Susana, santa
Susana, santa
(s III) Moza romana, filla de san Gabino e sobriña do papa san Caio. Negouse a facer sacrificios a Xúpiter e morreu mártir, decapitada na súa propia casa, baixo o mandato de Diocleciano. Foi eliminada do calendario litúrxico tras a reforma do Concilio Vaticano II.