Barreiro Rodríguez, Herminio

Barreiro Rodríguez, Herminio

Pedagogo e profesor. No 1947 comezou os seus estudos de bacharelato que logo simultaneou cos de mestre de Ensino Primario, período no que colaborou co semanario pontevedrés Litoral. Entre 1955 e 1960 escribiu no Faro de Vigo. No 1957 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela, pero no 1958 trasladouse a Madrid onde cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense, rematados en 1965. En Madrid relacionouse cos integrantes do grupo Brais Pinto e vinculouse ao Partido Comunista. Foi lector de español (1965-1967) en Montluçon e Avignon (Francia). Dende 1976 imparte clases de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Presentou a súa tese Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en España. 1889-1936 na que analiza os movementos de renovación educativa en España no primeiro terzo do século XX, centrándose no pedagogo Lorenzo Luzuriaga. Entre 1980 e 1990 publicou varios artigos en revistas especializadas (Revista de Educación, Historia de la Educación, Perspectivas pedagógicas, Educación y Sociedad, A trabe de ouro, etc) e unha serie de traballos sobre a utilización dos comentarios de texto como recurso didáctico. Publicou, ademais, Retallos para un tempo distinto (1922), escolma de artigos publicados en La Voz de Galicia (1989-1992) sobre temas políticos, educativos, históricos, etc, e un artigo titulado “Una reflexión desde dentro sobre el comentario de textos en historia de la educación” na obra colectiva La investigación histórico-educativa (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dorrón, Sanxenxo

  • Falecemento

    Lugar : Santiago de Compostela