"Tama" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • GALICIA

    Profesor e especialista en latín medieval e moderno. Licenciado en Filoloxía Clásica e doutor en Letras, é profesor titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou, ademais, os cargos de vicedecano da facultade de Filoloxía, decano en funcións da mesma facultade e External Examiner en Londres. Ademais de numerosas colaboracións en congresos e revistas especializadas no seu ámbito, é autor, entre outros, dos traballos El sueño en la épica latina: su función (1973), memoria de licenciatura; Draconcio y sus Carmina Profana: estudo biográfico, introdución y edición crítica (1978), tese de doutoramento; Comentario a las Bucólicas de Virgilio (1984); Instrumentum emblematicum (1992); Corpus historiographicum latinum hispanum saeculi VIII-XII: concordantiae curaverunt (1993), en colaboración con Manuel Enrique Vázquez Buján, Xosé Eduardo López Pereira e María Elisa Lage Cotos; Bibliografía de latín medieval en España (1950-1992) (1994), en colaboración con María Elisa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor teatral e militante anarquista. Emigrou a Uruguay e actuou nos círculos teatrais de Montevideo, onde participou na creación da Universidad Popular (1931) e no Teatro del Pueblo (1936). A súa traxectoria estivo marcada pola preocupación social e a identificación coa cultura galega, que se plasmou na dirección da representación de O fidalgo, de Xose Luís Romero (1958), e na fundación da Compañía de Teatro Popular Galego (1962). Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, fillo de L. Fábrega Coello. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1926). Dirixente desde 1932 das xuventudes do Partido Radical, Vanguardia Republicana Federal, foi elixido deputado en 1933. Durante a Guerra Civil estivo preso nos campos de concentración de Rianxo e La Santa Espina (Valladolid) ata 1938. Retornou a Ourense e presidiu o colexio de farmaceúticos da provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou, entre outras obras, o retablo da capela de Nosa Señora do Camiño (Ribadeo, 1699).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta. Abandonou os estudios de arte para dedicarse á literatura e foi profesor en Yale e na Universidad de La Habana. Publicou Elegía como un himno (1950), Con las mismas manos 1949-1962 (1962), La poesía contemporánea en Cuba 1927-1953 (1954) e Sí, a la revolución (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo social. Licenciouse en Filosofía e Letras e Teoloxía e diplomouse en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Vigo, dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Entre outras obras publicou Antropoloxía dunha parroquia rural (1988), O afiador (1992), La gran pulpada gallega (1999) e Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recibiu os premios de investigación Otero Pedrayo (1984) e o XI Xesús Taboada Chivite (1998). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do fundador do budismo, máis coñecido como Buda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido glutámico.

    2. Po branco soluble en auga e alcohol. Emprégase como aditivo alimentario potenciador do sabor en derivados cárnicos ou sopas preparadas. Algúns especialistas coinciden en sinalalo como responsable do sabor umami (tamén denominado quinto sabor). Tamén recibe o nome de glutamato sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das amidas cíclicas, caracterizadas polo grupo -NH-CO- e que se obteñen dos ã e ä aminoácidos, por perda de auga intramolecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1403-1415), filla de Enrique II de Castela e nai de Branca I de Navarra. Casou en 1375 con Carlos III de Navarra e gobernou o reino en ausencia do seu home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Luís López Ballesteros. Militou inicialmente no Partido Moderado, en 1840 pasou ao Partido Monárquico-Constitucional e posteriormente ingresou na Unión Liberal de O’Donnell en 1858. Deputado por Galicia en 17 lexislaturas (1837-1873), foi director xeral de Arbitrios e Amortización, de Rendas Estancadas e de Contribucións Directas. Foi conselleiro do Estado (1857) e ministro de Ultramar (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laza baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da linguaxe que, segundo David Hilbert, está formada polos enunciados sobre os signos empregados pola matemática. Así por exemplo: “2 é unha constante numérica” ou ben “x é unha variable numérica” son enunciados matemáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • golfo de Martaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monte situado no extremo S da parroquia de Noceda (Cervantes). O seu cumio acada os 1.189 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia que, segundo Plinio e Ptolomeo, habitaba no convento xurídico Lucense e ocupaba, posiblemente, a península do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto de limpeza que se emprega para quitar manchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (3.799 km2; 6.938.006 h [2000]). A súa capital é Urawa.

    VER O DETALLE DO TERMO