Matsudaira, Yoritsuné
Matsudaira, Yoritsuné
Compositor. Formouse en Xapón e en Praga con Čerepnin. Foi presidente da sección xaponesa da Sociedade Internacional de Música Contemporánea (1956-1960). Nas súas composicións, das que destacan Canto de amor (1954), para soprano; U-mai (1959) e Bugaku (1962), para orquestra; e Rapsodia sobre un tema gagaku (1983), para orquestra de cámara, conxugou a tradición xaponesa coa técnica serial.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Toquio -
Deceso