"Turia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 42.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a obra en lingua latina Ecclesiastica historia secundum singulas centurias per aliquot studiosos et pios viros in urbe magdeburgica... Trátase dun compendio de estudios da historia da Igrexa publicado por un grupo de eruditos protestantes dirixidos por Matias Flacio, chamado Illyricus, do 1559 ao 1574.
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado entre Avilés e Gijón (16.502 h [1996]). Na súa economía destaca a industria siderúrxica (ENSIDESA), así como a agricultura (patacas, cereais e árbores froiteiras). A gandería vacúa permite desenvolver unha pequena industria láctea. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María de Solís e o palacio de Peñalver.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fosfatos polos ouriños en maior cantidade do normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado na Coruña o 18 de xullo de 1869 entre representantes das forzas republicano-federais das catro provincias galegas e da provincia asturiana. Xunto cos subscritos en Tortosa, Valls, Eibar e Córdoba supuxo unha tentativa das forzas rexionais de dotar o federalismo hispánico dunha organización estable, operativa e descentralizada, segundo o modelo de pactos sucesivos de Pi i Margall. Posteriormente, asinouse en Madrid un pacto entre os representantes dos cinco pactos rexionais, completándose a organización federalista do Partido Republicano Federal Español. O pacto recolleu como puntos principais os postulados básicos do ideario federal, como a defensa dos dereitos individuais e da soberanía popular e a condena da anarquía, e outras medidas, como a organización da milicia cidadán e o dereito de insurrección armada. A organización pactista durou pouco tempo, pois o fracaso da insurrección republicana de outono de 1869 foi aproveitado polos dirixentes madrileños para impoñer un...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de sangue na urina. A hematuria é a manifestación de moitas enfermidades locais do ril e do tracto urinario e doutros procesos patolóxicos de orixe renal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal editada en Madrid a partir do 15 de xuño de 1878. Cesou a súa edición o 10 de xaneiro de 1879. Dirixida por Manuel Murguía, incluíu colaboracións de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e artigos en galego, castelán e bable. Imprimiuse na Tipografía Estereotipa de Perojo. Foi substituída por La Ilustración Gallega y Asturiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.
-
PERSOEIRO
Compositor armenio. Estudiou no conservatorio de Moscova, do que foi profesor desde 1951. Autor de obras nas que introduciu temas populares armenios, acadou gran popularidade polo ballet Gaiane (1942) e os seus concertos para piano (1936), violín (1940), e violoncello e orquestra (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias (783-788), fillo ilexítimo de Afonso I. Destronou o adolescente Afonso, fillo de Froila I. Durante o seu reinado, un período de paz interior e exterior, escribiuse o himno O Dei verbum, en honor ao apóstolo Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que ten como obxectivo primordial a promoción do uso do galego e a procura do recoñecemento oficial polas autoridades asturianas para os 18 concellos más occidentais do Principado de Asturias onde se fala o galego. Celebrou, en Grandas de Salime, o seu congreso fundacional o 30 de outubro de 1988, despois da autodisolución do Grupo de Eilao Pro-Defensa da Nosa Lingua. Criticou desde o seu nacemento o uso das equívocas denominacións oficiais astur-galaico e gallego-asturiano, así como o emprego do impreciso termo fala e do pexorativo falía, todas elas para se referir á lingua galega dos concellos máis occidentais de Asturias. En setembro de 1990 a MDGA publicou as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e organizou, en decembro de 1990, as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: Na busca das raíces da Terra Navia-Eo. En marzo de 1992 comezou a publicación da revista A Freita, órgano difusor da MDGA, onde, con carácter divulgativo, se trataban...
-
PERSOEIRO
Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Excreción urinaria de predominio nocturno. É un dos signos da insuficiencia cardíaca conxestiva e da insuficiencia renal crónica, e relaciónase cunha mellor circulación renal e xeral durante o repouso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de regras que pretenden ser unha norma do galego de Asturias. Na súa redacción partiuse de dous principios básicos: a) as falas do estremo occidental de Asturias son variedades do galego oriental e b) o referente é o galego común, pero respectando a personalidade lingüística das variedades galegas da Terra Eo-Navia. Foron publicadas en setembro de 1990 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) e redactadas por unha comisión constituída por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Fernández Santamarina. Son as normas que se empregan na revista Freita e nas diversas publicacións da MDGA.
-
PERSOEIRO
Primeiro rei de Asturias (710?-737). Cabaleiro da garda real de Vitiza e de Rodrigo, retivérono como refén os sarracenos en Córdoba e fuxiu a Asturias en 717. Refuxiado nas serras dos Picos de Europa, provocou a rebelión dos ástures, que o nomearon xefe (718), e derrotou os sarracenos na Batalla de Covadonga (722). Foi sucedido polo seu fillo Favila e a súa filla Ermesinda casou co futuro Afonso I de Asturias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de aire ou gases nos ouriños a causa de fermentacións amoniacais na vexiga ou de fístulas recto-vesicais ou vaxino-vesicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título que recibe o herdeiro ao trono de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardóns outorgados pola Fundación Príncipe de Asturias, con sede en Oviedo, desde 1981, a personalidades ou colectividades que se distinguiron nas categorías de Artes, Ciencias Sociais, Cooperación Internacional, Concordia, Comunicación e Humanidades, Deportes, Investigación Científica e Técnica, e Letras.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (14.209 h [2001]). A base agraria é o regadío, coa laranxeira como principal cultivo. A industria tivo un forte desenvolvemento, destacando a preparación de materias primas para a industria da construción, cemento, cerámica e metalurxia.
VER O DETALLE DO TERMO