Barreiros Rodríguez, Eduardo
Empresario. Traballou co seu pai nunha liña de autobuses ata que creou unha empresa construtora (1946). Converteu os motores de gasolina en Diesel (1949) e dedicouse á fabricación de motores. Fundou en Madrid cos seus irmáns a Compañía Anónima de Bombas, Motor Nacional SA (MONASA) e Barreiros, SA (1956). Continou coa fabricación de motores e iniciou a de camións Barreiros e de tractores. En 1962 chegou a un acordo coa AEC e ampliou a súa produción para a fabricación de autobuses. Vendeu o 40% de Barreiros Diesel á Chrysler no ano 1964 e lanzou ao mercado o Dodge. En 1969 vendeu a súa participación e abandonou a presidencia. Dedicouse entón a negocios gandeiros (Explotaciones Puerto Vallhermosos SA), inmobiliarios, mineiros e financeiros (sociedade INBURSA). Con socios cubanos creou CIMISA, dedicada á fabricación de motores. En Cuba, onde foi asesor de Fidel Castro, montou unha fábrica de camións e autobuses. Foi galardoado coa Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil (1964) e coa medalla de ouro de Mérito ao Traballo. Recibiu o premio internacional Dag Hammarsklold ao Mérito Industrial (1968) e o premio Jovellanos da Federación de Sociedades Asturianas en Cuba (1990).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gundiás -
Falecemento
Lugar : A Habana