"Sande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

  • Ópera en cinco actos, de Claude Debussy, baseada na obra homónima de M. Maeterlinck, sobre quen influíron os principios literarios de Mallarmé e P. Verlaine. A obra de Debussy adapta a liña melódica á prosodia do texto, separando o que se di do que se percibe do son orquestral. Estreada na Opéra-Comique de París (1902), centra a acción na lendaria terra de Allemonde, en época medieval, e conta a historia de amor prohibido e atormentado que viven os dous personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Formado en Brasil, ao seu regreso a Galicia fundou en Vigo o Teatro Artello, co que realizou Romance de Micomicón e Adhelala (1977), de E. Blanco-Amor; e Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo. Organizador do Obradoiro de Investigación Dramática, posteriormente cofundou a Compañía Luís Seoane, para a que realizou a música de Dansen (1980), de B. Brecht; e dirixiu Dous perdidos nunha noite suxa (1980), de P. Marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello da Arnoia, hoxe integrada na parroquia da Arnoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en anatomía, dedicouse á pediatría e exerceu un amplo labor docente ademais de patentar diversos inventos, como un biberón ou un xabón especial. Publicou Apuntes de terapéutica (1912), Investigaciones sobre los ligamentos interóseo y de Weitbrecht del antebrazo en el hombre y en los animales (1916) ou Historia de la medicina (1945). Recibiu a cruz da Orden Civil de Afonso XII (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pedreda (Lugo). O seu cumio acada os 526 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Loboso (A Pastoriza). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega, que trae por armas, en campo de prata, unha aguia voante da súa cor, superada dunha coroa real de ouro. Outro trae, en campo de goles, unha cabria de ouro; o xefe de prata, cunha aguia de sabre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Delegado de La Voz de Galicia na Mariña de Lugo e Asturias. Publicou os poemarios A palabra soterrada (1985) e A traxectoria caótica do péndulo (1990), ademais de diversas pezas dramáticas como Ninguén chorou por nós (1999). No apartado narrativo tirou do prelo Cuba, doce e soturna (1994). Recibiu o XIII Premio Modesto R. Figueirido de narracións curtas (1987) e o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humanista. Adquiriu unha formación humanística en Santiago de Compostela e estableceuse en Madrid. Foi autor de Compendio de Albeitería (1717), que ampliou en 1729, onde realizou, entre outros, un estudo das augas medicinais e unha clasificación dos minerais e dos solos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias da Arnoia, no concello homónimo, e Sande (Cartelle). O seu cumio acada os 607 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Sande (Cartelle) nun outeiro sobre o Arnoia. De orixe medieval, o Rei Afonso VII cedeuna ao mosteiro de Celanova no s XII. Consérvase a torre en que se atopa un escudo. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Ten unha soa nave, dividida en catro tramos separados por arcos de medio punto, e capela á que se accede a través dun arco de medio punto. Consérvase parte do artesoado que cubría a nave. A portada principal atópase flanqueda por pilastras e remarcada por molduras. Nesta fachada atópase unha torre dun só corpo con balaustrada e cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Jules Sandeau, foi amante de George Sand. Escribiu con ela a novela Rode et Blanche (1831). Das súas obras destacan Mademoiselle de La Seiglière (1848) e La roche aux mouettes (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Despois de tentar ser pintora en París, iniciouse en Suecia como escritora. Destacan as súas novelas sobre o personaxe feminino Alberta (1926, 1931 e 1939), en que trataba a emancipación da muller, e que foi levada á televisión en 1972. Escribiu tamén Kranes konditori (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.313 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. Procedente dunha familia pobre, nas súas primeiras novelas, como Klabavtermannen (O trasno, 1927), describiu a vida dos mariñeiros e colonos. Posteriormente adoptou a temática psicolóxica. Destacou tamén como crítico e ensaísta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Comezou en 1890 e fíxose profesional en 1902, especializándose no retrato. Abriu un estudo en Linz (1904) e, xa en Colonia (1910), comezou o seu proxecto Menschen des 20Jh (1927), en que retratou a sociedade alemá anterior á Segunda Guerra Mundial, ofrecendo unha imaxe obxectiva e realista. Perseguido polo Terceiro Reich, un incendio acabou coa maior parte do seu traballo. Publicou Antlitz del Zeit (1929) e Menschen onha Maske (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra alemán. Formouse en Königsberg e Berlín, e en 1936 trasladouse a Moscova como asistente de F. Sebastian na Orquestra da Radio. Dirixiu diversas orquestras como a Filharmónica de Leningrado (1942-1960) ou a Sinfónica da Radio de Berlín. Retirouse en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Traballou en Anveres e en 1551 trasladouse a Haarlem. A súa técnica compositiva, adquirida dos romanistas flamengos, influíu en Velázquez. Pintou temas relixiosos (O fillo pródigo), de costumes (O cirurxián) e naturezas mortas. En Tobías anunciou o Barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO