Sāmarrā’

Sāmarrā’

Cidade de Iraq, situada na beira esquerda do Tigris (63.000 h [1987]). Dependeu da dinastía abbásida a partir do s IX, aínda que se atoparon restos dunha necrópole do IV milenio a C. A cidade foi reconstruída (836) polo califa abbásida al-Mu’ta ṣ im e utilizada como residencia de lecer ata a época de al-Mutawakkil (final do s IX); no s XIV estaba en ruínas. De época abbásida destacan o palacio (836) e a gran mesquita. Baixo a cidade abbásida foi descuberta unha necrópole do IV milenio a C.