"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor pertencente ao chamado nacionalismo musical galego. Digno representante da música romántica galega, é coñecido fundamentalmente polas súas pezas para canto e piano inspiradas en textos de poetas galegos. Foi director de orfeóns (El Eco e El Brigantino) e de diferentes orquestras coruñesas. En 1941 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. Colaborou en traballos folclóricos como a recollida de temas populares galegos para os Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga, e para o Cancionero musical popular español, de Felipe Pedrell. Foi autor da ópera inédita A Virxe do Cristal (baseada na lenda de Curros), da zarzuela Santos e Meigas (con libreto de Manuel Linares Rivas) e de obras instrumentais e, de preto de 40 cancións estilo lied (aínda que interpretadas tamén en versión coral). Así mesmo, as composicións que obtiveron máis sona foron Cómo foi?, con texto de Curros Enríquez, Maio longo, con...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e teólogo. Licenciado en Sagrada Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela é profesor de Xeografía e Historia. Colaborador en distintas revistas e xornais (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada, Boletín Auriense, etc), publicou, entre outras, as obras: Basilio Álvarez redentor del agro gallego (1987), Inventario de protocolos notariales 1405-1902 (1998), Posesos e endemoniados (1998), San Pedro de Bande: orixe e evolución da parroquia (1998) e La Diócesis de Ourense: evolución histórica, santoral orensano y parroquias de la ciudad (1999). En 1981 foi nomeado director do Arquivo Histórico Diocesano da diocese de Ourense, é membro da subcomisión para a conservación do Patrimonio Artístico e Documental da Igrexa de Galicia (1992-1997) e do Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos na sección de Etnografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo e profesor. No 1947 comezou os seus estudos de bacharelato que logo simultaneou cos de mestre de Ensino Primario, período no que colaborou co semanario pontevedrés Litoral. Entre 1955 e 1960 escribiu no Faro de Vigo. No 1957 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela, pero no 1958 trasladouse a Madrid onde cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense, rematados en 1965. En Madrid relacionouse cos integrantes do grupo Brais Pinto e vinculouse ao Partido Comunista. Foi lector de español (1965-1967) en Montluçon e Avignon (Francia). Dende 1976 imparte clases de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Presentou a súa tese Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en España. 1889-1936 na que analiza os movementos de renovación educativa en España no primeiro terzo do século XX, centrándose no pedagogo Lorenzo Luzuriaga....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Traballou co seu pai nunha liña de autobuses ata que creou unha empresa construtora (1946). Converteu os motores de gasolina en Diesel (1949) e dedicouse á fabricación de motores. Fundou en Madrid cos seus irmáns a Compañía Anónima de Bombas, Motor Nacional SA (MONASA) e Barreiros, SA (1956). Continou coa fabricación de motores e iniciou a de camións Barreiros e de tractores. En 1962 chegou a un acordo coa AEC e ampliou a súa produción para a fabricación de autobuses. Vendeu o 40% de Barreiros Diesel á Chrysler no ano 1964 e lanzou ao mercado o Dodge. En 1969 vendeu a súa participación e abandonou a presidencia. Dedicouse entón a negocios gandeiros (Explotaciones Puerto Vallhermosos SA), inmobiliarios, mineiros e financeiros (sociedade INBURSA). Con socios cubanos creou CIMISA, dedicada á fabricación de motores. En Cuba, onde foi asesor de Fidel Castro,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Farmacia e Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid, onde foi profesor de Botánica (1934). En 1943 ocupou a cátedra de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e en 1964 a de Fitoxeografía da Universidad Complutense de Madrid. Durante a década 1964-1974 simultaneou o traballo na universidade coa dirección do Real Jardín Botánico de Madrid. Entre as publicacións que dedicou á flora galega destacan: Mantissa Stirpium Gallaeciae (1950), Anotaciones a la flora criptogámica gallega (1952), Adiciones y correcciones a la flora de Galicia (1959) e Notas sobre la flora gallega (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Violinista, compositor e editor. Foi promotor e fundador de orfeóns, do mesmo xeito que fixeron Xoán Montes, Pascual Veiga e Chané nesa época, co fin de defender e divulgar o noso folclore musical. En 1854 fundou o primeiro establecemento musical de Galicia. Foi o primeiro e segundo director do Teatro Principal da Coruña (1861-1862), e a partir de 1863 converteuse en protector dos músicos galegos, dedicándose á edición das súas obras; así, editou os Cantares viejos y nuevos de Marcial del Adalid, e obras de Pedrell e Montes. Na faceta de compositor podemos citar a muiñeira Alfonsina, a zarzuela nun acto La luna de hiel, a canción Un sospiro, inspirada nun texto poético de Manuel Martínez González, a peza O día en que saín da patria miña e numerosas melodías e himnos. Foi alcalde da Coruña, membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1879) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Foi director do orfeón Unión Orensana. Compuxo as seguintes obras: Viva a troula, De ruada e No turreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Comezou a súa carreira xornalística en 1881 fundando xunto con Ricardo Mella, Federico Rodríguez e Joaquín Nogueira o xornal La Propaganda de Vigo. Foi redactor dos xornais Diario de Vigo (1884) e Coalición Republicana (1886), director de La Vanguardia (1891) e de La Federación (1894), e correspondente en Galicia de varios xornais (La Prensa de Bos Aires, Daily Mail de Londres, etc). Máis tarde pasou a ocupar o cargo de redactor-xefe no Faro de Vigo. Exerceu tamén como concelleiro en Vigo e tivo diversas responsabilidades en entidades culturais da cidade. Especializado en estudios de economía pesqueira, publicou o libro La pesca en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido co pseudónimo de Helenor, foi redactor do Faro de Vigo e de La Concordia. Fundou os semanarios locais La Luz e La Garra, de carácter político. No eido cultural, foi un dos promotores e organizadores do Ateneo vigués.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e economista. É doutor en Dereito e Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Madrid, graduado en Estudios Sociais e diplomado en Organización e Métodos de Administración Pública. Foi profesor de Dereito do Traballo na universidade madrileña e na escola social da Universitat de Barcelona. O seu traballo centrouse no estudo da Seguridade Social e as funcións previsoras do estado. É autor de Rusia no es cuestión de un día: etapas de la división azul (1954), Antología del nacimiento de la previsión social española (1908-1910) (1959), La planificación de la seguridad española desde 1957 a 1963 (1963), La planificación de la seguridad social española: ensayo social (1964). Ademais, escribiu numerosos artigos en revistas especializadas como a Revista Iberoamericana de Seguridad Social ou Estudios, publicada polo ministerio de Traballo. É membro do Instituto de Estudios Políticos e da Academia de Doutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Estableceuse en Calabozo (Venezuela) aos dezanove anos. En 1812 incorporouse ás forzas reais que loitaban en contra do movemento de independencia sudamericano, creando un grupo guerrilleiro. Ocupou as rexións de Los Llanos e Mosquiteros. Derrotou a Simón Bolívar en 1813 e tomou Valencia, Caracas e Barcelona en 1814. Morreu nunha emboscada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro fundador e presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-1988). Desempeñou as funcións de director de edicións en Edicións Xerais de Galicia (1990-1993) e de director xeral dende 1994. Membro da xunta directiva da Federación de Gremios de Editores de España e do relatorio de lingua do Consello da Cultura Galega. É director da Revista Galega de Educación e colaborador en distintas publicacións (Faro de Vigo, La Región, etc). Participou no consello de redacción dos suplementos de educación “A Pizarra” (Faro de Vigo) e “Na escola” (La Región e Atlántico Diario). Publicou varios libros de carácter pedagóxico e para primeiros lectores, entre os que destaca Dona Carme (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arabista. Foi catedrático de Lingua Árabe da Universidad de Granada e director da Escuela de Estudios Árabes dependente do CSIC. Levou a cabo diversas investigacións na Biblioteca Nacional de París e nas bibliotecas universitarias de Londres, Oxford e Cambridge. Viaxou por diversos países árabes como Siria, Xordania e Exipto para complementar os seus estudios. No eido editorial destacou como director do volume sobre árabe e Islam da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebraicos e como director da revista Cuadernos de la Alhambra. Publicou máis de cen traballos de investigación de lexicografía, filosofía e historia árabe entre os que destacan: El morisco granadino Alonso del Castillo (1965), Poesía arabigoandaluza (1984) e Valor documental de los poemas epigráficos de la Alhambra (1984). Foi membro da Real Academia de Historia e da Real Academia de Bellas Artes de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Entre as súas obras salientan os centros de saúde de Castro Caldelas, Ramirás e Maside e as oficinas de turismo da Gudiña e do Carballiño. Ocupou a vicepresidencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), foi secretario da Escola de Artes Aplicadas de Ourense e director xerente de Xestur. Recibiu en 1988 o Premio de Arquitectura do COAG.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Comezou a súa andaina musical na década dos setenta. Posteriormente, formou parte do grupo Mareira entre os anos 1980 e 1982. No seu repertorio teñen cabida tanto o country como o blues, pasando polas baladas en temas como No bar do blues, Acouga este mar ou Qué conto ten a vida. Na súa discografía destacan os títulos Tarantela (1998) e Segundo Andar (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador de vídeo. Elaborou unha exposición titulada Aillados/Documentos, da que tamén editou un manual. Entre as súas obras en vídeo destacan: O Curro, Comedia Americana, Aillados e A Exposición Rexional Galega. Obtivo diversos premios nunha serie de certames celebrados en Vilagarcía, Cádiz e Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Catedrático de Dereito do Traballo na Universidad Central de Venezuela. Fundou en 1942 o partido Acción Nacional, que máis tarde formou parte do partido socialcristián denominado Comité de Organización Política Electoral Independiente (COPEI). Ocupou o cargo de presidente da República entre 1968 e 1974, mandato no que legalizou o Partido Comunista e asinou o Protocolo de Trinidad, no que se estableceron as fronteiras con Guyana. Entre 1994 e 1999 foi elixido novamente presidente como candidato independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Desenvolveu unha longa actividade no eido do teatro escolar e afeccionado. Foi unha das fundadoras do grupo de teatro Arestora e dirixiu, para A Carauta, obras de Blanco Amor, Castelao e doutros autores galegos. Tamén participou na posta en marcha do grupo Serrín, para o que realizou varios traballos de dirección. A partir de 1983 formou parte do grupo Enxergo, onde dirixiu pezas de Arrabal, García Lorca e Plauto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e xurista. Licenciada en Dereito pola Universidad de Madrid (1924), está considerada como unha das pioneiras da corrente feminista en España, ao defender os dereitos da muller e apoiar o sufraxio feminino. Comezou as súas actividades políticas republicanas en 1925 e, en 1931, fundou o partido Unión Republicana Femenina. Foi deputada polo Partido Radical nas Cortes constituíntes de 1931-1933. Coa chegada da Guerra Civil española exiliouse a Bos Aires e logo estableceuse en Suíza. Publicou as obras Mi pecado mortal: El voto femenino y yo (1936), El derecho de la mujer en España (1936) e La situación jurídica de la mujer española (1938), e unha biografía de Concepción Arenal e de Sor Juana Inés de La Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO