samaritano -na

samaritano -na

(< lat bíblico Samaritānu < grΣαμαρεῐτις < arameo šamrāytā)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Samaria, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Samaria.

  1. [ETN/RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á comunidade samaritana.

    2. s

      Individuo da comunidade samaritana.

    3. s m pl

      Comunidade étnico-relixiosa xurdida da mestura entre a poboación autóctona israelita de Samaria e os colonos introducidos polos asirios despois da destrución da cidade (722 a C) procedentes de Babilonia, Cut, Avá, Hemat e Sefarvaim. O sincretismo relixioso no que derivou non foi nunca recoñecido polos xudeus. Non só se negaron a colaborar na reconstrución do templo de Xerusalén, senón que edificaron un propio no cumio do Gěrizzīm, onde aínda inmolan o gran sacrificio de Pascua. Quedan uns 450, repartidos nos centro de Nābulus e de Holon, preto de Tel-Aviv-Yafō.

  2. s m [LING]

    Forma do arameo occidental, falado e escrito desde o s IV a C ata o s XI polos samaritanos. Caracterízase pola desaparición case sistemática das consoantes larínxeas.

  3. adx e s

    Que ou quen é caritativo.

  4. literatura samaritana [LIT]

    Literatura cultivada polos samaritanos nas diversas linguas que empregaron ao longo dos séculos. O hebreo foi a lingua do Pentateuco samaritano. En arameo samaritano escribíronse o Tragum samaritano do s IV e a maioría das composicións esexéticas e litúrxicas, ademais dalgunhas obras históricas. Durante o período helénico-romano (ss IV a C-IV d C) empregouse o grego, aínda que só se conservan uns poucos fragmentos literarios de Alexandre Polihistor. Tras o dominio musulmán, a maiorías das obras samaritanas de carácter histórico, xurídico, esexético e gramatical redactáronse en árabe. Destaca a obra de Abū-l-Fatḥ ibn Abū-l-Ḥasan (s XIV), que recompilou os anais do gran sacerdote Pinḥas ben Yosef.

Palabras veciñas

samarín | Samarinda | samario | samaritano -na | samaroide | Sāmarrā’ | Samartín Quiroga, Avelino