"Savoia" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 31.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Italia, filla de Alberte I de Bélxica. Casou en 1930 co príncipe Humberto de Savoia, que se converteu en rei de Italia en 1946 co nome de Humberto II de Italia. Trala proclamación da república un mes despois da súa coroación, exiliouse a Portugal e finalmente a Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia situado na rexión administrativa de Rhône-Alpes (6.028 km2; 373.258 h [1999]). A súa capital é Chambéry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SL de Francia, nos Alpes Occidentais, que se estende desde a crista do monte Tabor (3.177 m), que a separa do Piemonte e o Valais ao L, ata o val do Ródano ao O; e desde o lago Léman ao N ata o Guiers ao S (10.416 km2; 916.547 h [1990]). Abrangue a conca alta do Isère e unha faixa de macizos cristalinos onde se atopan os cumios máis altos dos Alpes, como o Mont Blanc. Ten industria electroquímica, electrotécnica, papeleira, de coiros e láctea. Poboada polos ligures e por diversas tribos celtas, foi conquistada polos romanos (s II a C). Dominada polos francos, no s IX pasou á casa de Borgoña. O primeiro conde de Savoia foi Humberto I (1003-1047?), cuxos descendentes ampliaron os dominios da dinastía. En 1416 Savoia converteuse nun ducado. Anexionada pola Francia revolucionaria, restituíuselle á casa de Savoia no Congreso de Viena (1815). Polo Tratado de Turín (1860) pasou a pertencer a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía que desde finais do s X gobernou en Savoia e desde o s XII en Piemonte, ademais doutros territorios italianos que variaron segundo as épocas. O seu primeiro membro coñecido é Humberto I de Savoia , Brancamán, conde de Savoia (1003-1047?). Humberto II de Savoia (1080?-1103) expandiu os dominios da familia e Tomé I de Savoia dominou Piemonte, Vaud, Valais e a cidade de Chambéry, que pasou a ser a capital do condado (1232). Os seus sucesores incrementaron os dominios da dinastía. Amadeo VIII de Savoia conseguiu do emperador o título ducal (1416). Carlos Manuel I de Savoia apoderouse do marquesado de Saluzzo, pero tivo que ceder outros territorios a Francia, que despois foron recuperados polo seu sucesor Vítor Amadeo I de Savoia . Vítor Amadeo II de Savoia (Vítor Amadeo I de Sardeña) obtivo o Reino de Sicilia (1713), intercambiándoo en 1718 polo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e mariño, duque dos Abruzos (1890), fillo de Amadeo I de España. Viaxou ao Ártico (1899) e a África ecuatorial (1906). Desde 1919 colonizou Somalia, onde fundou a colonia agrícola de Villaggio Duca degli Abruzzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Savoia e marqués de Saluzzo. Pasou ao servizo de Austria e obtivo a vitoria de Zenta, que lles permitiu aos austríacos impoñerse a Polonia e Hungría. Tras a Paz de Rastatt (1714) comandou unha expedición contra os turcos, sobre os que tamén se impuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Savoia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uxío de Savoia-Soissons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1630-1637), fillo de Carlos Manuel I. En 1603 foi enviado a Madrid como pretendente á sucesión da coroa, pero o plan fracasou. Asinou os tratados de Cherasco (1631) e de Rivoli (1635), que confirmaron a presión francesa sobre Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Amadeo I de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Amadeo II de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO