel) e o outro árabe, provocou a invasión inmediata de Israel (15.5.1948) por parte da Liga Árabe, principiando a Primeira Guerra Árabe-israelí. Inesperadamente os exércitos árabes foron derrotados e parte da poboación palestina emigrou (780.000 refuxiados). Exipto primeiro (1949) e logo o resto dos estados árabes, asinaron un armisticio polo que cedían Nazaré, a Galilea occidental, o deserto do Nagueb e parte de Xerusalén ao Estado de Israel. O illamento internacional de Exipto pola nacionalización do canal de Suez (1956) deu a Israel a ocasión para responder cunha guerra “preventiva” contra as ameazas de Nasser; esta Segunda Guerra Árabe-israelí rematou sen alteracións territoriais. En maio de 1967 Nasser bloqueou o golfo de Aqaba (única saída de Israel ao Mar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza posterior e curvada do arado, por onde se agarra para dirixilo.
-
-
Que presenta características arábigas.
-
-
Composicións obtidas polo encadeamento e pola enxeñosa disposición de liñas non figurativas. Trátase dun tipo de ornamentación que semella evocar a noción de reiteración, de retorno sobre si mesmo, emparentada co ornamentalismo celtoxermánico, a arte irlandesa e a viquinga, e con certas formas orientais e arcaicas da Mesopotamia e da arte exea pregrega. En literatura asóciase cun tipo de imaxe abstracta e simbólica, segundo a denominación imposta por Charles Bruneau a partir dunha pasaxe de Theophile Gautier.
-
Liña imaxinaria que nunha obra artística une os diversos puntos vitais da composición.
-
-
En ballet, posición do corpo na que se sostén sobre unha soa perna e se mantén a outra levantada e estendida cara a atrás, mentres os brazos continúan a liña da perna levantada.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa de orixe románica do s XII situada en Arabexo (Val do Dubra). Conserva no interior un arco triunfal que descansa sobre columnas de capiteis con decoración vexetal. No fondo da ábsida atópase un pequeno retablo barroco pertencente á escola compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar exipcio. No 1870 organizou o Partido Nacional constituído por campesiños, oficiais descontentos e ulemas. Ao estoupar unha insurrección en Alexandría contra os habitantes europeos, foi instituído como comandante en xefe do exército exipcio. Pouco despois da toma da cidade polas tropas anglo-francesas (1882), foi prendido polo xeneral Wolseleyen Tell al-Kabīr, e posteriormente exiliado a Sri Lanka ata 1901, ano no que volveu a Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península do extremo sudoccidental de Asia, situada entre o Mar Vermello e o Golfo Pérsico (3.000.000 km2). Administrativamente, a Península de Arabia divídese entre Arabia Saudí, Bahrain, os Emiratos Árabes Unidos, Iemen, Kuwait, Omán e Qatar.
Xeografía físicaXeomorfoloxía e relevo
VER O DETALLE DO TERMO
A estrutura xeomorfolóxica da Península de Arabia é relativamente simple: na base atópase un zócolo cristalino basculado cara ao nordeste, que aflora á superficie nos sectores meridional e occidental e, afundíndose suavemente cara ao Golfo Pérsico, vai cubríndose gradualmente de sedimentos cada vez máis recentes. A simplicidade estrutural da Península contrasta coa variedade das formas do relevo. Arabia pode ser dividida nas unidades morfolóxicas seguintes: sectores montañosos occidental e meridional, Na ǧ d, áreas de desertos de area, deserto siríaco, terras baixas do Golfo Pérsico e montañas de Omán. Os sectores montañosos do oeste e do sur... -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana creada entre os ss IV e V na parte setentrional do antigo reino Nabateo de Arabia (Arabia Petrea). Con capital en Petra, situábase na parte noroccidental da Península Arábiga, nas actuais Transxordania e sur de Siria.