Santa Tegra, romaría de

Santa Tegra, romaría de

Romaría que se celebra no monte Santa Tegra (A Guarda) o 23 de setembro en honor da santa. Os romeiros rezan e fan ofrendas florais no Vía Crucis e asisten ás tres misas rezadas e á misa maior, despois de que se saca a imaxe da santa en procesión. No mesmo monte celébranse tamén o xubileu de Santa María do Mar, o luns de Pentecoste, e o xubileu de Santo Estevo, o 26 de decembro.