"UAI" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 29.
-
GALICIA
Avogado e escritor. Colaborou en diversos xornais, como La Ilustración Gallega e El Heraldo Gallego (1874-1880). Destacou tamén polo seu labor de crítico literario, sobre todo por una tensa polémica que mantivo con Clarín. Das súas obras destacan Cuentos soporíferos (1874), Semblanzas galicianas (1876) e Semblanzas (2ª edición, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta nos exsudados resinosos de diversas plantas e que foi illada das follas de Larrea divaricata. Emprégase como antioxidante en graxas e aceites. OBS: Tamén se denomina NDGA.
-
-
Relativo ou pertencente a Paraguay ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Paraguay.
-
Arte desenvolvida en Paraguay. A época de máximo esplendor corresponde aos ss XVII e XVIII coas misións xesuíticas. Nesta época os estilos europeos mesturáronse con características indíxenas e destacan as misións de San Ignacio, San Cosme, Jesús e Santa Trinidad. No s XIX impúxose o neoclasicismo, con exemplos como a catedral de Asunción, o palacio do Goberno e o Panteón.
-
Literatura en lingua castelá cultivada en Paraguay. Naceu baixo a preponderancia do modernismo, e Alejandro Guanes e Eloy Farina Núñez foron os dous primeiros nomes notables. As dúas xeracións modernistas do país xiraron ao redor das revistas Crónica (1913-1915) e Juventud (1923-1925), e os poetas máis destacados foron G. Molinas Rolón, L. Ramos Giménez e P. Max Ynsfrán. Manuel Ortiz Guerrero foi un autor que sobresaíu polo seu perfil de poeta popular e polo seu bilingüismo (guaraní e castelán). Co modernismo comezaron os primeiros signos de expresión nacional, e foi a partir da guerra do Chaco (1932-1935) cando se consolidou un pulo creador que integrou a toda a nación. N. González iniciou unha poesía de reivindicación do indio. A gran figura lírica desta tendencia foi Herib Campos Cervera, e a primeira achega da novelística indíxena paraguaia foi a de Gabriel Casaccia. A poesía social da década de 1950 estivo representada por Elvio Romero. R. Domínguez, J. Luis Appleyard...
-
Música cultivada en Paraguay. Os indíxenas empregaban instrumentos de percusión, de vento e a arpa paraguaia, que era unha pequena arpa diatónica. Despois da colonización europea, as misións xesuítas do Paraná introduciron, no s XVI, a música relixiosa europea, e máis tarde a profana. Coa independencia, apareceron unha serie de correntes musicais populares baseadas principalmente na música de salón europea, pero con ritmos e metros propios, o que deu pé a danzas como a polca paraguaia, o galopa e a guaranía. As principais figuras do ambiente musical clásico foron A. Barrios Mangoré (1885-1944), Á. Menchaca (1885-1924), R. Giménez (1889-?) e J. C. Moreno (1912).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do ministerio de Asuntos Exteriores francés, situado no palacio e na rúa homónima, preto do Sena, en París.
-
ILLAS
Arquipélago situado no Pacífico que comprende as illas Rimatara, Rurutu, Raivavae e Tubuai, que forma a circunscrición administrativa de Tubuai, Polinesia Francesa (164 km2; 6.563 h [1996]). A súa capital é Tubuai.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión Académica Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión Astronómica Internacional.
-
-
Relativo ou pertencente a Uruguay ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Uruguay.
-
Arte desenvolvida en Uruguay. Ademais dos restos precolombinos que se conservan, emparentados con culturas patagónicas, da época colonial son algúns edificios de trazado moi sobrio. Do s XVIII son construcións de corte militar (cidadela de Montevideo, fortaleza de Santa Teresa) e o neoclásico estivo representado pola obra do arquitecto español Tomás Toribio e o seu fillo. A arquitectura moderna iniciouse coa creación da escola universitaria de arquitectura (1915) e destacan C. Surracho, M. Gravotto e J. Vilamajó. En escultura cabe mencionar a B. Michelena (1888-1963), J. M. Ferrari (1874-1916) e G. Cabrera e entre os pintores J. M. Blanes, P. Figari (1861-1938), R. Barradas, J. Torres García, Neder Costa, J. Páez e J. Gamarra.
-
Cine producido en Uruguay. A introdución do cinema no país data de 1896. Durante o período mudo a actividade foi moi escasa e só destacan Almas en la costa (1923), de J. A. Borges, e El pequeño héroe de Arroyo de Oro (1929), de C. Alonso. A chegada do cine sonoro non aumentou a produción, o que contrastou coa inquietude suscitada a nivel de cineclubs cara a 1948, e que provocou a aparición dunha nova xeración de cineastas renovadora do cinema uruguaio: E. Hintz, F. Musitelli, O. Capozzoli ou U. Ulive. Na década de 1960 ninguén tiña interese en establecer un cinema nacional. A censura foi moi dura, mesmo en filmes foráneos. En 1982 estrouse Mataron a Venancio Flores, dirixido por Juan Carlos Rodríguez Castro e producido pola cinemateca uruguaia, o que pareceu estimular o cine autóctono.
-
Literatura en lingua castelá cultivada en Uruguay. Despois da independencia do país acadou gran magnitude. Influenciada sobre todo polo romanticismo inglés e francés, máis avanzado o s XIX procurouse o achegamento a unha expresión crioula cos románticos arxentinos exiliados. Na segunda xeración aparece o primeiro novelista importante, E. Acevedo Díaz, os poetas J. Alonso y Triéllez e J. Zorrilla de San Martín e as primeiras manifestacións modernistas. Entre 1895 e 1910 destaca o ensaísta J. Enrique Rodó, os poetas J. Herrera e Reissig, A. Vasseu e M. E. Vaz Ferreira, os narradores J. de Viana, C. Reles e H. Quiroga, o dramaturgo F. Sánchez e a obra poética de D. Agustini e J. de Ibarbourou. Representan unha nova busca de formas vangardistas A. Mario Ferreiro, F. Pereda, S. Ibáñez e C. Silva. Dentro das correntes superrealistas ou existencialistas cómpre mencionar a C. Denis Molina, L. Alberto Varela, I. Vitale e A. Berenguer. Entre os últimos autores consolidados cabe destacar M. Benedetti,...
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Tierra del Fuego, situada na parte oriental do arquipélago homónimo, en Arxentina (45.785 h [2001]). Fundada en 1884, é a cidade máis austral do mundo.
VER O DETALLE DO TERMO