Tiso, san

Tiso, san

Mártir. Cando era un catecúmeno, padeceu torturas que a fe lle axudou a superar. Os anxos sacárono da cadea para que o bispo de Cesarea o bautizase, e logo devolvérono á cela. A partir daquela tivo a capacidade de predecir a morte dos verdugos e de amansar animais bravos. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe vestido con traxe segrar, túnica curta e clámide e unha serra nas mans (atributo persoal), como recordo do último suplicio. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.