Isaac

Isaac
[ONOM]

Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín eclesiástico Isaac e no grego bíblico Isaak que, á súa vez, o tomou do hebreo Yizhaq (do verbo zahaq ‘rir’). A lenda di que Sara, a súa nai nonaxenaria, riu incredulamente cando Abrahán lle anunciou o próximo nacemento dun fillo. Fundametalmente interprétase como un nome augural: ‘Deus ha de sorrir’, ‘que Deus poida sorrir’. Á parte do patriarca hebreo (1800?-1700 a C), celebrado o 17 de agosto, destacan os santos Isaac o Dálmata (s IV), celebrado o 27 de marzo, que foi monxe en Constantinopla; Isaac de Córdoba (s IX), escribán mozárabe martirizado (851) por inxurias á fe islámica, celebrado o 3 de xuño e o presbítero e mártir Isaac Jogues (1648), celebrado 19 de outubro.

Palabras veciñas

IRYDA | Is āq ibn | is(o)- | Isaac | Isaac | Isaac I Comneno | Isaac II Anxo