"SIX" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

    1. Combinar un corpo ou unha substancia con osíxeno.

    2. Respirar aire puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima de transporte electrónico capaz de utilizar o osíxeno molecular para oxidar moléculas orgánicas específicas e inserir ambos os dous átomos de osíxeno no produto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico que pertence ao grupo VI A da táboa periódica, de número atómico 8 e peso atómico 15,9994. É o máis abundante da codia terrestre (constitúe o 46,5 % da masa da codia) e foi descuberto, independentemente, por J. Priestley (1774) e K. W. Scheel (1773). En 1775 A. L. Lavoisier deulle o nome definitivo e baseou nel a súa teoría da combustión e a oxidación. O osíxeno atópase na natureza en estado libre, como O 2 e, en moito máis pequena proporción, como O e O 3 (ozono). Constitúe o 23% da masa da atmosfera e pode combinarse cun gran número de compostos, dos que destacan a auga, a area (SiO 2 ) e os silicatos. Presenta valencia -2 e forma moléculas diatómicas moi estables (O 2 → 2O - 118 kcal), paramagnéticas en tres estados, de acordo coas predicións da teoría do enlace, dos orbitais moleculares. É, despois do flúor, o elemento máis electronegativo. A preparación industrial do osíxeno ten lugar, principalmente, por destilación...

    2. Conxunto de procesos das células fotosintéticas e das heterótrofas que supón unha redución de osíxeno naquelas e o seu consumo nestas.

    3. Gas amarelado, moi tóxico, que se condensa a -145°C. É moi inestable e actúa como oxidante e fluorante enérxico.

    4. Función principal da hemoglobina contida nos eritrocitos do sangue, desde os pulmóns aos tecidos. Un gramo de hemoglobina pode levar 1,36 cm 3 de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso do osíxeno con fins terapéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipamento informático que ten a capacidade de almacenar datos territoriais, en formato dixital, procedentes de medidas directas no terreo ou a partir da dixitalización dos mapas impresos ou imaxes, para realizar con eles operacións de análise e tratamento que permitan transformalos e presentalos graficamente, como saída informática do sistema. Os principais compoñentes dun SIX son o sistema informático hardware, os datos territoriais e os programas que xestionan o sistema software.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia e de Metz (561-575), fillo de Clotario I. Repartiu o reino franco cos seus irmáns Guntram I e Khilperico I de Neustria-Soissons. En 566 casou con Bruniquilda, quen alentou as súas loitas con Khilperico I. Chegou a conquistar Neustria, pero morreu asasinado por orde da Fredegunda, amante de Khilperico I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia (613), fillo de Teodorico II de Borgoña-Austrasia. Sucedeuno sendo aínda menor de idade e os magnates negáronse a recoñecelo polo odio que lle tiñan á súa avoa Bruniquilda, polo que o entregaron a Clotario II, que o fixo asasinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia (639-656), fillo e sucesor de Dagoberto I. Para satisfacer aos austrasianos instalouse en Metz (634), e ao suceder ao seu pai no reino de Austrasia deixou o exercicio do poder en mans do mordomo da Corte, Grimoaldo. Tivo un fillo, Dagoberto II, a quen designou como sucesor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está marcado cun sixilo.

    2. Aplícase á cerámica con decoracións en relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Precaución que se ten para non ser visto nin notado.

    2. Coidado co que se garda un segredo.

    3. segredo de confesión.

      1. Utensilio que ten signos gravados en relevo e que serve para estampalos nunha materia branda ou no papel, para identificar a propiedade dunha cousa, ou garantir a autenticidade ou validez dun documento.

      2. Impresión que queda estampada por este utensilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia auxiliar da historia que estuda a morfoloxía e a clasificación dos selos que autentican os documentos públicos e privados a través das épocas. Os estudos sixilográficos no nivel científico naceron conxuntamente cos estudos diplomáticos na escola de Jean Mabillon e dos maurinos, e constitúen unha fonte de grande interese para os estudos heráldicos e iconográficos de persoas e de arte suntuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en sixilografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 1.6.1949) Historiador. Doutor en Historia de América (1990), foi profesor na Universidad Católica de Uruguay (1980, 1982) e desde 1991 exerce na Universidade de Vigo. Estudou, entre outros temas, a emigración galega cara a América. Foi presidente do consello asesor de RTVE en Galicia e secretario xeral técnico da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Coautor de diversos libros e publicacións, como Galicia & América. Five Centuries of History (1992), El Tercio de Voluntarios Gallegos en la defensa de Buenos Aires (1996), Consolidación republicana en América Latina (2000) e Asociacionismo galego no exterior (2001), das súas obras destacan San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural (1982), Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo (1987), El Brasil de Vargas (1998), A Emigración (1989) e Galeguidade e cultura no exterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián e galeguista. Fundou o Instituto Policlínico La Rosaleda (1964), a Sociedad de Cirugía de Galicia (SOCIRGA, 1974) e a Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SOGACOT, 1980), da que foi o seu primeiro presidente e presidiu a Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT, 1982). Foi un dos fundadores da S D Compostela (1962), da que foi nomeado presidente de honra en 1985, conselleiro da editorial Galaxia (1954) e director xerente da editorial SEPT (1969). Participou no Partido Popular Galego (PPG) e en Realidade Galega (REGA). Foi patrón fundador do Museo do Pobo Galego (1976), conselleiro do Instituto Galego de Información (1979), secretario do Consello da Cultura Galega (1983), patrón das fundacións Penzol (1988), Castelao (1989), Camilo José Cela (1990) e Alfredo Brañas (1994), membro do consello reitor do Centro Ramón Piñeiro (1995) e presidente do Patronato Rosalía de Castro (1970-2004) e da Fundación Otero Pedrayo (1979-2004). Escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo grego. Foi o autor da reforma do calendario para o que se baseou no antigo calendario exipcio. Xulio César fixo aplicar esta nova estrutura cronolóxica a partir do 45 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de transixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que transixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consentir, en favor da concordia, naquilo que non se cre razoable ou verdadeiro.

    2. Facer concesións naquilo que é obxecto de litixio ou disputa para chegar a un acordo, aceptando en parte aquilo que non se considera xusto para evitar ir a xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca tose.

    VER O DETALLE DO TERMO