"Vaz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 165.

  • Golpe que acerta co pello no xogo da chave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo. Licenciado en Xeografía e Historia, acadou a especialidade de musicoloxía (Universidad de Oviedo, 1992) e a de historia (UNED, 1999), e doutorouse en 1999 na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La formación del pensamiento musical nacionalista en Galicia hasta 1936 (edición electrónica, 1999). Iniciou os seus estudios musicais na academia da banda de música de Castrelo de Cambados da man de Ángel Padín. Dende os dez anos foi clarinetista nesa agrupación e exerceu como director da mesma en varias ocasións. Continuou a súa formación en varios conservatorios de Galicia e nos superiores de Santiago de Compostela e Oviedo. Exerceu a docencia en centros de ensino secundario, no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo como profesor asociado de historia da música e do folclore. Membro de varias sociedades científicas e da Ponencia de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega, colaborou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. No ano 1936 exiliouse a Arxentina. Instalouse en Bos Aires en 1941, onde exerceu un importante labor para o desenvolvemento do galeguismo. Participou na Federación de Sociedades Galegas e foi nomeado presidente da Irmandade Galega de Bos Aires. Ocupou tamén a secretaría xeral do Consello de Galicia, logo de ser un dos promotores da súa remodelación en 1960. Foi director da revista Orzán e A Nosa Terra, e escribiu as obras Xornes (1987) e Galiza de Alem Mar (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, fillo de Manuel Curros Enríquez. Pasou a súa infancia en Celanova e Ourense, e estudiou Filosofía e Letras, sen chegar a rematar a carreira. Dirixiu e anotou as Obras completas de seu pai e traduciu ao castelán O divino sainete (1918). É autor da zarzuela El traje misterioso, con música de Saco del Valle, que se estreou no Teatro Eslava de Madrid, e xunto con Manuel B. Caballero escribiu a zarzuela nun acto La Muiñeira, con música de Arturo Lafuente, da que só se publicou en 1904 un fragmento baixo o título de Jan na Revista Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidad Central de Madrid (1963), foi Director provincial do SERGAS en Lugo e deputado do Parlamento galego polo Partido Popular desde as eleccións do 2001, pola circunscrición de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Enxeñeiro técnico topográfico, fundou e foi secretario e voceiro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Foi candidato do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Parlamento español nas eleccións de 1977 e 1979, e deputado no primeiro Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro do consello directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), colaborador das revistas A Nosa Terra, Irmandade, Atenea, Mocidade ou Tempos Novos e de diversos medios de comunicación, a súa obra literaria caracterízase pola carga de denuncia social e política. Publicou os poemarios Albre de espranza (1966), Canciós pra un agromar branco e azul (1968), que se incorporou en parte ao repertorio do grupo Voces Ceibes, O ferro dos días (1982); as novelas A torre de Babel (1968), Galou Z-28 (Premio da Casa de Galicia de Bilbao, 1975), A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986) e Henriqueta na galería (1997); os libros de relatos O tempo sen saída (1972),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Belas Artes (1975), colaborou no equipo de traballo do arquitecto Alberto Noguerol del Río. Participou, entre outras obras, na Praza da Constitución de Camas (Sevilla), no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela, 1990), na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1991) e na casa do concello de Cangas (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A finais dos anos sesenta viaxou a París, onde o coñecemento das distintas correntes artísticas contribuíu a encher de liberdade os seus lenzos. A súa obra bebeu das diferentes estéticas na busca da expresión a través das formas e das cores. Evolucionou dende a figuración ata a abstracción xeométrica con referencias cubistas, futuristas e surrealistas para despois achegarse a unha estética informalista e a unha simplicidade próxima ao construtivismo. Empregou as cores intensas, planas e a sobriedade das veladuras. Nas súas teas, traballadas como un elemento activo no que o espazo cobra vital importancia, introduciu obxectos de metal e outros materiais na busca da tridimensionalidade. Da súa produción destacan a serie Chador, Más allá del color, Credo in unum primum, La escalera de Jacob e El bosque de las primeras cosas. Realizou a súa primeira exposición na Galería Torrado de Pontevedra (1983) e dende aquela destacan, entre outras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Director do Sanatorio Domínguez de Pontevedra. Foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado do Parlamento galego na quinta lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Organizou o PCE na súa vila natal a comezos da Segunda República. Rematada a guerra, foi internado en Auschwitz pola Gestapo. En 1948 instalouse en Venezuela e, descontento coa política do PCE contraria á loita armada, foi un dos creadores do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), composto por exiliados españois e portugueses. En 1961 liderou, xunto co capitán Galvão o secuestro durante dez días do transatlántico portugués Santa María, en augas do Caribe, baixo o alcume de Comandante Sotomayor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, político e xornalista. Foi director xeral do corpo de Carabineiros co goberno de Negrín, durante a Guerra Civil. Exiliado en México, dirixiu a revista Saudade e foi membro fundador da Alianza Nazonal Galega, en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Octo Europa Estudios SL. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en Faro de Vigo, La Gaceta del Norte e El Correo Español-El Pueblo Vasco, neste último foi redactor xefe, e como director-adxunto de La Voz de Galicia. Profesor titular de Tecnoloxía da Información na Universidad del País Vasco. Dirixiu as coleccións editoriais “Reportaje-Documento” e “Ahora”. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla do Mérito Militar e a insignia de ouro da Sociedad Filatélica da Coruña. Publicou Estudio postal sobre el ejército y las guerras de España e La batalla de Elviña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escuela de Artes e Oficios. Foi catedrático nas escolas de Artes e Oficios da Coruña, onde colaborou na revista Alfar, en Barcelona e Madrid, cidades nas que se relacionou cos grupos vangardistas. Formou parte da Academia Breve de Crítica de Arte de E. d’Ors e da escola de Altamira. A súa obra evolucionou dende o realismo ata a abstracción, experimentou cos novos materiais e realizou assemblages e esculturas articuladas. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Escultura pola obra La escolar (1926) e o Gran Premio da Bienal Hispanoamericana (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo e historiador das ciencias. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario. Pioneiro do movemento ecoloxista en Galicia na década de 1970. Dende principios da década de 1980 céntrase no estudo da Historia das Ciencias, e coordina o Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas dende 1987. En 1994 pasa a dirixir, e posteriormente codirixir, a publicación Ingenium, do Seminario de Estudos Galegos, e en 1995 entra no consello de redacción da revista Llull, publicada pola Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas. Publicou numerosos artigos sobre ensino e historia das ciencias e coordinou o Dicionario Histórico das ciencias e das técnicas de Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Dedicado ao sector armador de buques pesqueiros, foi presidente e vicepresidente da Asociación de Armadores de Pesca da Coruña (ARPESCO). Ocupou ademais os cargos de presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (1984-2000) e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Licenciouse en Belas Artes na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1962). Traballou con Pablo Serrano e Enrique Pérez Comendador. Instalouse en Ourense en 1963, onde se vinculou aos Artistiñas de Vicente Risco, e realizou a súa primeira exposición en Madrid en 1966. A súa obra, expresionista e neorrealista, está enraizada na tradición galega. Nos seus comezos traballou na madeira, para acadar a súa máxima expresión nas obras en bronce, ás que chegou a través do coñecemento da fundición e dos procesos da soldadura autóxena, en obras nas que acadou unha maior expresión ao prescindir do accesorio e traballar o oco como materia. Traballou tamén a pedra. A súa obra é dinámica e espontánea e nela están presentes a muller e a maternidade. Realizou, entre outras esculturas públicas, os monumentos a Castelao e Otero Pedrayo en Ourense, a Castelao en Pontevedra, ao afiador en Luintra (Nogueira de Ramuín) e moitas das esculturas do Centro Cultural Caixanova de Vigo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi redactor do periódico La Esperanza ata 1870 e colaborou en El Eco Franciscano. Traduciu ao castelán os Himnos sacros, de Manzoni, e El anillo de Polícrates, de Schiller. Ademais da letra do Himno dos peregrinos ao Apóstolo Santiago, musicada por Santiago Tafall, escribiu Vicios de la locución de los naturales de Galicia (1884). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia, da Real Academia Galega e da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Técnico de publicidade. Coñecido co pseudónimo de Pepe Garalva, é director da axencia Garalva, relacións públicas e presidente da Asociación Provincial de Axencias de Publicidade. Exerceu como correspondente deportivo de El Correo Gallego e foi director da revista Mirador Lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro industrial. Ingresou en AP (1986) e foi concelleiro da Coruña (1987-1999). No Congreso formou parte do Grupo Popular durante a IV e V lexislaturas (1989-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO