"Tiso" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 39.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispersión viscosa dunha resina finamente dividida nun plastificante líquido, que se emprega para obter imitacións de coiro ao aplicala sobre un soporte téxtil, ou diversos obxectos por moldeamento e endurecemento posterior con calor.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Santiso, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Terra de Melide situado no SL da provincia da Coruña e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 50’ 50” de latitude N e 8° 02’ 20” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Melide (comarca de Terra de Melide), ao L co de Palas de Rei (comarca da Ulloa), ao S cos de Agolada e Vila de Cruces (os dous da comarca do Deza), e ao O co concello de Arzúa (comarca de Arzúa). Abrangue unha superficie de 67,4 km2cunha poboación de 2.102 h (2007), distribuída entre as parroquias de Barazón, Beigondo, Belmil, Liñares, Mourazos, Niñodaguia, Novela, Pezobre, Pezobrés, A Ponte Arcediago, Ribadulla, San Román, Santaia de Rairiz, Santiso, Serantes, Vimianzo e Visantoña. A capital está no lugar de Agro do Chao, na parroquia da Ponte Arcediago, localizada a 53 km de Santiago de Compostela e a 89 km da Coruña. Está adscrito á diocese de Lugo (arciprestado de Abeancos) e ao partido xudicial de Arzúa.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física... -
-
GALICIA
Pintora, discípula de Josep María Fenollera. Innovou na súa obra con esquemas impresionistas e modernistas, como reacción á pintura tradicional de liña oficial, aínda que posteriormente se dedicou a escenas costumistas. Empregou unha paleta de grises, que cara á última época se caracterizou por unha maior luminosidade. Da súa obra destaca A bordadora (1907) e a Cea do campaneiro (1923). Foi profesora da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Recibiu a medalla de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Vinculado profesionalmente a El Pueblo Gallego, tamén traballou como avogado. Membro do Partido Radical-Socialista, participou no Pacto de Lestrove (1930) e foi nomeado gobernador civil de Salamanca por Portela Valladares.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e mestre. Militante do PP desde 1995, foi coordinador provincial de deportes da Consellería de Cultura (1988-1989), membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desde 1999, alcalde de Abegondo e presidente da asociación de acción local Terra das Mariñas. En substitución de Juan Miguel Diz Guedes, foi nomeado conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presentador. Coñecido como Mon Santiso, traballou como locutor e director de programas de radio en Antena 3, Radio 80 e RNE, e como presentador, guionista e director de programas de televisión en TVG, Canal 10, Antena 3 TV e La 2 de Televisión Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Ramón Santiso Rodríguez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Casa de Naia (Antas de Ulla). Ten planta en forma de L e os seus muros mesturan cantaría e cachotaría. Conserva hórreo, pombal e unha capela de planta rectangular.
-
PERSOEIRO
Empresario e político. Licenciado en Dereito, desempeñou diversos cargos na administración autonómica e central. Foi delegado do ministerio de Obras Públicas en Pontevedra. Secretario da Fundación Galicia-Empresa, foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989), foi conselleiro de Sanidade (1983-1986), Ordenación do Territorio (1986) e Educación (1987-1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Thyrsus, a partir do grego Thirsos, que era o emblema de Dióniso, unha vara adornada con follas de parra coa figura do deus coma un cetro e que se usaba nas bacanais cun carácter máxico-relixioso. Tamén forma parte do apelido e do topónimo Santiso. Presenta a variante Tirso.
-
PERSOEIRO
Político eslovaco. Clérigo e deputado, foi un dos dirixentes do partido populista. Presidente do goberno autónomo eslovaco (1938), proclamou a independencia de Eslovaquia baixo a protección de Hitler, e continuou á fronte do goberno (1939-1945). Tras a derrota nazi, foi condenado a morte e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Cando era un catecúmeno, padeceu torturas que a fe lle axudou a superar. Os anxos sacárono da cadea para que o bispo de Cesarea o bautizase, e logo devolvérono á cela. A partir daquela tivo a capacidade de predecir a morte dos verdugos e de amansar animais bravos. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe vestido con traxe segrar, túnica curta e clámide e unha serra nas mans (atributo persoal), como recordo do último suplicio. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solo de perfil AC ou A(B)C, de cor escura, que presenta horizontes pouco diferenciados e unha gran riqueza de arxilas do tipo da montmorillonita. É un tipo de solo que se forma en rexións con climas cunha estación cálida e outra seca.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de San Tirso.
VER O DETALLE DO TERMO