"Sus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 279.

  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa carreira profesional coa Compañía Teatro da Mari-Gaila, participando en espectáculos como O agnus dei dunha nai (1980), Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), Acto cultural (1982) e A noite das tríbades (1983). Formou parte do elenco artístico do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck (1984), e durante 1985 integrouse na compañía madrileña Guirigai. De regreso a Galicia participou na creación da compañía Teatro do Atlántico coa que realizou espectáculos como A marabillosa historia de Marly, vampira de Vila de Cruces (1986), Quartett (1987), Liberdade Brenana (1989), Historia de Neera (1990), Non se chora (1993), Tolos de amor (1995), Casa de Bonecas (1995) ou Vellos tempos (1998). Co Teatro do Noroeste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuario que apareceu en Santa María de Baredo (Pontevedra) no ano 1970. Esta publicación ía dirixida aos emigrantes desta vila que residían na Arxentina e Uruguai, coa intención de relatarlles as novas e os feitos máis notables ocorridos nesta parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónoma irlandesa. Realizou investigacións de Astrofísica empregando todas as zonas do espectro (1974-1982) e, dende 1982, astronomía óptica, infravermella e radiomilimétrica. Traballando en Cambridge cun radiotelescopio capaz de detectar variacións rápidas dos sinais descubriu, en 1967, unha fonte radioemisora flutuante, identificada posteriormente por A. Hewish como un púlsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e poeta. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1960. Publicou Brumas de oro y gris (1961), Nostalgias en la bruma (1973) e Baladas de agonía (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecta. A súa obra destaca pola posta en valor dos espacios ordenados e polo emprego do oco nos muros exteriores. Obras súas son a casa de Vilar das Tres, no Carballiño (1974), e a rehabilitación da Casa da Cultura de Carballiño (1980-1983), realizado xunto a Alfredo Freixedo Alemparte e Fernando Blanco Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor costumista. Formouse na Academia de San Fernando de Madrid cunha bolsa da Deputación de Lugo. Compaxinou a súa dedicación pictórica coa docencia como profesor de Pintura e Debuxo no Círculo das Artes de Lugo. Participou en diversas exposicións rexionais e nacionais durante os anos cincuenta e sesenta. Obtivo o II Premio na exposición do Círculo das Artes (Lugo, 1954) e o I na Bienal de Arte Meigas e Trasgos (Sarria, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor de películas de animación. Iniciouse nos estudios de Walter Lantz e de Walt Disney. En 1943 fundou a United Produtions of America (UPA), xeradora dun novo estilo, oposto aos criterios creadores da escola de Disney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Catedrático de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid. Especializouse na arte gótica galega, tema da súa tese Contribución al estudo del gótico en Galicia (1959), e realizou numerosos estudios, entre os que destaca “Pervivencias y ecos del Pórtico de la Gloria en el gótico gallego” (1991). É colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Archivo Español de Arte, Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología e Cuadernos del Arte Español. Ademais participou en congresos e obras colectivas como Arte Galega: estado da cuestión (1990). Entre as súas obras cómpre salientar Historia del Arte Español (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o pintor Francisco Lozano Sanchís. Catedrático de Debuxo, exerce a docencia nun instituto vigués. Instalouse en Galicia tralo seu matrimonio coa pintora María Teresa López Prado, coa que realizou distintas obras que asinaron co pseudónimo Calabuig-Prado. Seleccionado nas bienais de Valdepeñas, Ponferrada, Blanco y Negro, Talavera e León, participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, Dezasete pintores de Lugo (1987), levada a Bos Aires, II Mostra de Pintura do Colectivo de Profesores de Galicia (1990 e 1991), I Feira das Artes Plásticas de Vigo (1995), Homenaxe a Sevillano (1996) e nas Mostras Festas do Maestro (1997-2000). Participou nas exposicións benéficas de Mans Unidas, Cáritas e Cruz Vermella; celebrou exposicións individuais en Alcoy, Beniarrés, Madrid, Lugo, Pontevedra, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo, entre outras. Realizou críticas de arte a Juan Cidrás, Fino Lorenzo e Francisco Lareo. Entre as ilustracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Videoartista. Traballou en Galicia como programador de aplicacións ata 1988, data na que realizou unha animación para producións de vídeo por ordenador. Organizou en 1991 a Monográfica sobre Infografía do Ateneo Santa Cecilia e do Club Unesco de Galicia. En 1991 realizou a exposición A mirada transgresora (Pontevedra) e, en 1994, participou cunha infografía na mostra Mar de fondo: trinta artistas por Galicia (Santiago de Compostela).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta. Licenciado en Filosofía e Letras e graduado en ciencias sociais, foi profesor da Universidad de Puerto Rico. Colaborador en múltiples xornais e revistas especializadas de distintos países, publicou estudios sobre a problemática socioeconómica de Galicia entre outros temas: Galicia ante el desequilibrio regional de España (1968), A revolución dos transportes marítimos e os complexos portuarios europeos (1969), Educación e desenrolo: estrutura e problemas do ensino en Galicia i en España (1969), El Espacio regional en el desarrollo económico de España (1970), Estrutura y problemas de la enseñanza en España (1971), El Fenómeno del regionalismo: una visión gallega del problema (1972), Monopolios norteamericanos y corporaciones multinacionales (1972), Galicia de hoxe: problemática dun pobo en crise (1973), Galiza de hoxe (1973), La Lengua gallega: en pleno resurgimiento o en peligro de muerte? (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e xornalista. Traballou como guionista da TVG, sendo coñecido como Chichi Campos. En 1972 fundou, xunto con Xosé Díaz, Luís C. Esperante e Rosendo Díaz, o grupo Cómic do Castro. Con eles expuxo no Círculo Mercantil de Santiago en 1973 nun salón ao que tamén acudiron Xaquín Marín e Reimundo Patiño, e que percorreu moitas vilas e cidades galegas, amais de Madrid e Barcelona. Dirixiu ata 1974 a galería de arte Mestre Mateo da Coruña. Colaborou con diversos artigos e coa creación de viñetas nas publicacións periódicas A Voz do Pobo, Mundo Obrero, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Diario 16 de Galicia, El Progreso, La Región, Can sen Dono e a revista alemá Pardón. Actuou tamén como correspondente da revista de arte barcelonesa Batik. Participou igualmente na exposición de Arte Xove de Galicia (1973), na de 13 Artistas de Hoy (1974) e na Mostra Homenaxe a Castelao (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor e escenógrafo. Entre as súas obras destacan Matrimonio de un autor teatral con la Junta de Censura (1972), La lluvia (1973) ou Es mentira (1975). A versión galega desta última peza foi posta en escena polo grupo de teatro Mua en 1982, con dirección de Xosé Manuel Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Emigrou a Arxentina no ano 1910 e estableceuse definitivamente en Montevideo, onde fundou a compañía papeleira Industria Papelera del Uruguay (UPISA). Vinculado ao galeguismo na emigración, foi presidente da Casa de Galicia de Montevideo, da Irmandade Galega e do padroado da Cultura Galega. No ano 1956 elixírono presidente do I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. De formación autodidacta, dedicouse dende os anos oitenta a diversos campos artísticos, á música e ao teatro. As súas últimas obras relacionan a música e o teatro con aspectos construtivos: Seica 187 “Deli consa en casa allea” (1999). Realizou exposicións individuais e participou tamén en mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ximnasta. Proclamouse campión de España de barra fixa nos anos 1965, 1966, 1967 e 1968. Obtivo tamén o título de campión da Copa del Generalísimo co seu club, o Real Madrid. Foi integrante da selección española de ximnasia durante oito anos, e con ela acudiu aos Xogos Olímpicos de México 1968, onde sufriu unha grave lesión. Competiu nos Xogos do Mediterráneo de Tunes 1967 e nos campionatos do Mundo de Dortmund 1966 e Ljubljana 1970, onde unha nova lesión obrigouno a abandonar a práctica da ximnasia. Con posterioridade incorporouse ao equipo técnico da Federación Española de Gimnasia como adestrador do equipo nacional masculino, ao que dirixiu entre 1974 e 1978, nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 e nos Campionatos do Mundo de Estrasburgo 1978. A partir desa última data traballou co equipo español de ximnasia artística feminina, co que participou en seis Xogos Olímpicos consecutivos (Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000); en todos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ximnasta. Fillo de Jesús Carballo García, iniciouse no deporte da ximnasia aos 5 anos de idade. Nos Campionatos do Mundo celebrados en San Juan de Puerto Rico en 1996 proclamouse vencedor na disciplina da barra fixa, título que revalidou en Tianjin 1999. Obtivo a medalla de prata nos Campionatos do Mundo de Lausanne 1997 e foi Campión de Europa en San Petersburgo 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou o sétimo posto en barra fixa, e na Universiada de Palma de Mallorca 1999, onde tamén obtivo posto de finalista. En xuño de 1997 gañou a medalla de ouro no concurso completo dos Xogos do Mediterráneo, celebrados en Bari. No plano técnico, incorporou ao repertorio ximnástico tres elementos que levan o seu nome (Carballo): un para barra fixa e dous para barras paralelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista e músico. Estudiou piano no conservatorio de música de Santiago. Aos 18 anos marchou para Barcelona, onde se fixo sacerdote e ingresou nos Salesianos. Realizou estudios de ciencias naturais na Universidad de Madrid e foi discípulo de Rodríguez Carracido. Doutorouse no ano 1922 coa tese “El Paleolítico en la costa Cantábrica”. Amosou interese pola xeoloxía, especialmente pola espeleoloxía, e considéraselle o introdutor desa disciplina en España. Gracias aos seus esforzos constituíuse, en 1926, o Museo Provincial de Prehistoria de Santander, do que foi o primeiro director. Entre os seus traballos destacan: Fauna espeleológica de la Montaña (1910), Mentalidad humana del troglodita cuaternario y del hombre primitivo (1911) e Prehistoria universal y especial de España (1924). Ademais de diversos artigos sobre os alfabetos prehistóricos e os petroglifos galegos cómpre sinalar a novela histórica Fida, la hija del último druida galaico (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Estudiou na Universidade Pontificia Compostelá e foi ordenado presbítero en 1909. Interesouse pola arqueoloxía da man de Oviedo Arce. En 1916 nomeárono secretario da sección de historia e arqueoloxía galegas da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago e en 1925 membro correspondente da Real Academia Galega, da que sería numerario en 1940. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, encargouse dende 1928 da sección de arqueoloxía e historia da arte e participou no equipo de Terra de Melide, obra colectiva na que foi responsable da parte de arqueoloxía relixiosa. Subvencionado pola Junta de Ampliación de Estudios, entre 1928 e 1931 perfeccionou os seus coñecementos en diversos museos de Francia, Inglaterra e Alemaña. En 1935 foi nomeado membro correspondente do Instituto Español de Estudios Medievales e en 1938 a Junta Técnica del Estado designouno delegado para informar sobre a arte relixiosa compostelá. En colaboración con Sánchez Cantón e Pedret traballou na recuperación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía de músicos franceses orixinaria de Figueres. O membro máis destacado foi   Francis Casadesús (París 1870 - Suresnes 1954), compositor, director e instrumentista de corda. Foi discípulo de Lavignac e de César Franck. É autor de obras de cámara, de poemas sinfónicos e de óperas. O seu sobriño, Robert Casadesús (París 1899 - 1972), pianista e compositor, fixo unha carreira de virtuoso internacional e realizou xiras por Europa. É autor de tres sinfonías, dous concertos para piano e numerosas cadencias para diferentes concertos mozartianos.

    VER O DETALLE DO TERMO