cartafol

cartafol

(

  1. s m
    1. Carpeta para gardar documentos ou outros papeis que se acostuma usar para escribir sobre ela nunha mesa.

      Ex: Podes buscar o contrato que me pediches no cartafol que está sobre o meu escritorio.

      Sinónimos: cartapacio.
    2. Carpeta con manuscritos, libros ou outros papeis no seu interior.

      Ex: Os tres volumes teñen un cartafol para gardalos.

      Sinónimos: cartapacio. Confrontacións: portafolios.
    3. Libro grande e antigo.

      Ex: Na librería da súa casa ten varios cartafoles de moito valor.

      Sinónimos: cartapacio.
  2. s m

    Caderno para tomar apuntamentos.

    Ex: Hai que traer un cartafol para o caixón que hai debaixo do teléfono.

    Sinónimos: cartapacio.
  3. s m

    Carteira para transportar libros e papeis, elaborada en diferentes materiais.

    Ex: A miña nai aínda conserva o cartafol de hule que usaba cando ía á escola.

    Sinónimos: cartapacio.