"Tm" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

  • Perturbación do ritmo das contraccións cardíacas. Normalmente as contraccións cardíacas están rexidas por estímulos eléctricos xerados no nódulo sinoauricular; estes estímulos son rítmicos e posúen unha frecuencia habitual entre 70 e 80 por minuto (ritmo sinusal normal). Cando este ritmo se retarda, fálase de bradicardia sinusal e cando se acelera de taquicardia sinusal; pode variar coa respiración (arritmia sinusal). Se o nódulo sinusal deixa de xerar estímulos, substitúeno outras zonas do corazón, sobre todo o nódulo aurículo-ventricular (ritmo nodal). Se, pese a actuar o nódulo sinoauricular, se produce unha descarga eléctrica noutro lugar do corazón, pódese producir unha contracción anómala ou ectópica, tamén chamada extrasístole; se este foco xera descargas a moi alta frecuencia, determina a formación dunha taquicardia paroxística. Outras arritmias importantes son o flutter auricular, a fibrilación auricular e ventricular e os bloqueos. Para o diagnóstico...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á arritmia.

    2. Fallo de ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Serviuse de todos os estilos literarios coa finalidade de provocar o lector. Da súa ampla obra cómpre destacar Gedichte über die Liebe und über die Lasterhaftigkeit (Poesías sobre o amor e sobre a inmortalidade, 1975) e Grammatik der Rosen (Gramática das rosas, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de carácter técnico e científico fundada en 1898 nos EE UU. Dedícase ao estudo dos materiais de enxeñería e á normalización dentro da Arquitectura, a manutención dos elementos arquitectónicos, o debuxo industrial, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplicación que permite xestionar os tipos de letra que utiliza un ordenador.

    2. Modo de Transferencia Asíncrona que fai posible enviar paquetes de datos por unha rede de telecomunicacións, sen que sexa necesario un fluxo continuo de información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No pensamento hindú, orixinariamente, alento vital ou principio de vida dos seres vivos. A partir dos Upanishād, o atman vaise identificando co braman, aquilo absoluto que penetra e envolve a todos os seres e incluso ao mesmo principio divino (braman-atman).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘vapor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para separar os compoñentes dunha mestura gasosa, baseado nas súas diferentes velocidades de difusión a través dunha membrana porosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capa gasosa que envolve algúns corpos celestes. Nos corpos celestes gasosos a atmosfera está constituída polo conxunto de estratos máis exteriores e menos densos. A composición e o grosor de cada atmosfera varía dun planeta ou estrela a outro.

      2. Capa gasosa que envolve a Terra.

      3. atmosfera estelar

        Conxunto de capas exteriores da estrela, directamente accesibles á observación. Os límites da atmosfera estelar non están ben definidos, nin cara ao centro da estrela, nin cara a fóra; dunha banda, as capas máis exteriores (chamadas cromosféricas) non contribúen moito á formación do espectro; doutra banda, tampouco se consideran incluídas as capas máis profundas. O estudo teórico das atmosferas estelares é básico para explicar a información espectroscópica que chega ao observador terrestre. Nunha primeira investigación considerouse a atmosfera estelar un gas non uniforme. En 1906, Schwarzschild introduciu a hipótese do equilibrio da radiación e mostrou como obter a distribución das temperaturas. Coa lei da radiación de Planck-Kirchhoff chegouse á teoría do equilibrio termodinámico local (ETL), segundo a que o gas está, en cada punto, moi cerca do equilibrio termodinámico. O modelo Schuster-Schwarzschild (SS) suxeriu a existencia dunha fotosfera responsable do fondo continuo...

      4. atmosfera planetaria

        Conxunto das capas gasosas externas. A súa profundidade óptica pode ser grande (como é o caso de Xúpiter), pequena (como é o caso de Marte e da Terra), ou simplemente non existir (como é o caso de Mercurio, da Lúa ou dos principais satélites). A atmosfera planetaria contribúe decisivamente ao albedo do planeta.

      5. atmosfera terrestre

        Capa gasosa de forma sensiblemente esferoidal que envolve a Terra. A mestura de gases pola que está formada recibe o nome de aire. Para facer a análise da atmosfera cómpre considerar a estrutura, a orixe, a composición e a participación no balance enerxético do planeta. Resulta útil considerar unha división en cinco rexións de diferente comportamento térmico. A capa inmediata á superficie terrestre é a troposfera; excepto os dous primeiros quilómetros, constátase xeralmente un descenso de 6,5°C por quilómetro ascendido. O descenso de temperatura párase na tropopausa, onde é duns -53°C. A altura da tropopausa varía segundo a latitude, a estación e o tempo, pero, xeralmente, é duns 8-10 km nos polos no inverno e duns 16-18 km no ecuador e trópicos. Nela teñen lugar case todos os fenómenos meteorolóxicos e climáticos, como tamén o ciclo hidrolóxico e o balance O 2 -CO 2 dos seres vivos. Por riba da tropopausa está a estratosfera, zona...

      1. Aire que hai ao noso redor ou porción de aire contido nun local.

      2. Estado xeral das condicións e circunstancias dalgún sitio, principalmente reunións de persoas, que repercuten sobre as cousas e especialmente sobre outras persoas.

      3. atmosfera viciada

        Proporción de osíxeno do aire dun recipiente que minguou sensiblemente, e que estivo enrarecido, por exemplo, con dióxido de carbono, por efecto da respiración animal, dalgunha combustión ou de calquera outra emanación.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á atmosfera.

    2. Que sucede na atmosfera.

    3. Que é causado pola atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade rítmica espontánea que presentan as neuronas corticais illadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal potásico de azolítmico, pouco soluble en auga, pero si moi soluble en álcalis diluídos, hidróxidos ou carbonatos. Encóntrase na tintura de tornasol. Emprégase como indicador e para a preparación de medios bacteriolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Batman, na rexión da Anatolia Oriental, Turquía (186.178 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da rexión de Anatolia Oriental, Turquía (4.694 km2; 345.100 h [1990]). A súa capital é Batman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cómic norteamericano que apareceu en 1939 editado pola Detective Comics Magazine. Nos anos sesenta acadou unha enorme popularidade e pasou ao cine e á televisión. A indumentaria do personaxe principal consta dun traxe escuro con capa e anteface, semellante ao dun morcego. Habita na cidade de Gotham e ten como compañeiro de aventuras a Robin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1989 e dirixida por Tim Burton. Foi interpretada por Jack Ni-cholson, Michael Keaton, Kim Basinger e Pat Hingle. Destaca polo emprego de numerosos efectos especiais que tentaban achegar a película ao cómic orixinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación cíclica ou recorrente dun acontecemento ou dun estado biolóxico. Algúns ritmos internos son independentes dos factores externos, como os latexos do corazón ou os movementos respiratorios; outros son probablemente adaptacións a fenómenos naturais recorrentes, como os períodos de sono, e están regulados por reloxos biolóxicos. Houbo unha teoría, que non acadou demostración científica, que tentou atopar biorritmos no comportamento do ser humano; así o estado físico tería un ciclo de 23 días, o emocional de 28 días e o intelectual de 33 días (segundo W. Fliess, H. Swoboda e A. Telstcher, respectivamente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos biorritmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formato de arquivo de fotos ou gráficos, empregado nos sistemas operativos Windows e OS/2. Recibe tamén o nome de mapa de bits e emprega a extensión *.bmp.

    VER O DETALLE DO TERMO