Sisto, San Xoán do
Sisto, San Xoán do
Igrexa parroquial situada en Dozón. Realizada en cantaría de granito, presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas. A zona do presbiterio atópase máis elevada e, ao lado N deste, anexouse a sancristía. Na fachada destaca a portada alintelada, sobre a que se abre unha pequena fiestra abucinada e a espadana de dous vans. Colocáronselle contrafortes nas esquinas, aínda que con carácter decorativo e rematados por pináculos.