Campos Álvarez, Xesús

Campos Álvarez, Xesús

Humorista e xornalista. Traballou como guionista da TVG, sendo coñecido como Chichi Campos. En 1972 fundou, xunto con Xosé Díaz, Luís C. Esperante e Rosendo Díaz, o grupo Cómic do Castro. Con eles expuxo no Círculo Mercantil de Santiago en 1973 nun salón ao que tamén acudiron Xaquín Marín e Reimundo Patiño, e que percorreu moitas vilas e cidades galegas, amais de Madrid e Barcelona. Dirixiu ata 1974 a galería de arte Mestre Mateo da Coruña. Colaborou con diversos artigos e coa creación de viñetas nas publicacións periódicas A Voz do Pobo, Mundo Obrero, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Diario 16 de Galicia, El Progreso, La Región, Can sen Dono e a revista alemá Pardón. Actuou tamén como correspondente da revista de arte barcelonesa Batik. Participou igualmente na exposición de Arte Xove de Galicia (1973), na de 13 Artistas de Hoy (1974) e na Mostra Homenaxe a Castelao (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Laguna, Tenerife

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela