Fonte, pazo de
Fonte, pazo de
Construción situada en Vixoi (Bergondo). Pertenceu ao mosteiro beneditino de Sobrado dos Monxes. Ten planta en forma de L e dúas alturas, agás no S, onde se lle engadiu unha terceira. Na fachada N conserva un balcón corrido con balaústres de madeira, apoiado en ménsulas de madeira. No patio de entrada hai un hórreo de madeira que conserva unha inscrición de 1666.