"Sagra" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 39.

  • GALICIA

    Comarca do extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca da Mariña Oriental e o Principado de Asturias, ao S coa comarca dos Ancares, ao L co Principado de Asturias e ao O coas comarcas de Meira e Lugo. Abrangue unha superficie de 679,5 km2nos que acolle unha poboación de 7.175 h (2001), distribuídos nos concellos de Baleira (168,8 km2; 1.834 h), A Fonsagrada (438,4 km2; 5.082 h) e Negueira de Muñiz (72,3 km2; 259 h). O núcleo reitor indiscutible é a vila de A Fonsagrada, importante centro comercial e de servicios xa dende o s XVII, que ademais é cabeza de partido xudicial, do que dependen xunto cos tres concellos que forman a comarca, os de Ribeira de Piquín e Meira. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz presenta unha cohesión moi forte e un total grao de integración funcional. En cambio, Baleira, malia que mantén vinculacións administrativas e comerciais coa cabeceira comarcal, depende funcionalmente en boa medida de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Fonsagrada ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Fonsagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Fonsagrada a partir de maio de 1989. Subtitulouse “Revista do concello da Fonsagrada”. Dirixido por José Gabriel Pacín López, a subdirección, edición gráfica e fotografía estaba coordinada por Manuel Fernández. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Progreso de Lugo e tiña unha tiraxe media de 3.000 exemplares. En xuño de 1990 (nº 3) modificou a súa estrutura. Incluíu información de carácter local referida á economía da zona, á historia, á situación dos grupos escolares e do ensino, ás infraestruturas coas que conta o concello, novas agrícolas, entrevistas e referencias á xeografía do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi cóengo e xuíz do Fuero (1550) en Mondoñedo. Da súa produción destaca Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables en él (1550), dividido en cinco partes que recollen datos xeográficos, históricos, artísticos, ditos populares, tradicións e lendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Defensor do liberalismo democrático e republicano, foi secretario da Junta Revolucionaria de Madrid (1868). Colaborou na formación do Partido Republicano Nacional, propugnou a cátedra libre e propulsou as teorías materialistas. Escribiu La Comuna de París (1872) e Historia general de España (1886-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo comarcal fundado en 1984 na Fonsagrada por un padroado veciñal, do que tamén forman parte o concello e os centros educativos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos agrúpanse en seccións de arquitectura popular (vivenda, hórreos, muíños), etnografía (oficios, vida rural, xogos e outros aspectos), arqueoloxía (época megalítica, castrexa e romana), historia local, e escultura relixiosa e contemporánea. Ten unha biblioteca especializada e un arquivo fotográfico, ademais de salas para exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do SL da Península Ibérica, pertencente ás serras Subbéticas, situada ao NL da provincia de Granada. O seu cumio acada os 2.381 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista, economista e pensador. Estudou varias materias científicas na Escola de Náutica e Navegación do Consulado do Mar e en 1813 trasladouse a Santiago ao Colexio militar de san Clemente; no curso 1816-1817 estudou matemáticas sublimes, cos profesores Domingo Fontán e Xosé Rodríguez, e terminou estudos na Universidad de Madrid, cidade na que en 1819 escribiu o primeiro comentario español de que se ten noticia sobre E. Kant na Crónica Científica y Literaria, e un ano despois participou na fundación do Ateneo Científico y Literario. Neste momento o seu apoio aos liberais permitiulle acceder ás áreas de xestión gobernamental. En 1921 foi enviado en misión comercial a La Habana, pero regresou á Coruña ese mesmo ano, onde, xunto con Casiano de Prado, fundou a revista El Conservador Constitucional, de ideoloxía liberal e antiabsolutista. O 25 de xuño de 1823 volveu a La Habana onde permaneceu ata 1835. Alí dirixiu o Jardín Botánico e ocupou a cátedra de Botánica na Escuela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xu-rista, irmán de Ramón de la Sagra. Emigrou a Montevideo para encargarse dos negocios do seu pai (1801), onde combateu como sarxento primeiro da Compañía Voluntaria de Cazadores Urbanos e como subtenente no Batallón del Comercio (1811). Foi secretario da Cámara de Apelaciones da Provincia Oriental e membro do Superior Tribunal de Justicia de Uruguay (1838-1843) e, durante a Guerra Grande (1843-1851), pertenceu ao Consejo de Estado e a Asamblea de Notables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo expiatorio situado en Barcelona. Iniciado pola Associació Josefina, o proxecto oficial fíxoo Francesc de P. Del Villar pero en 1883 fíxose cargo da obra Antoni Gaudí, que optou por modificar o proxecto primario sen facer un de novo. Proxectou un templo de planta basilical con 5 naves e un cruceiro de 3 naves cun ciborio de 170 m de altura, e tres fachadas: a do Nacemento (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2005), a da Gloria, a principal, e a da Paixón, cada unha con 4 campanarios. Antes da morte de Gaudí construíronse a ábsida e a fachada do Nacemento. Durante a Guerra Civil Española queimáronse a cripta, o taller de Gaudí e as maquetas que este realizara de todo o conxunto. En 1940 comezou a restauración da cripta e a reconstrución das maquetas e a obra reiniciouse en 1954 coa fachada da Paixón. Desde entón continuouse coa construción das naves e do cruceiro. A obra de Gaudí varía dunha libre e imaxinativa interpretación do neogótico, ao modernismo da fachada do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na península do Barbanza entre a do Castro e a praia Caaveiro, na parroquia de Noal (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre a parroquia de Santo André de Logares (A Fonsagrada) e Asturias. O seu cumio acada os 828 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflitos desencadeados pola anfitionía de Delfos para defender os dereitos do santuario da cidade. Serviron para dar saída á rivalidade dos tebanos e dos tesalios contra os focenses. Os conflitos provocaron catro guerras entre 595 a C e 336 a C que acabaron coa invasión e o dominio de Grecia por parte de Filipo II de Macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está relacionado coa divindade, coa relixión e cos seus misterios. Concepto fundamental no estudo das relixións que se contrapón a profano. Emile Durkheim (1897), seguindo a R. Smith (1894), foi o primeiro que definiu a oposición sagrado-profano: o sagrado é o separado, o prohibido, e o culto mantén a barreira entre o sagrado e o profano, que son incompatibles e antagónicos. O mundo do sagrado é o ámbito dos tabús, o mundo dos imperativos categóricos negativos. E. Durkheim e M. Mauss identificárono totalmente co social, o profano era o ámbito do individual non sancionado polo grupo. N. Söderblom (1913) puxo de relevo que o sagrado era a noción máis importante da relixión, ata incluso máis esencial ca a idea de Deus. Rudolf Otto en Das Heilige (1917) situouse nesta mesma liña e puxo toda a énfase no sagrado como fascinosum e tremendum, é dicir, asemade como atraente e repulsivo.

    2. Que é merecedor de ser tratado con respecto e veneración.

    3. Que é obxecto de reverencia relixiosa.

    4. Que ten a condición de inviolable.

    5. Lugar bendito, sobre todo o adro da igrexa ou o cemiterio.

    6. Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1086 nas ribeiras do río Zapatón, preto de Badajoz, entre o exército almorábide e Afonso VI, aliado con Sancho Ramírez de Aragón e con Álvar Háñez de València. A vitoria de Yūsuf ibn Tašfīn significou a posibilidade da entronización almorábide na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se pon e garda o Santísimo. Nos primeiros tempos do cristianismo, sen regras fixas para a restrición eucarística, era situado debaixo da mesa do altar, no muro da ábsida ou na sancristía.

    2. Sala anexa aos templos da antiga Roma, onde eran gardados os obxectos e paramentos de culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL da capital provincial (2.662 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do Tajo e regado polo canal do Jarama (1.565 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO