"Reis" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 38.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.502 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e cartógrafo turco. Baseándose en diversos mapas aparentemente moi antigos, en 1513 fixo un mapa do Atlántico Sur onde figuraba a costa de América do Sur e da Antártida, e en 1528 realizou un mapa do Atlántico Norte no que aparecen as novas terras de América Central e do Norte. O enigmático da súa obra, é que representa accidentes xeográficos e terras descoñecidos na súa época e difíciles de cartografar. O conxunto dos seus coñecementos cartográficos e de navegación resumiunos en Kitab-ī-Bahriye (Sobre a navegación, 1521).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor checo. Principal representante do modernismo en Bohemia, partiu do simbolismo alegórico e utilizou cores escuras, con preferencia violetas, animadas por brancos atenuados. Das súa obra destacan Os namorados e O lago negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Figura destacada do movemento representado pola academia literaria Arcadia Lusitana (1756), escribiu sobre todo églogas e elexías, en que se manifesta a tradición clásica de Ribeiro e Camões.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Teo baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín reges ‘reis’. De recente introdución, con este nome refírese á Adoración dos Reis Magos cando estes foron visitar o Neno Xesús a Belén. Tamén ten certa tradición como apelido, Rei, ou grafado ordinariamente como Rey. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1496 pola bula Si convenit outorgada polo Papa Alexandre VI a Fernando II de Aragón e a Isabel I de Castela. Os motivos foron a unificación e pacificación dos seus reinos, a expulsión dos xudeus que non aceptaban o bautismo, a reconquista de Granada de mans do Islam, a liberación de Nápoles e dos Estados Pontificios do xugo dos exércitos franceses e a promesa de iniciar unha cruzada contra os otománs. O matrimonio dos monarcas supuxo a unión dinástica das coroas de Castela e Aragón pero non a unión política de ambos os dous reinos, que continuaron a ter as súas propias institucións. O título tamén o ostentaron os seus sucesores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo artístico desenvolvido no segundo terzo do s XV durante o reinado dos Reis Católicos, especialmente no eido da pintura. Desenvolveuse como consecuencia da expansión da arte flamenga desde 1430. Entre outros aspectos asumiuse o óleo aínda que se mantiveron algúns modelos góticos. Entre outras obras destacan os sepulcros dos reis Xoán II e Isabel de Portugal na cartuxa de Miraflores de Burgos e a capela do Condestable da catedral de Burgos, e dos pintores sobresae Fernando Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se dá tradicionalmente a cada un dos magos procedentes de Oriente que, segundo o Evanxeo de san Mateo (2, 1-11) foron a adorar a Belén ao Mesías acabado de nacer, guiados por unha estrela. San Mateo, non obstante, non especificou o seu número, o seu nome, a súa nacionalidade nin a data deste suceso. A primeira mención aos nomes dos Magos na tradición occidental apareceu no s VII, nun códice da Bibliothéque National de París. A partir do s IX no Liber Pontificalis de Ravenna apareceron repartidos xeograficamente e asociados ás idades da vida. Existen interpretacións que din que os Reis Magos poderían ter sido astrólogos babilonios, sacerdotes persas ou cultivadores das ciencias, particularmente a astroloxía e a astronomía. Desde un punto de vista teolóxico, a tradición popular máis tardiamente converteunos en tres homes sabios, magos ou santos reis. Aínda que nos albores do cristianismo se representaban como dunha mesma raza, crese que a diversidade posterior,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epopea persa escrita por Firdawsī e que constitúe unha compilación de lendas que van desde os primeiros reis asirios ata a conquista árabe de Persia. Unha gran parte da obra narra as aventuras de Rustām, heroe lendario da antiga literatura persa que deu morte involuntaria ao seu fillo Suhrāb. Foi considerado a conclusión da literatura clásica en lingua persa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dous libros do Antigo Testamento que conteñen a historia da realeza, desde os últimos días de David (971 a C) ata a caída dos reinos de Israel e Xudea (722 e 586 a C). O redactor final (s VI? a C), á luz da teoloxía deuteronomista, puxo especialmente de relevo a actuación dos profetas, sobre todo de Elías e Eliseu. As versións grega e latina déronlle este nome tamén aos dous Libros de Samuel, de tal xeito que hai catro libros dos Reis, pois os libros I e II de Samuel cóntanse como os libros III e IV dos Reis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da orde dos paseriformes de pequeno tamaño, sen diferenciación morfolóxica externa entre machos e femias, e de cores pardas e arrubiadas. En Galicia están presentes o reiseñor común e o de auga.

    2. Ave duns 16 cm de lonxitude coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara, o rabo arrubiado, as patas de cor carne e un anel ocular branco. Coñécese principalmente polo seu canto rechamante. Viven en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos. É invernante en África, polo que a súa presenza en Europa é estival; en Galicia, como estival, pode verse entre abril e setembro principalmente no SL da rexión.

    3. Ave duns 14 cm de lonxitude, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral esbrancuxada, peteiro fino, patas rosadas e unha mancha linear máis clara enriba do ollo. Vive en zonas de espesura arbustiva ligadas a zonas acuosas como marismas, ríos ou encoros, alimentándose de insectos e sementes. É sedentario en Europa, e tamén en Galicia, onde está espallado por toda a rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e caricaturista francés. Foi colaborador habitual das revistas Hara Kiri e Charlie Hebdo. Baseándose na experiencia cotiá, desenvolveu un sentido do humor directo e corrosivo, potenciado por un debuxo de trazo libre e dinámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico checo. Naturalizado inglés, foi un dos fundadores do free cinema, corrente baixo a que dirixiu Saturday Night and Sunday Morning (1960) e Isadora (1968). Posteriormente dirixiu The Gambler (1974), The French Lieutenant’s Woman (1981), Sweet Dreams (1985) e Everybody Wins (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz cinematográfica. Protagonizou a versión cinematográfica da revista musical Funny Girl (1968, Oscar á mellor actriz), Hello, Dolly! (1969), The Way We Were (1973), A Star is Born (1977) e Nuts (1988), e dirixiu e interpretou Yentl (1983) e The Prince of Tides (1992), ademais de participar nas bandas sonoras de numerosos filmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cinto de Orión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico exipcio situado á beira occidental do Nilo, á altura de Luxor. Consta de dous vales, o do O ou dos Monos, onde se atoparon catro tumbas, e o do L ou Val dos Reis, onde se atoparon 58 tumbas que van do reinado de Tuthmosis I ao de Ramsés IX (dinastías XVIII-XX), e na súa maioría son reais. As tumbas máis importantes son as de Tuthmosis III, Amenofis II, Tuthmosis IV, Merenptah, Ramsés III, Ramsés IV e Ramsés VI. A de Tutankamon atopouse intacta.

    VER O DETALLE DO TERMO