"Sisto" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 28.
-
-
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Dozón. Realizada en cantaría de granito, presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas. A zona do presbiterio atópase máis elevada e, ao lado N deste, anexouse a sancristía. Na fachada destaca a portada alintelada, sobre a que se abre unha pequena fiestra abucinada e a espadana de dous vans. Colocáronselle contrafortes nas esquinas, aínda que con carácter decorativo e rematados por pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fase da actividade cardíaca en que se produce a contracción das aurículas e dos ventrículos e en que o sangue procedente das aurículas pasa aos ventrículos e de aí á arteria aorta e á arteria pulmonar. Xunto coas diástoles, auricular e ventricular, constitúe o ciclo cardíaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sístole.
-
-
Dispositivo electrónico de estado sólido, baseado nas propiedades condutoras dos materiais semicondutores empregado para controlar ou amplificar unha corrente eléctrica. As súas pequenas dimensións, fiabilidade, duración, baixo consumo e prezo permitiron que substituísen dun xeito vantaxoso os tubos electrónicos. O transistor foi inventado en 1948 por J. Barden e W. Brattain, que xunto con W. Schockley traballaron nos laboratorios da Bell Telephone. Os tres gañaron o premio Nobel en 1956. O primeiro tipo de transistor, coñecido como transistor de puntas, consistía en dous eléctrodos de xermanio colocados de xeito que as súas puntas case se tocaban. Era feble e pouco estable, foi abandonado ao ser desenvolvido por W. Schockley en 1951 un novo tipo, o transistor de unión, do que hai dous tipos básicos: o transistor bipolar e o unipolar. No primeiro a condución é orixinada por dous tipos de portadores de carga (electróns e buracos), mentres que no segundo o é por só un dos...
-
Aparato receptor de radio que funciona con transistores.
-
Dispositivo electrónico que consiste nunha lámina de cristal semicondutora atravesada por dous raios de luz, un forte e un débil, de xeito que este último actúa como excitador ou regulador do raio principal. Desenvolvido nos Bell Laboratories en 1978, este é o equivalente óptico do transistor electrónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transmitir información a través dun transistor.