"Shin" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 25.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.
-
PERSOEIRO
Actor. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Destaca a súa interpretación en filmes como Glory (1989, Oscar ao mellor actor secundario en 1990), Malcolm X (1992), Philadelphia (1993), Devil in a Blue Dress (1995) e Training Day (2001, Oscar ao mellor actor en 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Rico propietario rural, defendeu a independencia das colonias norteamericanas e foi nomeado comandante en xefe do exército independentista (1775). Delegado por Virginia na Convención de Philadelphia (1787), foi elixido primeiro presidente da Unión. Sentou as bases da estrutura política do novo estado e asegurou a independencia económica e financeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das arecáceas, de follas en forma de abano, esfiadas, de pecíolo espiñoso e que adoitan persistir no tronco, de flores abrancazadas dispostas en réxime, e de froitos drupáceos, oblongos e pardos. Son palmeiras orixinarias do suroeste de EE UU, e en Galicia pódense atopar as especies W. filifera e W. robusta en parques e xardíns.
-
PERSOEIRO
Derradeiro shōgun Tokugawa e de Xapón (1867-1868). Coa axuda dos daimyō conseguiu a dirección política do país en 1862, e procurou restablecer o autoritarismo do réxime militar de goberno (bakufu). As revoltas de Satsuma e Chosu (1867) provocaron que dimitise e desapareceu o shogunado.
VER O DETALLE DO TERMO