"Tsu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Formouse en Xapón e en Praga con Čerepnin. Foi presidente da sección xaponesa da Sociedade Internacional de Música Contemporánea (1956-1960). Nas súas composicións, das que destacan Canto de amor (1954), para soprano; U-mai (1959) e Bugaku (1962), para orquestra; e Rapsodia sobre un tema gagaku (1983), para orquestra de cámara, conxugou a tradición xaponesa coa técnica serial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Chiba, na illa de Honshū, Xapón (461.126 h [1997]). Está situada no centro da illa, 17 km ao NL de Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Honshū, Xapón, situada preto do mar de Xapón (143.586 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da perfectura de Nagano, situada na illa de Honshū, Xapón, ao S de Ueda (206.801 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xaponés. Foi ministro de Asuntos Exteriores, e negociou o Pacto Tripartito con Alemaña e Italia (1940) e o Pacto de Non-agresión coa URSS (1941). Foi detido e aprisionado por EE ; UU como criminal de guerra e morreu en prisión antes do xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Xapón, composto por 249 illas, que se situa na baía de Sendai, na illa de Honshū.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa xaponesa creada en 1935 en Osaka. A súa actividade comprende o sector de equipamentos eléctricos e electrónicos, especialmente de bens de consumo. Na década de 1970 orientouse cara ao campo da informática (Quasar Electronic) e iniciou a captación do mercado europeo. Emprega os nomes comerciais de Technics, National e Panasonic. En España adquiriu a antiga firma Anglo (1973) e constituíu a National Panasonic, que se transformou posteriormente en Panasonic SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e economista. Foi director xeral da Oficina de Cooperación Económica do Ministerio de Asuntos Exteriores (1988) e da Oficina de Asuntos Estadounidenses do Ministerio de Relacións Exteriores (1990). Foi embaixador de Xapón en Francia desde 1994, presidiu o comité do Patrimonio Mundial da UNESCO (1999) e foi elixido director xeral da UNESCO en 1999 por un período de seis anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Ehime, situada ao NO da illa Shikoku, Xapón (466.133 h [1997]). É un importante centro comercial con industrias mecánicas, químicas, papeleiras e sobre todo téxtiles. Posúe unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Mie,   situada na illa de Honshū, Xapón, na badía de Ise (119.191 h [1991]). É unha antiga cidade feudal e centro comercial, e destaca o porto como exportador de produtos agrícolas da chaira de Ise-wan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Pertenceu á escola de Leiden e trasladouse a Amsterdam en 1657. Discípulo de Gerrit Dou, a súa arte afastouse do concepto sobrio do inspirador da escola, Rembrandt, e pintou de xeito sentimental, con pinceladas de trazo amplo. Realizou temas de historia, retratos, bodegóns e escenas costumistas. Pintou O almorzo, Muller lendo unha carta e O galo morto (1650).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conglomerado industrial xaponés de grande importancia. Creado na primeira metade do s XIX, contribuíu dun xeito decisivo ao desenvolvemento do capitalismo xaponés. Dedicouse inicialmente ao transporte marítimo e, arredor de 1890, fíxose cargo dos estaleiros de Nagasaki. Antes da Segunda Guerra Mundial chegou a ser unha das catro principais zaibatsu de Xapón. Disolveuse en 1946 e reapareceu en 1952, co nome de Fiji Trading Company. Integra empresas de sectores moi diversos, todas elas catalogadas dentro das primeiras empresas do sector a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria xaponesa, creada en 1880, con domicilio social en Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitsukurínidos.

    2. Peixe da familia dos mitsukurínidos.

    3. Familia de peixes condritios, da orde dos lamniformes, que se caraterizan por presentar un fociño longo, a aleta caudal moi longa e a segunda aleta dorsal e a anal moi desenvolvidas. Viven en augas profundas de mares tropicais e temperados. O único representante vivo desta familia é Mitsukurina owstoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. Coñecido co pseudónimo de Bashō, foi un dos escritores que máis axudou na modernización do haikai xaponés. O éxito do seu primeiro libro, Kaiōi (1672), levouno a instalarse en Toquio, onde tivo numerosos discípulos. En 1684 realizou diversas peregrinacións, que constituíron a base do diario Nozarashi Kiko (1685) e de numerosas antoloxías de haikais. Tamén destaca a súa obra Oku no Hosomichi (O estreito camiño a través do norte profundo, 1694).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do N da illa de Honshū, Xapón. Nela está a cidade de Aomori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Meiji Tenn ō (Kyoto 3.11.1852 - Toquio 30.7. 1912) Emperador de Xapón (1867-1912), fillo e sucesor de Kōmei Tennō. Durante o seu reinado promulgouse a constitución (1889) e tiveron lugar as guerras contra China (1894-1895) e Rusia (1904-1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Colaborador habitual do xornal Bungei Shunju, foi director do Museo da Literatura de Kamakura (1985-1990). É autor de Kuroi Gohan (O arroz negro, 1923), Su no naka (Ata o niño, 1934), Tebukuro no Katappo (Unha soa luva, 1943), Osagiri (Orballo, 1949) Aodensha (O tren azul, 1950) ou Kaze futatabi (De novo o vento, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Shiga, na illa de Honshū, Xapón, situada na costa meridional do lago Biwa-ko (282.070 h [2000]). A súa economía baséase na industria téxtil e de maquinaria. É un centro turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das pináceas, ao que pertence o abeto de Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO