"Uceiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 43.

  • PERSOEIRO

    Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fiscal. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Dereito. Foi fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Colaborou en Foro Gallego e no Boletín del Colegio de Abogados da Coruña. Entre outros galardóns recibiu a Cruz de Honor e a Cruz Distinguida de primeira clase da Orden de San Raimundo de Peñafort, a Medalla del Mérito a la Justicia e a Medalla Castelao (1992). Pertence á Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou a súa andaina profesional na emisora Radio Coruña. En 1956 dirixiu a Estación Escuela de Juventudes coruñesas. Exerceu como subdirector xeral da cadea de emisoras CAR e como director de Radio Juventud na Coruña. Á parte dos seus traballos radiofónicos, escribiu numerosos artigos para a revista Atlántida. Publicou os libros La produción radiofónica. Arte y sistema (1967) e Hombres que decidieron (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Colaboradora en diversas publicacións (Dorna, Festa da Palavra Silenciada, Valdeleite), pertence ao consello editorial da Editorial Letras de Cal. Publicou os poemarios individuais Humidosas (V Premio Poesía Espiral Maior, 1997) e As entrañas horas (X Premio Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, 1998), e participou no volume colectivo Mulher a facer vento (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Desenvolveu a súa carreira militar en Moçambique e Angola, onde foi gobernador xeral (1907-1909). Defensor da monarquía, proclamou en 1919 a Monarquia do Norte. Foi galardoado coa Torre e Espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cruz monumental de pedra cunha altura de entre tres e cinco metros que se sitúa sobre un fuste, liso ou decorado con figuras esculpidas, asentado sobre unha base en forma de bancada. Nos lugares onde están erixidos simbolizan o mesmo có sinal da cruz para as persoas: lembran a morte de Cristo e supoñen unha defensa contra o mal. Por iso están situados na entrada das aldeas e en lugares maléficos, entre outros, nas encrucilladas, montes e ribeiras do mar. En ocasións, nestes lugares maléficos onde a Cruz vence o Mal, os curandeiros expulsan as enfermidades provocadas polas bruxas. Ademais, no lugar onde houbo unha morte violenta, como un accidente de tráfico, acostúmase erixir unha pequena cruz e, nalgún caso, mesmo un cruceiro, para lembrarlles aos camiñantes que recen pola salvación do defunto. Non son construcións exclusivas de Galicia e, aínda que a miúdo se relacionan coas de Irlanda e Bretaña, existen ou existiron no resto de Europa. En España, onde reciben o nome de humilladeros ou...

      1. Espacio no que se cruzan as naves central e transversal dunha igrexa. A nave transversal ten que ter a mesma altura e anchura ca a central para formar un cadrado perfecto.

      2. Nave transversal dunha igrexa perpendicular á nave central ou maior.

      3. arco de cruceiro

        arco de cruceiro.

      4. patio de cruceiro

        Patio musulmán dividido en catro partes por medio de dous paseadores altos que se cruzan de xeito transversal. Esta tipoloxía aparece no Patio de los Leones da Alhambra de Granada.

    2. Unidade monetaria brasileira dividida en 100 centavos. Estivo en vigor nos períodos: 1942-1967, 1970-1986 e 1990-1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barco de guerra que se caracteriza pola súa gran velocidade e que está equipado con armamento especial para misións ofensivas e defensivas.

    2. iaxe de lecer por mar con paradas en distintos portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe editada a partir do 1 de xaneiro de 1993 en Miranda de Ebro e subtitulada “Revista do Centro Galego de Miranda de Ebro”. Inicialmente tiña periodicidade semestral. Coordinada por J. A. Tojeiro, conta coa axuda da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, á parte da colaboración de Victoriano Agelo, Manuel García, Federico Pomar, Virginia Rodríguez e Mª José Gutiérrez. O seu obxectivo é ofrecer información sobre as actividades do centro galego da localidade, ademais de artigos sobre a gastronomía, a historia e a cultura de Galicia e todo o relacionado co Camiño de Santiago. Incluíu tamén fotografías en branco e negro sobre a sociedade, paisaxes e motivos galegos, e retratos de colaboradores combinados con debuxos humorísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Cee que ten o seu cumio a 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que lles serve de límite ás parroquias (e concellos) de Santa Comba de Carnota (Carnota) e Serres (Muros). O seu cumio acada os 360 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego editada a partir de maio de 1980 en Carral. Dirixida por Xosé Manuel Reboredo, incluía información de carácter xeral, noticias sobre xuntanzas municipais, deportes e asociacións de veciños, á parte de entrevistas e artigos de carácter cultural e histórico, como os dedicados aos mártires de Carral. En marzo de 1981 editou un número case monográfico titulado “Especial Ensino”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola Provincial de Artes e Oficios da Coruña, onde foi profesor de debuxo e modelado (1958-1975). Cara a 1945, recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para continuar os seus estudios na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde permaneceu cinco anos. Cultivou unha escultura realista e obras para decorar espacios públicos. Dende 1960 pertenceu á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruceiro situado no adro da igrexa parroquial do Hío (Cangas). Obra de Xosé Cerviño García, relata a historia humana desde a Creación ata a Redención. Desde o pedestal da cruz, foi tallado nun só bloque de pedra ao que se engadiron algunhas figuras. Represéntase o descendemento de Cristo da Cruz cando se descrava o corpo e é recollido pola Virxe e san Xoán. No fuste represéntase á Virxe pisando unha serpe, Adán e Eva espidos e os arcanxos. O capitel está sostido por catro querubíns alados, e na base ábrense unhas pequenas capelas ou fornelas onde se representan as ánimas do purgatorio, a visita de Cristo resucitado á Virxe e Adán e Eva consumíndose entre as chamas. Estilisticamente caracterízase polo barroquismo, a teatralidade e o dramatismo, e polo forte movemento das figuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen mancha moito a cara cando come.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos de Monfero, Aranga e Guitiriz e que pertence ao sistema montañoso da serra da Loba. O seu cumio acada os 609 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Ingresou no convento dominicano de San Xosé de Padrón (1889) e estudiou filosofía no convento de Coria (1890-1892) e teoloxía no convento de San Esteban en Salamanca (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fabrica ou vende louza.

    2. Armario para gardar a louza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Astro que brilla intensamente.

    2. Planeta Venus que se ve brillar ao amencer ou pola tardiña. Se se ve brillar pola mañá recibe os nomes de luceiro da alba, luceiro da mañá, luceiro da madrugada ou estrela da mañá, e pola tarde, luceiro da tarde ou estrela da tarde.

    3. vagalume.

    4. Figura que se representa por un cadrado coas puntas alongadas.

    5. Planta herbácea anual, de 10-50 cm de altura, que presenta follas laciniadas, flores solitarias terminais de cor azul ou branca e froitos globosos. Florece entre abril e xullo.

    6. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros e da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘día’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruceiro situado en Melide. Considérase o máis antigo de Galicia, do s XIV. Posiblemente pertenceu ao conxunto do retablo pétreo da desaparecida igrexa de San Pedro de Melide e orixinalmente estivo policromado. Na cruz, tallada nunha única peza, representouse dun lado, a figura de Xesús Cristo crucificado, acompañado por san Xoán Evanxelista e pola Virxe, e doutra, o Cristo en maxestade. É o elemento máis antigo do cruceiro, e a ela engadíronse posteriormente o pé e a columna, octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Formado no Teatro Experimental Independiente (1970) en Madrid, exerceu como profesor de interpretación e creou o Pequeño Teatro de Magallanes (1971). Realizou diversos traballos no cine e na televisión con coñecidos realizadores, como Mario Camus e Luis Buñuel. En Vilagarcía de Arousa creou a compañía de teatro Ítaca (1979), en que participou como director e escenógrafo de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980), de C. Casares; Historia do Zoo (1981), de E. Albee; Amantes (Vencedores e Vencidos) (1982), de B. Friel, e Eclipse total (1984), de Ch. Hampton.

    VER O DETALLE DO TERMO