"Talía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 56.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de campañas militares que enfrontaron os estados italianos, xunto con Francia, España e o Imperio, nos ss XV-XVI. Iniciouse coa toma de Nápoles por Carlos VIII de Francia (1495), recuperada por Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán, ao mando das tropas enviadas por Fernando II de Aragón, o Católico, que reinstaurou a Fernando II de Nápoles. En 1501, deposto o seu sucesor Federico III, Francia e a monarquía hispánica, de acordo co Tratado de Granada (1500), repartiron o reino; pero os límites entre as dúas partes provocaron unha nova guerra. Despois das vitorias do Gran Capitán en Cerignola (1503) e Garigliano (1504), os franceses foron expulsados de Nápoles e Fernando o Católico proclamouse rei. O Milanesado motivou a primeira guerra entre Francisco I de Francia e o Emperador Carlos V (1521-1526). Trala ocupación de Milán (1500) por Luís XII de Francia, Carlos V apoderouse da cidade en 1521, e derrotou e fixo prisioneiro a Francisco I...
-
-
Idiotismo peculiar da lingua italiana.
-
Palabra ou xiro da lingua italiana que se emprega noutra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estudia con profundidade a cultura, a lingua ou a literatura italiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que amosa unha tendencia favorable á lingua ou á cultura italiana.
-
-
Asumir os costumes, a cultura ou a lingua italiana.
-
Adoptar os costumes, a cultura ou a lingua italiana.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Italia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Italia.
-
Lingua románica oriental, que pertence ao subgrupo italorrománico. É oficial en Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e Suíza. Existen focos de fala italiana en Córsega e Malta, así como en Francia, Alemaña, Reino Unido e Bélxica, e está moi estendida en Mónaco. Hai importantes comunidades de italofalantes en EE UU, Arxentina (onde, en contacto co castelán, deu lugar ao cocoliche), Canadá, Australia e Brasil. Consérvase como un vestixio do dominio colonial en países como Eritrea e Somalia. Fálana uns 62 millóns de persoas (estim 2002).
Evolución histórica
Na Península Itálica formáronse numerosas variedades romances. A primeira documentación segura dunha delas é o Placito capuano (960), aínda que, de considerarse escrito en lingua vulgar, o Indovinello veronese sería anterior (finais do s VIII-principios do IX). Existe así mesmo unha alba do s X e a Carta do Montamiata, do XI. Os primeiros textos literarios proceden case todos... -
Arte desenvolvida en Italia. Os vestixios máis numerosos da Italia prehistórica pertencen ao Neolítico. A chegada dos itálicos trouxo a introdución da metalurxia do bronce, unha segunda ondada protagonizou a inicios da Idade do Ferro a cultura vilanoviana, non identificable totalmente cos etruscos. Do pobo etrusco destacan as tumbas de Cerveteri e Tarquinia, entre outras, e poboados como os de Veyes; e no eido da escultura o Apolo de Veyes e O sarcófago de Cerveteri. As mostras artísticas do Imperio Romano non só están presentes na cidade de Roma, onde destacan os diversos foros, o Coliseo, o Ara Pacis Augustae, o Panteón e as numerosas mostras escultóricas, senón que se atopan por toda Italia. As primeiras manifestacións da arte paleocristiá, as pinturas das catacumbas e os sarcófagos, continuaron coas características formais da arte romana. No eido da arquitectura, sobresaen as basílicas de Santa Sabina e Santa Maria Maggiore...
-
Arte cinematográfica realizada en Italia. No ano 1904 o inventor Filoteo Alberini formou, xunto con Santoni, a produtora Manifattura Cinematografica Alberini e Santoni, realizadora de La presa di Roma (1905), filme que inaugurou a serie histórico-espectacular continuada por Gli ultimi giorni di Pompei (1908), de Arturo Ambrosio; Quo Vadis? (1912), de Guazzoni, e, sobre todo, Cabiria (1913), de Piero Fosco. O monumentalismo histórico e o divismo feminino levaron o cine italiano a unha mediocridade total, da que intentou sacalo Benito Mussolini (creación do Centro Sperimentale di Cinematografia en 1935 e construción dos estudios de Cinecittà en 1937). O descontento co cine oficial, fascista e grandilocuente, por parte dos alumnos do Centro Sperimentale (De Santis, Antonioni, Pietro Germi, Luigi Zampa) fixo que xurdisen os primeiros xermolos neorrealistas en plena ditadura (Ossessione, 1942, de Luchino Visconti; Quatro passi fra le nuvole,...
-
Filosofía producida no ámbito cultural italiano. A aparición do italiano como lingua filosófica vai unida do xurdimento das actitudes de pensamento que se acostuman designar como modernas. É tanto a lingua empregada por Maquiavelo (1469-1527) como a que xeralmente utilizaba Galileo Galilei (1564-1642) nas obras divulgatorias da súa produción científica. Destaca tamén Giordano Bruno (1548-1600) e Tommaso Campanella (1568-1639). Despois deste destacado inicio, a filosofía italiana permaneceu nun segundo plano detrás da produción francesa e inglesa. Así e todo, no s XVII sobresaíu Giambattista Vico (1668-1744). A Ilustración italiana tendeu a seguir os modelos das nacións que dominaban o panorama cultural, Francia e o Reino Unido. As figuras máis importantes foron Cesare Bonesana (1738-1794) e Antonio Genovesi (1712-1769). O pensamento italiano coñeceu un momento álxido con Il Risorgimento, momento no que conviviron dúas tendencias: por unha banda, un pensamento que partía da metafísica tradicional...
-
Literatura cultivada en lingua italiana.
As orixes e o dolce stil novo
Os primeiros testemuños en lingua vulgar maniféstanse xa a principios do s XI. Malia todo, a diferenza doutras linguas da Romania, o italiano “vulgar” estivo situado nun segundo termo, diante dunha tradición latina fortemente consolidada. No s XIII o gran desenvolvemento do poder das cidades fixo de Italia o lugar onde converxeron e se fusionaron as diversas experiencias culturais europeas (a especulación en latín, a lírica occitana e a narrativa francesa). Cara a 1230 un grupo de poetas da corte de Suabia traduciron temas trobadorescos á lingua vulgar siciliana; no momento no que o centro cultural da Península se trasladou a Toscana, os temas cortesáns pasaron a escribirse en toscano (Guittone d’Arezzo). Xurdiron nese momento outros xéneros literarios nas diversas linguas vulgares rexionais: os laudes relixiosos na Italia central, en que se pode enmarcar o Cantico delle Creature (1225), a primeira... -
Arte musical cultivada en Italia. A primeira música relixiosa cristiá identifícase co denominado canto gregoriano. A ars nova italiana foi cultivada en forma de madrigais, caccie ou baladas. No s XIV os cantantes que trouxo o papa de Aviñón introduciron en Italia a música franco-flamenga. A música vogal italiana culminou coa obra a capella de G. P. Palestrina (1525-94), imitada pola chamada escola romana. A outra escola de música relixiosa foi a veneciana, impulsada polo flamengo A. Willaert (1480-1562) e continuada polos irmáns Gabrieli. Esta escola caracterizouse polas intervencións dos instrumentos e a policoralidade. Na música profana hai canzoni e madrigais polifónicos cultivados polos flamengos instalados en Italia e polos italianos C. Merulo (1533-1604), L. Marenzio (1553-99), G. Gesualdo (1560-1613) e C. Monteverdi (1567-1643), que fixeron innovacións harmónicas e rítmicas. A música instrumental emancipouse con formas autónomas, como o ricercare,...
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Anne Bancroft, en 1963 conseguiu o Oscar á mellor actriz por The Miracle Worker de A. Penn. Participou, entre outros, nos filmes The Graduate (1967), The elephant man (1980) e Agnes of God (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista. Estudiou piano no conservatorio da Coruña e no de Madrid, onde obtivo o Premio ao Virtuosismo. Foi pianista titular da Orquestra da Ópera de Wiesbaden e presidenta da Sociedad Filharmónica Ferrolana e do Ateneo Ferrolano. É presidenta da Delegación do Patronato Rosalía de Castro de Ferrol e directora do Conservatorio Superior de Música. Ofreceu numerosos recitais en Alemaña, Francia e Suíza e gravou o primeiro disco de música galega de concerto, para piano, con obras de Andrés Gaos e Roxelio Groba. Recibiu o Premio Diana á muller do ano (1973) e a Insignia de Oro de la Ciudad de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora italiana. Coñecida como Natalia Ginzburg, foi representante da novela intimista italiana e colaborou nas revistas Solaria e Letteratura e na editorial Einaudi. Da súa produción destacan La strada che va in città, (1942), Tutti i nostri ieri (1952), Le voci della sera (1961), L’inserzione (1968), Mai devi domandarmi (1970), La città e la casa (1984) e a póstuma E’ difficile parlare di sé (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lotario I.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (947-950), fillo do Rei Hugo, conde de Provenza. Compartiu o goberno co seu pai desde 931. Foi envelenado por Berenguer II, marqués de Ivrea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do latín Natalia, derivado de natalis ‘natal, relativo ao nacemento’. Considérase a forma feminina de Nadal. Presenta tamén o hipocorístico Lila. A súa festividade celébrase o 25 de decembro (equivalente a Nadal) e o 1 de decembro (a santa). San Natalio celébrase o 31 de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III) Mártir. Casada con santo Adrián, mantivo a súa relixión en segredo ata que o seu home, oficial romano, se converteu ao cristianismo polo que recibiu martirio. Disfrazouse de home para estar a carón del no cárcere. A súa festividade celébrase o 1 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política que fundou Giuseppe Mazzini en Marsella en 1831, que tiña por obxecto converter a Italia nunha república democrática e unitaria. Foi disolta en 1848.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores italianos que fundou en 1952 Afro Basaldella e integrado tamén por Renato Birolli, Antonio Corpora, Mattia Moreni, Ennio Morlotti, Giuseppe Santomaso, Giulio Turcato e Emilio Vedova. Decantáronse cara a unha abstracción próxima ao informalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (781-810), fillo de Carlomagno. Foi coroado en Roma polo Papa Adrián I (781). Loitou contra os ávaros (796) e tomou parte na campaña de Baviera (797). Despois da súa morte, o Reino de Italia volveuse unir ao Imperio Carolinxio.
VER O DETALLE DO TERMO