Fonte-Sagra
Fonte-Sagra
[PUBLIC]
Periódico editado na Fonsagrada a partir de maio de 1989. Subtitulouse “Revista do concello da Fonsagrada”. Dirixido por José Gabriel Pacín López, a subdirección, edición gráfica e fotografía estaba coordinada por Manuel Fernández. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Progreso de Lugo e tiña unha tiraxe media de 3.000 exemplares. En xuño de 1990 (nº 3) modificou a súa estrutura. Incluíu información de carácter local referida á economía da zona, á historia, á situación dos grupos escolares e do ensino, ás infraestruturas coas que conta o concello, novas agrícolas, entrevistas e referencias á xeografía do concello.