Susana

Susana

Personaxe bíblica protagonista dunha parte deuterocanónica do Libro de Daniel. Paradigma de castidade, foi acusada falsamente de adulterio por dous anciáns, en vinganza por non acceder ao trato sexual que lle propuxeran. Condenada a morte, salvouna a intervención do profeta Daniel, que demostrou que os vellos mentiran, polo que foron lapidados.

Palabras veciñas

Sūsah | Sūsah | Susana | Susana | Susana, santa | susceptancia | susceptíbel