"VOR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 122.
-
-
-
Comer un animal a súa presa.
-
Comer avidamente e con moita présa.
-
-
Destruír ou consumir algo ou a alguén.
-
Fixar os ollos en algo ou en alguén con grande avidez e paixón.
-
Ler con ansia ou con moito interese.
-
Inquietar intensamente a alguén.
-
Gastar o diñeiro con rapidez e en exceso.
-
-
-
de divorciar ou divorciarse.
-
Aplícase á persoa que se separou do cónxuxe tras unha sentenza de divorcio.
-
-
-
Separar o xuíz cunha sentenza de divorcio os esposos.
-
Separar ou considerar separadamente cousas relacionadas ou vinculadas entre si.
-
Obter o divorcio dúas persoas unidas polo vínculo do matrimonio.
-
Separarse do cónxuxe mediante unha sentenza de divorcio ditada por un xuíz.
-
Separarse cousas que están unidas ou relacionadas.
-
-
-
-
Disolución dun matrimonio celebrado validamente, en vida dos cónxuxes, mediante unha resolución xudicial fundada nunha causa legal. No ordenamento civil español, o divorcio baséase nos principios da previa ruptura da convivencia conxugal inferida tralo transcurso dun prazo de separación legal ou de feito, e de disolución por mutuo acordo, condicionado a un prazo de reflexión ou espera. Nas sociedades primitivas o matrimonio non se consideraba indisoluble. A iniciativa da ruptura correspondíalle ao home que a exercía por causa da esterilidade da muller. En moitas civilizacións antigas, o divorcio estaba consentido: causas como a desatención do marido facultaban á muller para divorciarse e o marido podía deixar a súa muller se esta era estéril. Na cultura asiria, o home podía repudiar a muller e as esposas de guerreiros prisioneiros podían volver a casar. En Grecia, o divorcio estáballes permitido a ambos os sexos; sen embargo, en Roma o divorcio non chegou a xeneralizarse ata o s II. A difusión...
-
divorcio vincular
Disolución do vínculo matrimonial que ten efectos no matrimonio (incluso consumado) cando a fe católica dun dos cónxuxes determina dificultades graves na convivencia. Se un dos cónxuxes fai profesión de fe relixiosa, pódese conceder o divorcio vincular sempre que o matrimonio non estivese consumado.
-
-
Separación ou desacordo entre dúas ou máis cousas ou persoas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Postura ideolóxica que defende a implantación do divorcio.
-
-
Que ou quen é partidario da lei do divorcio.
-
Relativo ou pertencente ao divorcio.
-
Aplícase ao avogado especialista en divorcios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica italiana realizada en 1961. Foi dirixida por Pietro Germi e interpretada por Marcello Mastroianni, Daniella Rocca, Stefania Sandrelli e Leopoldo Trieste. O filme expón unha situación paradóxica con fundamento na realidade. O asasinato dun cónxuxe que comete adulterio non se castiga na lexislación italiana con máis de sete anos de cadea. Esta situación fai que o protagonista mate a súa muller para así poder casar con outra da que está namorado.
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. Exerceu a crítica en Acento Cultural e Ínsula. Destacou polos seus estudios sobre teatro contemporáneo, como El teatro hoy (1966) e El teatro de Buero Vallejo (1973). A súa narrativa iniciouse no realismo social para evolucionar cara a unha literatura fantástica e imaxinativa, como en La rebelión humana (1968), Tiempos (1980) e La pirámide de Kheops (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor checo. Violinista destacado, estudiou con A. Liehmann na Escola de Órgano de Praga (1857-1859) e, posteriormente, ingresou na orquestra do Teatro Provisional baixo a dirección de Bedřich Smetana. Exerceu a docencia particular e na súa carreira musical contou co apoio de J. Brahms, quen en 1878 promoveu a publicación de varias das súas composicións na editorial alemá Simrock. Influído por Mozart, Beethoven, Schubert e Wagner, foi fiel ás correntes musicais nacionalistas e inspirouse no folclore eslavo. O seu primeiro éxito foi a cantata Hymnus: Os herdeiros da montaña Branca (1873). En Inglaterra acadou grandes éxitos, presentou varias das súas obras e compuxo outras, como o oratorio St. Ludmilla (1886) para o Leeds Musical Festival, e foi nomeado doutor honoris causa de Cambridge. En 1891 foi nomeado profesor de composición e instrumentación no Conservatorio de Praga. Posteriormente, durante a súa estancia nos EE UU interesouse polos ritmos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte. Discípulo de F. Wickhoff, a quen sucedeu como catedrático de Historia da Arte na Universidade de Viena. Interesouse pola idea da causalidade no desenvolvemento da arte e estudiou as épocas da crise dos estilos, o manierismo, que uniu aos cambios da historia espiritual da humanidade. Foi un teórico da conservación dos monumentos. Entre as súas obras destacan Idealismo e naturalismo na escultura e na pintura gótica (1918) e El Greco e o manierismo (1921). Os seus escritos reuníronse en A historia da arte como historia do espírito (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Dirixida por Amador Rodríguez Arce e Manuel Casal Salgado, conta con máis de douscentos títulos publicados. A súa liña editorial enmárcase dentro da difusión de obras cartográficas, literatura infantil e xuvenil, narrativa e pedagoxía en lingua galega ou castelá. Divide a súa produción nas coleccións “Animais fantásticos”, “Aprender xogando”, “Biblioteca de autores galegos”, “Cartografía”, “Contos clásicos favoritos”, “Ecoloxía”, “Mapas murais/Esfera”, “O meu libro-xogo”, “Os libros do tren”, “Pouquiño a pouco” e “Xeografía e historia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
En gran cantidade ou en moita abundancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de envorcar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dando voltas polo chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tirarse unha persoa ou un animal ao chan dando voltas e refregándose contra el.
-
-
Botar fóra o contido dun recipiente.
-
Poñer boca abaixo ou inclinar algo.
-
Dar a volta ou inclinarse algo cara a un lado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
envorcadura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escarcavear.
-
-
Causar pavor a alguén.
-
Sentir pavor ou moito medo.
-
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, no Alto Alentejo, Portugal, na marxe esquerda do río Xarrama (38.900 h [1998]). É un centro comercial agrícola e manufactureiro. Destacan os seus xacementos de ferro e cobre. De fundación prerromana, foi denominada por Plinio o Vello “Ebora Caerealis” e, tralas Guerras Cántabras (29 a C-19 a C), “Liberalitas Iulia”. Converteuse nun importante centro comercial na vía que unía Scallabis e Pax Iulia, que en época visigoda e musulmá practicamente desapareceu. En 1165 foi conquistada aos musulmáns por Afonso I de Portugal e integrouse no Reino de Portugal, ao ser unha cidade clave para o control do territorio ao S do Tejo. Trala unión dos reinos de España e Portugal, tivo lugar un motín contra Filipe IV (1637), que precedeu á sublevación portuguesa. Do seu patrimonio cultural, declarado en 1986 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, destacan os restos romanos das murallas, do templo de Diana (s I), das termas e do acueduto, a catedral (ss XII-XIV), o mosteiro...
VER O DETALLE DO TERMO