"Vas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 331.
-
PERSOEIRO
Escultor. Tamén se coñece co pseudónimo de Antonio Rivas. Iniciouse na escultura da man do seu pai, con quen colaborou en 1880 na restauración das esculturas de Santa María da Coruña. Viaxou a Montevideo, onde descubriu o traballo en mármore, e a Italia, onde se relacionou con Benlliure e Palmarola. De regreso a España instalouse en Madrid e comezou a súa colaboración con Antonio Palacios. Establecido definitivamente en Vigo, foi profesor de escultura e debuxo na Escola de Artes e Oficios. Con Palacios colaborou no pazo do Marqués de Cubas (Madrid), realizou a escalinata e a balaustrada do Hotel Balneario de Mondariz (hoxe en ruínas) e as mans e a cara da Virxe da Rocha (Baiona). No cemiterio de Pereiró (Vigo) esculpiu o mausoleo de Domingo Ledo Villa e o busto de Concepción Arenal no monumento funerario situado á entrada do camposanto. Traballou tamén na antiga igrexa dos xesuítas de Vigo e en diversas igrexas da Coruña, cidade na que se conservan esculturas súas expostas en xardíns...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e músico. Ademais de xefe de produción da Radio Galega, dedicouse ao cine, compoñendo a música das películas Sempre Xonxa, Esperanza e Mamasunción. Colaborou tamén coa Editorial Canela na gravación, montaxe e mastering para os CD que acompañan os libros: Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres (2012) e Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide (2015)
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela e político. É doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e licenciado en Filosofía e Letras polas universidades Pontificia de Comillas (Madrid) e Complutense. Entre os anos 1977 e 1989 desenvolveu unha intensa carreira política que o levou a ocupar os cargos de vicepresidente da Xunta de Galicia baixo as presidencias de Fernández Albor (1983-1986) e González Laxe (1987-1988) e de conselleiro da Presidencia (1982-1986). Foi deputado no Parlamento de Galicia nas dúas primeiras lexislaturas (1981-1989), onde desempeñou o cargo de voceiro parlamentario do Grupo Popular, e representou a Galicia na Asemblea de Poderes Rexionais e Locais do Parlamento Europeo. Logo de ostentar distintos cargos en Alianza Popular na provincia de Pontevedra, ocupou a Secretaría Xeral de Alianza Popular-Partido Popular...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Deuse a coñecer co conto Derevn’a Berd’ajka (O pobo de Berd´ajka, 1961) e consagrouse con Privyčnoje delo (Traballo habitual, 1966). Da súa produción destacan Plotničkije Rasskazy (Historias dun madeireiro, 1968), Utrom u subbotu (Sábado pola mañá, 1976) e Vospitanije po doktoru Spoku (A educación segundo o doutor Spock, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso coñecido como Galen. De orixe obreira, serviu no exército tsarista ata 1916. En 1917 uniuse aos bolxeviques, chegando a ser delegado do partido en Samarra. Ao mando de tropas do Exército Vermello combateu, durante a guerra civil, contra os exércitos contrarrevolucionarios de Kolčak e Wrangel. En 1921 foi nomeado ministro da Guerra da República de Siberia. Dende 1922 ata 1938 foi comandante das forzas soviéticas no Extremo Oriente e, entre 1924 e 1928, foi conselleiro militar de Sun Yat-sen e de Chiang Kai-shek. En 1935 foi ascendido a mariscal. En 1937 presidiu o consello de guerra contra Zujachevski e pouco despois, entre 1938 e 1939, desapareceu víctima dunha depuración ordenada por Stalin. Foi rehabilitado en 1956, trala chegada ao poder de Kruščov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista galega editada no ano 1929 en Caracas, capital de Venezuela. Foi subtitulada “Boletín informativo mensual da Irmandade Galega”. A coordinación xeral estaba a cargo da secretaría de relacións públicas da Irmandade. A revista daba conta das actividades deste centro galego, con información sobre deportes, actuacións de grupos de baile tradicional galego, de grupos de música galega, xiras de grupos galegos por Hispanoamérica, como Fuxan os ventos, ou actos conmemorativos como as homenaxes que se lle fixeron a Rosalía de Castro e Miguel Hernández. Tamén aparecían artigos literarios como un asinado por Mary Carmen Fernández sobre Manuel Antonio.
-
PERSOEIRO
Naturalista e médico. Foi practicamente o iniciador dos estudios herpetolóxicos na Península Ibérica, autor de Catalogue des reptiles et des anphibiens de la Péninsule Ibérique et des îles Baléares (Catálogo dos réptiles e dos anfibios da Península Ibérica e das Illes Balears, 1878). En 1879 visitou o sueste de Galicia e citou numerosas especies nunha publicación dese mesmo ano. Foi catedrático de Historia Natural na Universitat de València, onde reuniu un museo con máis de 43.000 mostras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Militar. Desde 1920 a súa carreira militar desenvolveuse na Coruña. En 1936, sendo comandante, coordinou as tropas sublevadas en Galicia e, en 1937, ascendeu a xeneral de brigada. Realizou traballos de topografía, óptica e astronomía.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Participou na preparación do movemento militar da Vicalvarada (1854), que deu inicio ao Bienio Progresista. Redactou o Manifiesto de Manzanares (1854), declaración programática da futura Unión Liberal, partido polo que foi elixido deputado a Cortes e, máis tarde, designado director xeral da administración local e subsecretario de gobernación con O’Donnell (1858). Foi ministro da Gobernación no goberno de Mon (1864) e de Ultramar no último ministerio O’Donnell (1865). Non participou na Revolución de 1868 nin apoiou a causa de Isabel II. Deputado ás Cortes de 1869, defendeu posicións conservadoras. En 1873 designárono xefe do partido afonsino e dirixiu a campaña para a restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII. Nomeado xefe de goberno (1875), desenvolveu o sistema político da Restauración que ideara, baseado na unión de monarquía e Cortes a través dun texto constitucional (1876) que permitiu a división de poderes. Pactou con Sagasta a alternancia no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor establecido na cidade da Coruña arredor do 1860. Publicou o Boletín Judicial de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Experto en gastronomía e colaborador habitual nas revistas Club de Gourmets, Sobremesa e Gran Reserva. Crítico gastrónomo do xornal El País, é autor de diversos libros, entre eles, Manual del pescado, Mil pares de huevos, Pícaros, ollas, inquisidores y monjas ou Comer en Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao corazón e aos vasos sanguíneos.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escola da Llotja en Barcelona e en París. Autor dunha obra de gran sensibilidade, foi un destacado representante do novecentismo. Entre as súas obras destaca o monumento a Monturiol en Figueres (1916-1918). Foi presidente de Les Arts i els Artistes (1935). Na Exposición Internacional de Barcelona de 1929 obtivo unha primeira medalla e gañou o Premio Campeny da Generalitat de Catalunya en 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adega situada en Perelada, Girona, fundada en 1923 e adscrita ás Denominacións de Orixe Empordá-Costa Brava e Cava, especializada en viños de liña moderna (con castes de uvas francesas) e en cavas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Militar. Comandante en xefe do rexemento de Infantería destinado no cuartel de San Francisco en Ourense, asumiu o mando durante a sublevación militar de 1936 nesta cidade. Dez días despois, marchou coas súas tropas á fronte de Asturias onde o feriron.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía institucional creada en Madrid en 1984 polo Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales. Dependente do ministerio de Cultura estivo dirixida desde a súa fundación por Guillermo Heras, quen desenvolveu un amplo programa de actividades ata a desaparición da compañía, en 1993. Entre as súas iniciativas, destaca a renovación da escrita dramática a través de premios, de cursos e da posta en escena de espectáculos creados a partir de textos de novos autores, así como a realización de espectáculos con obras de dramaturgos significativos das novas correntes teatrais europeas e americanas. En Galicia participou na produción do espectáculo Caderno de Bitácora (1985), do Centro Dramático Galego.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ares. Construíuse nun coto propiedade da igrexa de Santiago de Compostela. Ten planta rectangular de nave única e unha ábsida románica (1180?) semicircular precedida dun tramo recto con cuberta de bóveda de cuarto de esfera e de canón semicircular, respectivamente. A nave reconstruíuse en 1784, data na que se engadiu unha espadana á fachada principal. O arco triunfal é de medio punto e dobrado, a rosca menor descansa sobre un par de columnas pegadas que se apoian sobre bases áticas e sosteñen capiteis cubertos de follas nervadas de perfís recortados e rematadas en bólas. No exterior a ábsida elévase sobre unha base escalonada e o muro semicircular divídese en tres panos por medio de dous contrafortes prismáticos que chegan ata o beiril. En cada un deles ábrese unha estreita ventá abucinada ao interior. O beiril está sostido por canzorros, algún deles con decoración figurada como os que presentan unha cabeza de porco coa boca aberta ou uns cuadrúpedes tumbados...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Turín, no Piemonte, Italia, situada á beira do río Po (9.064 h [1991]). No seu termo municipal está instalada unha central térmica.
VER O DETALLE DO TERMO