"TAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 143.

  • ara de madeira cunha mecha no extremo para prender lume a distancia nas pezas de artillería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto que consiste nun recipiente con tampa e unhas cadeas, no que se queima incenso e co que se espalla polo templo; pode ser de man ou estar colgado do teito.

    2. Nome tradicional do incensario de grandes dimensións que se emprega na catedral de Santiago de Compostela. Está sostido por unha armazón de ferro dourado colocada na cúpula da nave central e apoiada nos catro capiteis que parten dos ángulos da pendente. Para bambealo precísanse seis homes e no seu voo describe un semicírculo de 80 m de diámetro. A súa función orixinal era purificar o aire do templo ante a aglomeración de peregrinos que visitaban a tumba do Apóstolo, e que ata a construción do hospital real no s XIV, pernoctaban na súa tribuna. É o máis grande de todos os incensarios do mundo e arrandéase ao longo da nave do cruceiro, de N a S, entre as portas da Azabachería e das Praterías. Está feito de latón prateado e pesa arredor de 80 kg. O botafumeiro que había no século XVI era unha especie de gran caldeiro de prata, feito con outros incensarios existentes na capela da catedral, e desapareceu durante a Guerra da Independencia de 1809, supoñéndose que as tropas napoleónicas se apoderaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restaurante situado en Barcelona, fundado en 1973 e dirixido por José Ramón Neira, membro da Asociación de Restaurantes Gallegos ‘Lareira’. Desde a década dos anos oitenta é un dos restaurantes emblemáticos desta cidade, pola súa infraestrutura, calidade e por ser insignia da cociña típica galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Carpeta para gardar documentos ou outros papeis que se acostuma usar para escribir sobre ela nunha mesa.

      2. Carpeta con manuscritos, libros ou outros papeis no seu interior.

      3. Libro grande e antigo.

    1. Caderno para tomar apuntamentos.

    2. Carteira para transportar libros e papeis, elaborada en diferentes materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entregas poéticas creadas por Celso Emilio Ferreiro e Xosé Velo en 1934. Consiste nunha carpeta inicial, Cartafol de Poesía, na que se introducían follas de poemas repartidas periodicamente entre os subscritores. Foi un sistema novidoso de publicación pero só chegou á media ducia de entregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo editado a partir de febreiro de 1992 polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de “difundir información sobre a lingua e servir de nexo entre os membros da comunidade universitaria”. Coordinado polo director do departamento de normalización, Manuel Singala, trata temas e iniciativas relacionadas co proceso de normalización da lingua galega no ámbito universitario. Inclúe entrevistas e cadros estatísticos sobre competencia lingüística, amais de ilustracións de Xaquín Marín. Despois dunha primeira etapa como boletín independente, pasou a integrarse a partir do número 15 dentro do xornal da Universidade de Santiago de Compostela, USC, en abril de 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Túmulo revestido de panos negros que se utiliza para colocar os cadaleitos en funerais solemnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla escuamiforme situada por riba dos cotiledóns e por baixo dos nomofilos ou das follas en sentido estricto. Os catafilos recobren as xemas e forman os bulbos; neste último caso van cargados con materiais de reserva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento lingüístico que consiste en anticipar, por medio dun deíctico (pronome demostrativo) ou dunha expresión alusiva, unha palabra ou un fragmento do discurso aínda non enunciado que se especificará máis adiante. En retórica refírese á colocación dun elemento ao final dun período, xeralmente o suxeito, que adquire sentido cando se analiza conxuntamente. No eido da textoloxía constitúe un procedemento sintáctico fundamental, xunto coa anáfora, para garantir a coherencia dun texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Migración cara ao cátodo das partículas coloidais sometidas á acción dun campo eléctrico.

    2. Método terapéutico que ten por finalidade a introdución de axentes farmacolóxicos no organismo humano a través da pel mediante unha corrente galvánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á catáfora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento conmemorativo de carácter funerario erixido en memoria dun personaxe ilustre no que non está o corpo do defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno instrumento de óptica composto por un soporte pregable ou fixo e unha lente de aumento, usado na industria téxtil para contar o número de fíos e pasadas que ten un tecido, nunha medida determinada, xeralmente o centímetro ou o cuarto de polgada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suco que se fai ao cavar.

    2. Espacio de terreo ou parcela que se limpa.

    3. Camiño ou carreiro que se fai no monte, no campo ou na fraga, libre de vexetación, para evitar que se estendan os incendios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de aceiro que empregan os ferreiros para cortar o ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que alguén soporte mellor algo, en especial un traballo, unha pena ou unha dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para rexistrar e reproducir ditados e conversas. Esencialmente é un pequeno magnetófono de casete de fácil manexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Estudiou nas universidades de Ancara, Londres e Harvard. Afiliado ao Halkin Demokrasi Partisi (HADEP), de tendencia centro esquerdista, foi tamén o seu secretario xeral (1966-1971) e presidente (1972-1980), e colaborador do seu órgano de prensa, o xornal Ulus. Como primeiro ministro (1973-1974, 1977 e 1978-1979), ordenou a invasión de Chipre en 1974. Tralo golpe de estado militar de 1980, demandou desde a prensa o retorno ás vías democráticas, polo que foi encarcerado en varios períodos entre os anos 1981 e 1982. En 1987 converteuse en presidente do Demokratik Sol Partisi (DSP), que desde as eleccións de 1991 creceu en representación parlamentaria. Tralas eleccións de 1999, foi de novo primeiro ministro, á fronte dun goberno de coalición formado por membros do seu partido, do Anavatan Partisi (ANAP, conservador) e de Milliyetci Hareket Partisi (MPH, ultradereita).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao epitafio.

    VER O DETALLE DO TERMO