"Susa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • Antropónimo feminino de orixe semita, transmitido a través do grego Susanna e Susanná, do hebreo shûshan ‘lirio’, relacionado co exipcio shoshen ‘flor do lodoeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblica protagonista dunha parte deuterocanónica do Libro de Daniel. Paradigma de castidade, foi acusada falsamente de adulterio por dous anciáns, en vinganza por non acceder ao trato sexual que lle propuxeran. Condenada a morte, salvouna a intervención do profeta Daniel, que demostrou que os vellos mentiran, polo que foron lapidados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Moza romana, filla de san Gabino e sobriña do papa san Caio. Negouse a facer sacrificios a Xúpiter e morreu mártir, decapitada na súa propia casa, baixo o mandato de Diocleciano. Foi eliminada do calendario litúrxico tras a reforma do Concilio Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Susan Sarandon, da súa filmografía destacan The Front Page (1976), Pretty Baby (1978), Thelma and Louise (1991), The Client (1995), Dead Man Walking (1996, Oscar á mellor interpretación feminina) e Romance & Cigarettes (2005). En 1995 recibiu o Premio Donostia pola súa carreira cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do hebreo Yeshua’, forma breve de Ye’oshua’ (do que procede Xosué) a través do grego Iesoûs e do latín Iesus. Significa ‘Deus salva, Deus é salvación’, pero nos primitivos ambientes cristiáns foi interpretado como ‘que salva, salvador’.

    VER O DETALLE DO TERMO