"Tura" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 473.
-
-
Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (3.093 h [1996]). Ten cerdeiras, oliveiras, amendoeiras e alfarrobeiras. Explota o xeso e está desenvolta a industria da madeira e do téxtil.
-
Dimensión dunha cousa en sentido vertical.
-
Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.
-
Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.
-
Nivel ou modo de comportamento.
-
Nome simbólico co que designamos o ceo.
-
-
Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.
-
altura antemeridiana
Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.
-
altura aparente
Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.
-
...
-
-
-
-
Dimensión dunha cousa en sentido vertical.
-
Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.
-
Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.
-
Nivel ou modo de comportamento.
-
Nome simbólico co que designamos o ceo.
-
-
Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.
-
altura antemeridiana
Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.
-
altura aparente
Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.
-
altura circunmeridiana
Altura dun astro que se atopa preto do meridiano do lugar, tomada nun momento no que o ángulo ao polo é inferior aos 16 minutos. Aplicándolle unha corrección pódese transformar en altura meridiana.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (3.093 h [1996]). Ten cerdeiras, oliveiras, amendoeiras e alfarrobeiras. Explota o xeso e está desenvolta a industria da madeira e do téxtil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.
-
-
Calidade do que é angosto.
-
Lugar onde unha cousa (un paso, un filón, unha cova, etc) se fai máis estreita.
-
Árbore de orixe tropical que toma o seu nome da poboación de Angostura (ou Angustura) na conca do Orinoco. A súa casca, rica en aceites esenciais, empregábase para tratar a disentería e a diarrea crónica.
-
Extracto da casca da árbore do mesmo nome, empregado na preparación de diversos licores. É un ingrediente importante na preparación dos bitters que hai actualmente no mercado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo de Ciudad Bolívar (Venezuela).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada por Bolívar, entre febreiro e decembro de 1819, na que se reafirmaba o desexo de crear unha Gran Colombia, integrada polos actuais Colombia, Ecuador e Venezuela. Bolívar foi nomeado Presidente provisional e foi promulgada a Constitución do novo estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte sobre o Orinoco en Ciudad Bolívar, Venezuela. Ten unha lonxitude de 1.670 m, os piares centrais teñen unha altura de 120 m. Foi inaugurado no ano 1967.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula de tratamento que corresponde a unha persoa ou corporación, posta antes da sinatura do escrito que se dirixe, para indicar o cargo que exerce ou algunha circunstancia significativa da sinatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario ao que é natural.
-
-
Opresión producida polo excesivo axuntamento de varias persoas.
-
Situación dificultosa que pode afectar a unha persoa, especialmente por problemas económicos.
-
-
-
Acción de abrir ou de abrirse.
-
Inicio dun período ou actividade por vez primeira ou despois dun parón, acompañado ou non de celebracións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de abellas coa finalidade de aproveitar a súa produción, principalmente o mel e a cera. A colmea móbil, base da apicultura moderna ou racional, permite a observación e a manipulación da colonia sen perturbar a súa vida, como tamén a recolleita doada e non destrutiva dos favos. A práctica da explotación racional require: a localización do apiario nunha zona ben abastecida de plantas melíferas; cómpre que haxa auga suficiente preto do apiario e en xeral un clima temperado e seco; cómpre escoller colonias fortes (máis de 60.000 individuos) e de boa raza, como, por exemplo, a italiana (Apis mellifica variedade ligustica). A maior produtividade das colmeas ben poboadas suxeriu a invención de colonias compostas, cun número variable de colonias superpostas, que mediante as manipulacións adecuadas acadan rendementos extraordinarios, esta é a chamada colmea rañaceo (Dugat-Standard) de M. Dugat. Durante o período de floración, cómpre prover a colmea de alzados, caixóns...
-
-
Posición xentil do corpo.
-
Boa actitude da persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nota de adorno que se fai sentir antes da principal, dándolle un relevo particular ao soar un instante máis tarde do que o faría de non existir o adorno, e que constitúe a súa resolución se este creou unha disonancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da agricultura que se ocupa do cultivo, multiplicación e aproveitamento das árbores. Podemos distinguir a arboricultura froiteira ou fruticultura, a arboricultura forestal ou silvicultura, e a arboricultura ornamental, que se ocupa das árbores e dos arbustos utilizados en xardinería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación creada por P. Bosch Gimpera contra 1920 para designar unha cultura prehistórica da Idade do Bronce, vixente entre 1500 - 1000 a C, a partir do topónimo do lugar de El Argar, no termo de Antas (Almería). Dende 1949, os estudios de M. Tarradell demostraron que limitaba coas provincias de Granada, Almería, Murcia e Albacete, penetrando no extremo sur do País Valencià (depósitos do Cabezo Redondo de Villena, de San Antonio de Oriola e de Callosa de Segura). Caracterízase por poboados fortificados en lugares elevados, sepulturas baixo as casas en xerras ou cistas, metalurxia do cobre e do bronce, follas de sílex e cerámica lisa.
-
PERSOEIRO
Escritor, economista e político liberal. No 1820 participou na Revolución Liberal e durante o Trienio Constitucional ingresou na Academia de Bones Lletres de Barcelona. Foi un dos fundadores de El Europeo. Trasladouse a Madrid en 1826 onde desempeñou diferentes cargos económicos. Divulgou as ideas estéticas de Schiller e principiou o Romanticismo literario en lingua catalá e o movemento da Renaixença catalá co poema “La Pàtria” (1833). A súa obra escrita comprende poemas, traballos de crítica literaria e investigacións de historia económica. Fundou e dirixiu a Biblioteca de Autores Españoles e a Sociedade Filosófica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Concepción de espacios ou conxunto de espacios para o uso e a ambientación do ser humano. Vitrubio iniciou os estudios sobre a Arquitectura con De architectura (27-23 a C), analizando a problemática arquitectónica desde diferentes puntos de vista. Para Giedion a creación arquitectónica é a aplicación correcta dos materiais e dos principios económicos á creación dos espacios para uso humano. Algúns autores, como Pevsner, distinguen entre construción e Arquitectura, reservando esta denominación ás obras con estética. Outros combinan as ideas de utilidade e estética. Para Le Corbusier é confort e proporción, razón e estética, máquina e plástica, calma e beleza. Así mesmo, Barthes defínea, dende un punto de vista semántico, como unha logotécnica e Fusco como un medio de comunicación social. Para Rogers, que introduce o factor tempo na definición, a Arquitectura é a caracterización do tempo no espacio. Segundo León Battista Alberti, en De re aedificatoria, a Arquitectura consiste...
-
Composición, estrutura, maneira de encaixar e distribuír as diversas partes dun organismo ou dunha obra.
-
-
Xeito de organizarse e interactuar os elementos principais dun ordenador (microprocesador, memoria central, periféricos, etc) entre si; así como cada elemento illado (organización interna dos microprocesadores ou dos sistemas operativos) ou, en xeral, calquera sistema informático.
-
arquitectura aberta
Aquela na que os ordenadores poden traballar en rede con outros de características distintas.
-
arquitectura de rede
Configuración dunha rede informática.
-
arquitectura do bus
Configuración dun conxunto de dispositivos de conexión utilizados polos distintos compoñentes dun ordenador para intercambiar datos, que determinará a velocidade máxima coa que estes serán transferidos no interior do equipo informático e os seus periféricos.
-
arquitectura pechada
Aquela na que un ordenador só pode traballar en rede con outros aparellos totalmente compatibles.
-
-
Arte e técnica da distribución dos diversos elementos e da estruturación xeral do libro.
-
Arte de proxectar e construír navíos. A arquitectura naval divídese en: construción naval, que estudia e proxecta a construción dun navío en todo o que fai referencia a formas, estruturas, materiais, etc, e teoría do navío, que o estudia como vaso flotante, tendo en conta a súa estabilidade, flotabilidade e as forzas ás que estará sometido ao navegar. A ampla difusión dos primeiros libros publicados a mediados do s XVIII foi a base do rápido desenvolvemento de proxectos de navíos no s XIX. Cómpre salientar os tratados Scientia navalis (Ciencia naval, 1749) de Euler e Traité du navire (Tratado de navegación, 1746) de Bouger. Chapman propugnou a ampliación cos navíos que construíu e coas súas obras Architectura navals mercatoria (Arquitectura para a mariña mercante, 1768) e Tractat om Skeppsbyggeriet (Tratado de construción naval, 1775). Esta arte ampliouse coa aparición das máquinas de vapor. As diferentes formas de propulsión incrementan...
-