"Saa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 88.
-
GALICIA
Historiador, naturalista, economista, político e poeta ilustrado. Membro dunha familia fidalga, non seguiu as directrices paternas de realizar estudios de dereito e dedicouse á investigación histórica. De formación autodidacta asentada solidamente nas humanidades, é o prototipo de home ilustrado e polifacético e, xunto con Sarmiento, Feijoo e Sobreira, unha das figuras máis sobresaíntes do s XVIII en Galicia. Como escritor, a súa cultura enciclopédica e a súa curiosidade levárono a tratar numerosos temas que responden aos principais focos de interese da Ilustración, dende a xeografía e a historia ata a economía e as ciencias naturais, pasando polo dereito, a lingua e a educación. En 1755 presentou o traballo “Disertación geográfica histórica sobre cuál hubiese sido el antiguo asiento de la ciudad Límica o Lémica, señalada por patria de Idacio en el prólogo de su Cronicón” á Academia de Historia, que o nomeou membro de mérito. Dende esa data e ata 1802 desempeñou diversos cargos na Academia....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Coñecido como Adolphe Crémieux, foi elixido deputado en 1842 e adscribiuse ao grupo da extrema esquerda. Participou na revolución de 1848 e foi ministro de Xustiza do goberno provisional (1848-1849) e do goberno de Defensa Nacional (1870-1871). Foi un dos líderes do movemento xudeu en Francia, acadou o recoñecemento da cidadanía para os xudeus de Alxeria e contribuíu á fundación da Alianza Universal Israelita, da que foi presidente (1863-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De orixe xudeu-portuguesa, era calvinista e antiliberal. Publicou Bezwaren tegen den geest der eeuw (Obxeccións contra o espírito do século, 1823) e De Chaos en het Licht (O caos e a luz, 1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista, historiador e político polaco. Expulsado do Partido Comunista Polaco pola súa oposición ás directrices stanilistas, trasladouse a Londres en 1932. Entre as súas obras cómpre destacar Stalin, a Political Biography (Stalin, biografía política, 1949), a triloxía Trotsky (1954-1963) e Unfinished revolution (A revolución inconclusa, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, deseñador, debuxante, ceramista e escritor, fillo de Camilo Díaz Baliño. Naceu na casa da Tumbona, na rúa das Hortas, onde acudían moitos dos intelectuais e artistas galeguistas dos anos trinta. Colaborou na campaña en favor do Estatuto de 1936 coa realización de carteis, tres deles asinados co nome de Xalo (Galegos para conquerir a liberdade..., SI e Para arrematar cos caciques...) e outro como Isaac Díaz (Las dos simbolizan la Libertad). Tralo estalido da Guerra Civil e o asasinato do seu pai, tivo que refuxiarse na Coruña na casa do seu tío, o tamén pintor Indalecio Díaz Baliño. A causa destes feitos, a súa nai, Antonia Pardo Méndez, perdeu a consciencia e morreu en 1938. Na Coruña comezou a pintar e en 1937 ingresou na casa Bianchi, taller de pintura industrial. En 1939 realizou a súa primeira exposición na Asociación de Artistas da Coruña onde presentou retratos, un autorretrato e diversas obras entre as que destaca Campesiña...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu ao ducado de Alba. De estilo neoclásico, edificouse no s XIX. Ten planta rectangular con dúas alturas e soto. Conserva unha capela exenta neoclásica na que destaca a cúpula do presbiterio e un pombal.
-
GALICIA
Médico. Aínda neno, emigrou coa súa familia a Cuba, onde se afiliou ás Juventudes Socialistas do exterior, creadas en La Habana polo exiliado Teodomiro Méndez. Regresou a España en 1927, instalouse en Barcelona e licenciouse en Medicina. Ao estalar a Guerra Civil incorporouse as forzas republicanas na fronte de Aragón. Caeu prisioneiro na batalla do Ebro e foi condenado a 30 anos de prisión. Liberado en 1962, foi candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña en 1977 e 1979. Publicou Cuba Socialista (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Estudioso da economía na Antigüidade, foi autor, entre outras obras, de The ancient Greeks (1963), Democracy ancient and modern (1973) e Economy and society in ancient Greece (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e empresario cinematográfico. Cursou estudios como seminarista antes de emigrar a Bos Aires e foi alí onde coñeceu uns dos novos inventos do momento, o cinematógrafo. Regresou a Galicia para presentar o novidoso espectáculo. Deste xeito, converteuse nun dos primeiros exhibidores cinematográficos ambulantes que percorreron a xeografía galega. No ano 1908, Fraga estreouse como exhibidor cinematográfico na cidade de Santiago de Compostela, cun pavillón situado no Paseo da Ferradura que simultaneou con outro instalado na Alameda da cidade, que funcionou baixo o nome de Gran Cine Fraga. En Santiago arrendou tamén os locais do Recreo Artístico e o Salón Apolo no decurso dese mesmo ano. No novo complexo empresarial, Camilo Díaz Baliño dirixiu o Taller de Arte e Propaganda da Empresa Fraga. Nese tempo, Fraga consolidárase como o máis importante empresario do sector en Galicia. Entre 1914 e 1919 fíxose coa xestión dos principais locais vigueses, coruñeses, ourensáns, lugueses, pontevedreses...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con H. W. Kendall e R. E. Taylor, polos experimentos que realizaron entre 1967 e 1973, que significaron a primeira comprobación experimental da existencia real dos quarks.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, á beira do río Saale, afluente do Elba (254.360 h [2000]). É un núcleo industrial, que destaca pola minería de lignito e potasa, azucre, maquinaria, industria alimentaria, cemento, produtos químicos e aparellos eléctricos. É sede da Martin Luther Universität Halle-Wittenberg. Pertenceu á Liga Hanseática e do seu patrimonio cultural destacan os edificios de estilo gótico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín eclesiástico Isaac e no grego bíblico Isaak que, á súa vez, o tomou do hebreo Yizhaq (do verbo zahaq ‘rir’). A lenda di que Sara, a súa nai nonaxenaria, riu incredulamente cando Abrahán lle anunciou o próximo nacemento dun fillo. Fundametalmente interprétase como un nome augural: ‘Deus ha de sorrir’, ‘que Deus poida sorrir’. Á parte do patriarca hebreo (1800?-1700 a C), celebrado o 17 de agosto, destacan os santos Isaac o Dálmata (s IV), celebrado o 27 de marzo, que foi monxe en Constantinopla; Isaac de Córdoba (s IX), escribán mozárabe martirizado (851) por inxurias á fe islámica, celebrado o 3 de xuño e o presbítero e mártir Isaac Jogues (1648), celebrado 19 de outubro.
-
PERSOEIRO
Segundo dos patriarcas do pobo hebreo, fillo de Abrahán. Deus anuncioulle a Abrahán, xa centenario, que a súa muller Sara -nonaxenaria- ía concibir un fillo, ao que lle poñería por nome Isaac, que sería pai dun pobo moi prolífico. Sara, incrédula, riu ás agachadas. Sendo Isaac xa un mozo, Iavé ordenoulle a Abrahán que llo ofrecera en sacrificio; pero cando xa estaba preparado para inmolalo, un anxo do Señor detivo a súa man. Casou aos 40 anos con Rebeca, filla de Betuel, e vinte anos despois tivo dous xemelgos: Esaú e Xacob. Segundo a tradición hebrea, con 130 anos bendiciu a Xacob e morreu, cego, en Hebrón. Na iconografía pode aparecer como neno (escena do sacrificio) ou como ancián de longa barba branca (como os patriarcas bíblicos), viste túnica e palio (como os personaxes do Antigo Testamento); e leva como atributo persoal un feixe de leña (para o seu sacrificio). A súa festividade celébrase o 25 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1057-1059). Sucesor de Miguel IV, loitou contra os húngaros, pero ante a indisciplina do exército abdicou e retirouse ao mosteiro de Studios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1185-1195 e 1203-1204). Sucedeu a Andrónico I Comneno e iniciou a dinastía dos Anxo. Mantivo unha política desastrosa, aínda que obtivo algúns éxitos na campaña contra os búlgaros (1186-1187, 1188). Deposto en 1195 polo seu irmán Aleixo III Comneno, recobrou o trono, que compartiu co seu fillo Aleixo IV Anxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, fillo de Juan de Juni. Formado no obradoiro de seu pai, difundiu o estilo paterno en Galicia, a onde se trasladou ao redor de 1595. Realizou, con Juan de Muniategui, os asentos do capítulo (non conservados) no mosteiro de Santa María de Montederramo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joan Josep Martí.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Fundou, xunto con Manuel Pardo Becerra, o semanario A Monteira, que tamén dirixiu. Foi un poeta non moi novidoso no tratamento dos temas, pero claro na súa expresividade artística. Autor de numerosos contos populares publicados en xornais da época, da súa produción literaria cómpre salientar Muxenas (1888), Fábulas y epigramas (1892) e Fábulas galaico-castellanas (1897). Postumamente, editáronse Fábulas galegas e outros poemas (1991) e Lugo en el pasado (1994). O seu labor como compilador de folclore valeulle a obtención de diversos premios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Vinculada á compañía Sarabela desde a súa creación, participou en diversos espectáculos do colectivo e desenvolveu e coordinou diversas actividades de formación e divulgación teatral. Como dramaturga, participou na tradución e adaptación de textos como Xacobe ou a sumisión, de Ionesco, Madame de Sade, de Mishima ou A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. É coautora das obras Afección, Tics e Os soños de Caín, realizados por Sarabela Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, matemático e astrónomo inglés. Fillo póstumo dun pequeno terratenente, foi alumno da escola de Grantham e máis tarde do Trinity College de Cambridge, onde se graduou en 1665. Durante os dous anos seguintes, mentres a Universidade de Cambridge estaba pechada pola peste, comezou a reflexionar sobre o método matemático das fluxións, as teorías sobre a natureza da luz e das cores e a gravitación universal. Foi nomeado fellow de Cambridge e en 1667 profesor de matemáticas. En 1672 foi nomeado membro da Royal Society de Londres, da que posteriormente sería presidente (1703-1727) e, en 1696 nomeárono gardián da Casa da Moeda de Londres (1696), da que tamén foi director. Considerado o pai da física clásica, da astronomía moderna, da óptica e un dos pais das matemáticas, quixo demostrar que todo o Universo funciona segundo unha lei natural -a da gravitación- que non require ningunha aplicación continua de forza. Definiu os conceptos de masa ou cantidade de materia, cantidade de...
VER O DETALLE DO TERMO