"Ribe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 141.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La Ribera Baixa. Esténdese dende a serra de Corbera ata a marxe dereita do río Júcar (3.148 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente o cultivo de cereais, laranxas e leguminosas. Tamén é importante a avicultura e a apicultura. A vila está situada na parte baixa do castelo de Corbera, que se alza enriba dunha rocha. De orixe islámica, foi un lugar de convivencia mixta de mouros e cristiáns. Na igrexa parroquial de San Vicente venérase a imaxe da Mare de Déu del Castell, de estilo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro. Simbolista primeiro e vangardista despois, escribiu os poemarios Província (1933), Cancioneiro do Ausente (1943) e Entre Mar e Río (1952). Tamén publicou prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica e vende cribos, continuador moitas veces dunha caste de itinerantes na que colaboran a muller e os fillos, aínda que a súa fabricación é un traballo na súa orixe autenticamente feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano que presentan algunhas arañas diante das fileiras e que ten un papel importante na manipulación dos fíos de seda que saen delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave granívora, da familia dos emberícidos, distribuída practicamente por todo o mundo, agás a India, Madagascar e Australia, e as máis das veces propia de hábitats pouco arborados. Caracterízase por ter un peteiro proporcionalmente curto e comprimido polos lados, co bordo da boca sinuoso na base. A plumaxe é, normalmente, de cores apagadas. Existen unhas 300 especies.

    2. Ave de 16 cm de lonxitude, co dorso listado e mitra de cor acastañada, as partes inferiores de cor amarela, cos flancos listados e a cabeza de cor amarela, que no caso das femias e dos animais novos presentan listas negras. Está distribuída por latitudes medias do Paleártico central e occidental; na Península Ibérica ocupa terreos deforestados con abundantes sebes arbustivas na rexión eurosiberiana, máis escasa cara ao O e rara no N de Portugal.

    3. Ave de 15,5 cm de lonxitude, co dorso e ás de cor acastañada vermella, con listas máis escuras e as partes inferiores de cor entre branca e ocre. Os machos adultos, no período reprodutor, presentan a cabeza e parte superior do peito de cor negra e a caluga branca. Ten unha distribución paleártica e está presente en esteiros, albufeiras, lagoas endorreicas con grandes carriceiras, e en marismas costeiras de toda a Península Ibérica. Ás poboacións ibéricas sedentarias sumánselles aves invernantes de Centroeuropa.

    4. Ave de 15,5 cm de lonxitude, coas partes superiores e as ás de cor acastañada vermella, con listas de cor negra e coa cara inferior da á e o anel ocular de cor amarela. Os machos coa cabeza e o peito de cor verde oliva; as femias e os animais novos son de cores máis apagadas e coa cabeza e o peito tamén listados. Distribuído polo Paleártico central e occidental está presente, aínda que é rara, na rexión eurosiberiana e nos pisos máis térmicos da mediterránea. Na Península Ibérica ocupa terreos de aspecto seco e aberto, como as matogueiras mediterráneas de montaña que hai nas abas meridionais da Cordilleira Cantábrica, da Meseta Norte, do Prepireneo, do val do Ebro e da metade norte de Portugal por riba dos 800 m de altitude. Trátase dunha especie migrante transahariana que permanece na Península Ibérica entre abril e outubro.

    5. Ave de 16 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar nos machos, no período reprodutor, a plumaxe de cor branca, co lombo e as plumas primarias das ás de cor negra; fóra desta época a plumaxe tórnase máis ocre e semellante á das femias e á dos animais novos. Ten unha distribución circumpolar e na Península Ibérica aparece como invernante ocasional en bandos monoespecíficos, compostos principalmente por femias e animais novos, entre os meses de outubro e maio. Ocupa zonas costeiras, especialmente da metade norte e praias con dunas.

    6. Ave de 16 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar nos machos a cabeza de cor verde oliva, con listas amarelas por riba, gorxa de cor negra, colar amarelo, franxa pectoral de cor verde oliva e partes superiores acastañadas vermellas, e partes inferiores de cor amarela cos flancos lixeiramente riscados de castaño. As femias e os animais novos son de cores máis apagadas e o dorso acastañado. Distribuíuse polo extremo sudoccidental do Paleártico e na Península Ibérica, especialmente en zonas arboradas con claros, como bordos de bosques, campiñas e bosques de ribeira limítrofes con terreos deforestados.

    7. Ave de 15,5 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar o macho a cabeza o e peito de cor cinsenta, con dúas listas negras que enmarcan a cara e unha terceira media que cruza o ollo, as partes superiores de cor acastañada con lista negras no dorso e o peito e flancos de cor arrubiada. As femias e os animais novos son de tons máis apagados. Está presente nas latitudes baixas do Paleártico en terreos non cultivados con solos secos e pedregosos e con vexetación arbustiva ou arbórea dispersa. En Galicia está ben distribuída en ladeiras deforestadas e cubertas por toxeiras, e ausente dos fondos dos vales máis húmidos e frondosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que exerce o traballo de escribir ao ditado ou de copiar escritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Reivindicou o flamenco puro e debutou en París en 1920. Formou parella artística con Carmina García. Retirouse e estableceuse en Barcelona, onde se dedicou ao ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en Santiago de Compostela en xaneiro de 1987. Subtitulouse “Revista do espectáculo”. Editada polo Sindicato Galego de Música-Federación do Espectáculo de CC OO, na súa coordinación participou Xosé Ramón Santomil. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Velograf. Trátase do voceiro do sector de CC OO e incluíu novas sindicais, estreas, discografía e artigos sobre educación musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro en réxime de cooperativa creada en 1980 polos colectivos Troula, Antroido e Andrómena co obxectivo de promover o desenvolvemento de unidades estables de produción e distribución teatral e potenciar o proceso de profesionalización do teatro galego iniciado en 1978. O seu único espectáculo foi Bailadela da morte ditosa, sobre un texto de Roberto Vidal Bolaño e dirixido por Eduardo Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pano ou aparato que se colga do pescozo e que serve para termar dunha man ou dun brazo cando están magoados.

    2. Peza da sela do cabalo na que o xinete apoia os pés.

    3. Corda que se une pola parte superior ás dúas cangallas interiores do xugo.

    4. Correa longa coa que os zapateiros aseguran os zapatos sobre os xeonllos.

    5. Tolete fixado na proa da dorna do que se amarra, mediante un cazulete, a poia inferior da vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xermánico Heribert, Herbert ou Haribert ‘ilustre no seu exército’, composto de *harja- ‘pobo en armas’, ‘exército’ e *bertha- ‘ilustre’, ‘famoso’. Hai quen pensa que pode vir tamén do xermánico Hari-berth ‘exército’. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chanceler (994) do emperador Odón III e arcebispo de Colonia (999). Fundou a abadía de Deutz e foi canonizado no s XVII. Na iconografía viste roupas arcebispais, co sagrado palio, e leva como atributos unha pomba e a maqueta dunha igrexa ou mosteiro. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Lesotho (2.828 km2; 349.500 h [estim 1995]). A capital é Leribe (9.595 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Gañou en Praga o campionato de Europa en 50 km marcha (1978), especialidade en que tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO