"SAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
PERSOEIRO
Novelista, poeta e dramaturgo francés. Atacou a Molière e discutiu con Boileau. É o autor de Le mercure galant (O mercurio galante, 1683) e de Ésope à la cour (Esopo no curral, 1711).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros saurópodos da familia dos braquiosáuridos, propios de finais do Xurásico. Podían acadar ata 23 m de lonxitude, unha altura de 13 m e un peso aproximado de 80 toneladas (equivalente a 12 machos de elefantes africanos). O esqueleto era lixeiro, con vértebras flexibles e articuladas. A cabeza, moi pequena en proporción co corpo, tiña un fociño ancho e plano con dentes puntiagudos. Os xacementos principais están localizados en America do Norte e África.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os dinosauros do xénero dos Brontosaurus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos diplodócidos, de ata 22 m de lonxitude de pescozo e cola moi longos e cabeza diminuta, de non máis de 55 cm de lonxitude e con dentes longos e delgados só na parte anterior da mandíbula superior. Alimentábase basicamente de follas que alcanzaba grazas ao seu longo pescozo e a erguerse sobre as patas traseiras. Igual ca os elefantes actuais, presentaban nas articulacións dos nocellos uns engrosamentos cartilaxinosos que axudaban a repartir o enorme peso do animal. Os primeiros fósiles destes animais foron descritos co nome de Apatosaurus polo que esta forma é a denominación nomeclatural correcta. Son propios de finais do Xurásico e os xacementos máis importantes están localizados en Norteamérica.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego aparecida na Coruña en novembro de 1988. Contaba coa colaboración de Ramón Veras Castro, Xoán Cons Pintos e Xoán Delgado Domínguez, entre outros. Contaba coas seccións “Editorial”, “Análise”, “Política sanitaria”, “Temas a debate” e “Revista de prensa”. De tendencia nacionalista, buscaba informar e divulgar novas e opinións no eido sanitario galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos camarasáuridos.
-
Dinosauro da familia dos camarasáuridos.
-
Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de pescozo e cola medianamente longos e con dentes grandes e saíntes, á que pertencen os xéneros Camarasaurus, Euhelopus e Opisthocoelicaudia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos camarasáuridos, de ata 18 m de lonxitude, propio de finais do Xurásico. Os seus principais xacementos están na actual América do Norte.
-
-
Dinosauro da infraorde dos carnosauros.
-
Infraorde de dinosauros do Xurásico e do Cretáceo que comprende as familias dos alosáuridos, ceratosáuridos, espinosáuridos, megalosáuridos e dos tiranosáuridos. Moitos carnosauros eran de gran tamaño e de hábitos preeiros ou depredadores.
-
-
PERSOEIRO
Humanista protestante. Foi bibliotecario real na corte de Enrique IV en París. En 1610 estableceuse en Inglaterra, protexido por Xaime I, que o utilizou como panfletario relixioso, especialmente contra os xesuítas. Editou libros de diversos autores gregos e latinos como Aristóteles ou Teócrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos celurosauros.
-
Dinosauro da infraorde dos celurosauros.
-
Infraorde de dinosauros da suborde dos terópodos á que pertencen as familias dos barioníquidos, celúridos, compsognátidos, dromeosáuridos, ornitomímidos, ovirraptóridos, podoquesáuridos e dos saurornitoididos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 6 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo.
-
-
Relativo ou pertencente aos ceratosáuridos.
-
Individuo da familia dos ceratosáuridos.
-
Familia de dinosauros da infraorde dos carnosauros, caracterizada por presentar un pequeno corno sobre o fociño, que viviron no Xurásico nas rexións que corresponden coas actuais América do Norte e África. Pertence a esta familia o xénero Ceratosaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos notosáuridos. Propios do Triásico, acada os 4 m de lonxitude e ten as patas transformadas en aletas. Os xacementos máis importantes están en Europa.
-
PERSOEIRO
Poeta israelí de orixe ucraína. Nas súas obras e traducións quixo unir a tradición do xudaísmo co contido estético da cultura occidental, e obtivo o Premio Bialik en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cetiosáuridos.
-
Dinosauro da familia dos cetiosáuridos.
-
Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de vértebras parcialmente ocas e cadeira unida á columna vertebral por catro vértebras sacras, á que pertencen os xéneros Barapasaurus e Cetiosaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da orde dos coristoderios. Presenta un corpo longo e estreito de ata 1,5 m de lonxitude, con patas curtas, cola longa e longas mandíbulas con numerosísimos dentes finos e de pequeno tamaño. Foi unha especie acuática e piscívora que habitou nos ríos e lagoas das actuais Europa e Norteamérica dende finais do Cretáceo ata principios do Terciario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da suborde dos proterosuquios de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo alongado e as patas pequenas e fortes de cinco dedos, dispostas en ángulo respecto ao corpo. Pasaban a maior parte do tempo nos ríos onde se alimentaban principalmente de peixes. Propios de principios do Triásico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e China.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 5,2 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo. Na fronte presentaban un par de grandes cornos revirados cara a arriba, outro máis pequeno no fociño e unha gran gola ósea dende a parte posterior do cranio que cubría o pescozo e a parte superior dos ombreiros. Os principais xacementos localízanse no N de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos henodóntidos, que existiron a finais do Pérmico, de ata 60 cm de lonxitude e de pescozo longo. Alimentábanse na beiramar e desprazábanse con movementos ondulantes da parte posterior do corpo. Os xacementos máis importantes están en Madagascar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da subclase dos diápsidos, de ata 40 cm de lonxitude, con costelas prolongadas externamente aos lados do corpo, unidas cunha pelica e formando unhas ás de 30 cm de envergadura. Alimentábase de insectos, nas selvas de Madagascar, a finais do Pérmico, e desprazábase planeando entre as árbores.