"Tegra" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 37.

  • Museo arqueolóxico fundado en 1914 pola Sociedade Pro-Monte da Guarda, para acoller os vestixios prehistóricos atopados no monte Santa Tegra, onde se trasladou en 1950. Atópase nun edificio baseado nun proxecto de Antonio Palacios. Custodia restos arqueolóxicos, ourivaría, numismática, cerámica e escultura, das idades de Pedra e dos Metais e sobre todo os achados castrexos, dos que sobresae a colección de esvásticas. Conta tamén cunha colección numismática de moedas romanas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa rexional da Unión Europea, con vixencia entre 1986 e 1992, destinado a modernizar as economías das rexións mediterráneas, afectadas pola competencia de España e Portugal na ampliación a doce estados da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • reintegrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode reintegrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reintegrar ou de reintegrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de codificación da lingua galega que defende a recuperación e o uso da escrita histórica do galego, a escrita galego-portuguesa -a mesma que emprega o luso-brasileiro na actualidade-, porque considera que o galego e o portugués son a mesma lingua e, consecuentemente, variantes dun mesmo diasistema. Polo tanto, seguindo estes criterios, a lingua que se fala en Galicia tamén se fala en Portugal, Brasil, diversos países africanos e Timor Oriental. Dentro do reintegracionismo pódense distinguir dúas correntes: unha partidaria de acollerse sen límites á norma portuguesa (a mesma ortografía ca o portugués e practicamente a coincidencia total nos outros aspectos; sería a postura que defende, por exemplo, a Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal) e outra partidaria dun achegamento máis moderado ao portugués. A proposta máis radical foi definida por Manuel Rodrigues Lapa que consideraba o galego como un dialecto rústico que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reintegracionismo.

    2. Seguidor ou partidario do reintegracionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Devolver unha cousa ao completo.

    2. olver poñer a alguén en posesión de algo que perdera ou do que fora privado.

    3. Reocupar un traballo ou calquera outra actividade que se deixara temporalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Guarda (A Guarda). O seu cumio acada os 341 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa Tegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento situado no monte Santa Tegra (A Guarda). Descubriuse durante a construción dunha pista forestal no monte en 1913. Foi escavado por Ignacio Calvo (1914-1924), Cayetano Mergelina Luna (1928-1933 e 1943-1944), Fernández Rodríguez en diversas campañas entre 1952 e 1972 e Antonio de la Peña Santos (1983-1988). Localízase a partir dos 200 m de altitude. Trátase dun poboado amurallado que non ten un sentido urbanístico xeométrico pois as vivendas, a maioría circulares e algunhas trapezoidais ou ovadas, aparecen agrupadas en barrios, posiblemente de carácter familiar, e só existen algunhas pequenas rúas que as separan. Moitas delas presentan vestíbulos e no interior teñen un banco corrido e un piar ou poste central que suxeitaba o teito de palla. A muralla, realizada en cachotaría, tiña como función principal delimitar o territorio e contaba con dúas entradas. Acadou o seu momento de maior esplendor entre os ss I a C e I d C, e a partir do s II iniciou un período de decadencia no que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra no monte Santa Tegra (A Guarda) o 23 de setembro en honor da santa. Os romeiros rezan e fan ofrendas florais no Vía Crucis e asisten ás tres misas rezadas e á misa maior, despois de que se saca a imaxe da santa en procesión. No mesmo monte celébranse tamén o xubileu de Santa María do Mar, o luns de Pentecoste, e o xubileu de Santo Estevo, o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía Crucis situado na subida ao monte Santa Tegra. As catorce estacións teñen forma de medallóns e son todas de bronce, obra de Julio Vicent Mengual. Comezouse a construír en 1923 e rematouse en 1940. Foi financiado polas familias máis ricas da Guarda. Paralelo a este Vía Crucis existe outro do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración que ten lugar no monte Santa Tegra (A Guarda). A súa orixe atópase nun suceso acontecido en 1355 cando a comarca padeceu unha seca e a peste durou sete anos. Segundo a tradición santa Tegra apareceulle a unha pastora e díxolle que era vontade de Deus que fixesen rogativas e penitencias na cima do monte para remediar estes males. Os abades dos mosteiros de Santa María de Oia e de Barrantes (Tomiño) acordaron que os eclesiásticos das sete parroquias da zona subisen ao monte en actitude penitencial e rendesen culto á santa. Uníronselle moitos fieis da comarca e o bispo de Tui Juan de Castro. Despois de día e medio de súplicas, chegou a choiva e os devotos, para agradecelo, fixeron voto perpetuo de restablecer a antiga Irmandade do Clamor, reanudando os antigos cultos a santa Tegra, subindo, só homes, ao monte o luns da Asunción, en xaxún de pan e auga e demais actos que mandaban as antigas constitucións. Desde 1973 celébrase o último sábado de agosto á tardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación fundada en 1912 na Guarda coa finalidade de protexer o monte de Santa Tegra e dotalo de infraestruturas. Promoveu a escavación dos restos arqueolóxicos a partir de 1914 e a construción do museo. En 1929 ampliouse a agrupación para fundar o Patronato do Monte de Santa Tegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín eclesiástico Thecla, do grego Thekla, derivado de Theókleia, nome persoal feminino correspondente ao masculino Theoklés, composto de theós ‘deus’ e kles ‘famoso’, co significado de ‘que ten fama por causa dos deuses’ ou ‘que ten fama divina’. Presenta como variante Tecla e como formas populares Tecra, Trega, Técola e Tiexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. O seu prometido, Tamiris, acusouna de cristiá e foi sometida a tormento, pero non morreu e seguiu a san Paulo. Encerrouse nunha cova en Miriamlik (Armenia) e cando ía ser ultraxada de novo, orou pedindo permanecer pura. A cova derrubouse e deixou o seu brazo ao descuberto, que foi trasladado a Armenia para darlle sepultura e rendirlle culto. Iconograficamente representouse como unha moza con longa cabeleira, vestida con túnica, palio e coroa real. Leva unha palma e un brazo que sostén na man dereita, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de setembro, aínda que tras o Concilio Vaticano II eliminouse do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO