"Samar" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘compañeiro’.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Borneo Oriental, situada na costa oriental da illa de Borneo, Indonesia (335.016 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elemento químico, de número atómico 62 e peso atómico de 150,35, descuberto por Lecoaq de Boisbaudran en 1879. Pertence ao grupo IIIB da táboa periódica e é un dos metais da serie dos lantánidos. Está presente na natureza, xunto con outros lantánidos, na monazita, da que constitúe un 3% do peso, e a súa separación efectúase mediante técnicas de intercambio iónico e extracción con disolventes. O samario natural é unha mestura de 7 núclidos, tres dos cales
-
Composto que se utiliza na fabricación de vidros especiais e como absorbente de neutróns en reactores nucleares.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Samaria, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Samaria.
-
-
-
Relativo ou pertencente á comunidade samaritana.
-
Individuo da comunidade samaritana.
-
Comunidade étnico-relixiosa xurdida da mestura entre a poboación autóctona israelita de Samaria e os colonos introducidos polos asirios despois da destrución da cidade (722 a C) procedentes de Babilonia, Cut, Avá, Hemat e Sefarvaim. O sincretismo relixioso no que derivou non foi nunca recoñecido polos xudeus. Non só se negaron a colaborar na reconstrución do templo de Xerusalén, senón que edificaron un propio no cumio do Gěrizzīm, onde aínda inmolan o gran sacrificio de Pascua. Quedan uns 450, repartidos nos centro de Nābulus e de Holon, preto de Tel-Aviv-Yafō.
-
-
Forma do arameo occidental, falado e escrito desde o s IV a C ata o s XI polos samaritanos. Caracterízase pola desaparición case sistemática das consoantes larínxeas.
-
Que ou quen é caritativo.
-
Literatura cultivada polos samaritanos nas diversas linguas que empregaron ao longo dos séculos. O hebreo foi a lingua do Pentateuco samaritano. En arameo samaritano escribíronse o Tragum samaritano do s IV e a maioría das composicións esexéticas e litúrxicas, ademais dalgunhas obras históricas. Durante o período helénico-romano (ss IV a C-IV d C) empregouse o grego, aínda que só se conservan uns poucos fragmentos literarios de Alexandre Polihistor. Tras o dominio musulmán, a maiorías das obras samaritanas de carácter histórico, xurídico, esexético e gramatical redactáronse en árabe. Destaca a obra de Abū-l-Fatḥ ibn Abū-l-Ḥasan (s XIV), que recompilou os anais do gran sacerdote Pinḥas ben Yosef.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha sámara.
-
CIDADES
Cidade de Iraq, situada na beira esquerda do Tigris (63.000 h [1987]). Dependeu da dinastía abbásida a partir do s IX, aínda que se atoparon restos dunha necrópole do IV milenio a C. A cidade foi reconstruída (836) polo califa abbásida al-Mu’ta ṣ im e utilizada como residencia de lecer ata a época de al-Mutawakkil (final do s IX); no s XIV estaba en ruínas. De época abbásida destacan o palacio (836) e a gran mesquita. Baixo a cidade abbásida foi descuberta unha necrópole do IV milenio a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro, informático e matemático. É autor de varias obras, como Vibraciones aleatorias en la Ingeniería Civil (1974), Interdependence among housing, heating and transportation in cities (1979), Cálculo de Estruturas de Puentes de Hormigón (1983), Resistencia de Materiales (1995) e Proceedings de la International Conference on Impact-Contact Problems (1997). Elixido membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias da Enxeñaría de Suecia, recibiu a medalla conmemorativa da Presa del Atazar (1972) e o Premio José Torán (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe da orde dos ciprinodontiformes, de tamaño moi pequeno, entre 1 e 2 cm, que habita nas augas salobres (albufeiras) e nas augas doces preto do mar de diversos lugares da rexión do L da Península Ibérica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilalba. Está formada por un corpo rectangular ao que se lle engadiu un saínte, cunha escalinata barroca. Segundo a topografía do terreo, ten unha planta na zona de abaixo e baixo e andar no lado oposto. Conserva un torreón. A fachada é de cantaría e conserva un brasón coas armas dos Osorio, Ulloa e Aguiar. A primitiva edificación pertenceu ao mariscal Pardo de Cela e foi derrubada daquela.