"Razo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa fina de xeo que se forma sobre a vexetación e a terra ao conxelarse o orballo.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (1.050 km2; 149.407 h [estim 1995]). A súa capital é Jinotepe (23.538 h). Está atravesado pola cordilleira volcánica centroamericana. O litoral ocupa unha chaira que se inclina cara ao S e que se prolonga ata o istmo de Rivas. O territorio está regado polos ríos Masapa, Grande e Boquita. O departamento divídese en dúas zonas naturais: a costa, con clima cálido, e a zona alta do interior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político costarriqueño. Membro do Partido Liberal Nacional de 1948 a 1969 e director do Banco Central de Costa Rica entre 1963 e 1965. No ano 1974 creou o Partido de Renovación Democrática como contestación por non ser elixido candidato presidencial polo partido no que militaba anteriormente. Líder da coalición da Unidade, onde se agrupaban os partidos conservadores e a dereita liberal, foi presidente entre 1978 e 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. Foi presidente da República entre 1887 e 1889, ano no que faleceu sen poder rematar o programa de obras públicas que proxectara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escuridade que se forma cando no ceo aparecen unhas nubes moi negras que anuncian tempestade.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Razo, no concello de Carballo, situada fronte aos illotes das Percebeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado co chapeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán dos Andes, no Ecuador, no ángulo noroccidental da provincia de Chimborazo (6.272 m). É a cima máis elevada do estado. É un volcán apagado. A primeira ascensión que coroou a cima foi a de Edward Whymper e J. A. Carrel no 1880.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego que comezou a editarse na comarca do Morrazo no ano 1996, primeiro como quincenario e a partir do ano 2001 mensualmente. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou a mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara e coordinada por Carlos Fuentes, conta cun consello de redacción formado por Iria Santaclara, Raquel Rey e Afonso Fernández. Contén información de carácter xeral que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín. Insire unha sección dedicada a cada concello e, ademais, os apartados “Opinión”, “Deportes”, “Cultura”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe tamén reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo do motor, do fogar e da construción, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación fundada en Vic por Antón María Claret i Clarà en 1849. Os misioneiros claretianos dedicáronse primeiramente á predicación popular en Catalunya, pero axiña abrangueron outras ocupacións. A aprobación civil da congregación tivo lugar en 1859 e a aprobación pontificia no ano seguinte. Destinada ao ensino cristián, as súas casas distribúense entre once países de América, Europa, África e Asia. En 1855, o propio Antón María Claret e Antònia París i Riera fundaron en Santiago de Cuba o Instituto Apostólico de María Inmaculada para o ensino. O claretiano Lluís Pujol i Tordera fundou en 1951 en Vic o Instituto Secular Misioneiros da institución claretiana coa finalidade de exercer o apostolado en parroquias obreiras e zonas descristianizadas.
-
-
-
Músculo que constitúe o órgano motor do aparato circulatorio. Os anélidos presentan un vaso ventral arterial, que leva o sangue dende a parte anterior do corpo á posterior, e un vaso dorsal venoso de retorno. Este sistema circulatorio, que tamén conta cunha extensa rede de capilares, presenta un órgano propulsor, denominado corazón accesorio, constituído por unha serie de vasos transversais que conectan os dous principais e que mediante movementos contráctiles impulsan o sangue polo corpo do animal, axudados polos pequenos vasos que dan lugar aos capilares, que tamén presentan unha acción propulsora. Os artrópodos e moitos grupos de invertebrados presentan un sistema circulatorio aberto que, en vez de vasos, amosa un sistema de cavidades, denominadas en conxunto hemocele, nas que se sitúan as vísceras do animal e nas que se distribúen os fluídos sanguíneos e os linfáticos, que reciben en conxunto o nome de hemolinfa, e que representa ata un 40% do volume corporal,...
-
íscera comestible, aínda que non moi apreciada debido á dureza da carne do músculo. Emprégase en diversos pratos, sobre todo o de polo, año, porco ou tenreira. É protagonista en pratos como os anticuchos, moi apreciados polos peruanos, que consisten nunha brocheta de dados de corazón de tenreira mariñados que se cociñan na grella.
-
corazón artificial
Aparato que serve para establecer unha circulación extracorpórea, empregado en intervencións cirúrxicas nas que se precisa poder acceder ao corazón mentres este permanece sen funcionar.
-
-
Obxecto que presenta esa forma.
-
-
Este mesmo órgano considerado como sede da afección, especialmente de amor, da sensibilidade, da bondade ou do sentimento moral. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces o corazón fala, anque a lingua cala. Bos corazóns matan penas. Corazón alegre, home sano. Corazón forte, a seu dono leva á morte. Corazón forte, creba cativa sorte. Corazón sinxelo non precisa coitelo. O corazón engana os vellos. O corazón maleado, non quere ser aconsellado. O corazón non fala, pero adiviña, aínda que cala. O corazón non sabe de traizón. O corazón nunca se engana. O corazón sen arte non maxina maldade. O corazón sen engano, nunca pensa no malo. Se o corazón fose de aceiro non o vencía o diñeiro”.
-
Este mesmo órgano considerado como sede da forza de ánimo ou de coraxe.
-
-
-
Parte central dunha cousa, a máis agachada ou a máis esencial.
-
...
-
-
-
-
-
Músculo que constitúe o órgano motor do aparato circulatorio. Os anélidos presentan un vaso ventral arterial, que leva o sangue dende a parte anterior do corpo á posterior, e un vaso dorsal venoso de retorno. Este sistema circulatorio, que tamén conta cunha extensa rede de capilares, presenta un órgano propulsor, denominado corazón accesorio, constituído por unha serie de vasos transversais que conectan os dous principais e que mediante movementos contráctiles impulsan o sangue polo corpo do animal, axudados polos pequenos vasos que dan lugar aos capilares, que tamén presentan unha acción propulsora. Os artrópodos e moitos grupos de invertebrados presentan un sistema circulatorio aberto que, en vez de vasos, amosa un sistema de cavidades, denominadas en conxunto hemocele, nas que se sitúan as vísceras do animal e nas que se distribúen os fluídos sanguíneos e os linfáticos, que reciben en conxunto o nome de hemolinfa, e que representa ata un 40% do volume corporal,...
-
íscera comestible, aínda que non moi apreciada debido á dureza da carne do músculo. Emprégase en diversos pratos, sobre todo o de polo, año, porco ou tenreira. É protagonista en pratos como os anticuchos, moi apreciados polos peruanos, que consisten nunha brocheta de dados de corazón de tenreira mariñados que se cociñan na grella.
-
corazón artificial
Aparato que serve para establecer unha circulación extracorpórea, empregado en intervencións cirúrxicas nas que se precisa poder acceder ao corazón mentres este permanece sen funcionar.
-
-
Obxecto que presenta esa forma.
-
-
Este mesmo órgano considerado como sede da afección, especialmente de amor, da sensibilidade, da bondade ou do sentimento moral. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces o corazón fala, aínda que a lingua cala. Bos corazóns matan penas. Corazón alegre, home sano. Corazón forte, a seu dono leva á morte. Corazón forte, creba cativa sorte. Corazón sinxelo non precisa coitelo. O corazón engana os vellos. O corazón maleado, non quere ser aconsellado. O corazón non fala, pero adiviña, aínda que cala. O corazón non sabe de traizón. O corazón nunca se engana. O corazón sen arte non maxina maldade. O corazón sen engano, nunca pensa no malo. Se o corazón fose de aceiro non o vencía o diñeiro”.
-
Este mesmo órgano considerado como sede da forza de ánimo ou de coraxe.
-
-
-
Parte central dunha cousa, a máis agachada ou a máis esencial.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1942) Deseñador gráfico e empresario. Considérase un dos precursores do deseño gráfico en España. Creou os programas de identidade de importantes empresas privadas, de diversas comunidades autónomas e ministerios, así como de servicios públicos. Foi galardoado cos premios concedidos polo Arts Directors Club de Nova York (1978), a ADC de Milán (1982) e o Design Council International (1990), entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación do corazón da Virxe María como símbolo do seu amor a Deus e a toda a humanidade. A súa devoción desenvolveuse na Idade Moderna e promoveuna diversas confrarías, especialmente a arquiconfraría do Purísimo Corazón de María, fundada en París en 1836.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeloura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kritik der praktischen Vernunft.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kritik der reinen Vernunft.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1902 en Marín co subtítulo de “Semanario de intereses generales de la comarca”.
VER O DETALLE DO TERMO