"Vega" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 77.

  • PERSOEIRO

    Infante de Portugal, fillo de Xoán I e de Filipa de Lancaster. Organizou a flota que tomou Ceuta (1415) e, ao regresar a Portugal, foi nomeado cabaleiro, duque de Viseu e señor de Covilhã. Elixido rexedor e administrador da Ordem de Cristo (1416), dirixiu e organizou a expansión portuguesa polo Atlántico e as costas africanas. As súas flotas chegaron ao arquipélago de Madeira (1419-1420), aos Açores (1427?), ao cabo Bojador (1434), ao Río de Oro (1436), ao golfo de Arguim (1443), ao río Senegal (1445) e ao arquipélago de Cabo Verde (1457-1460). Promoveu a colonización das Ilhas dos Açores e Madeira. Preocupouse tamén pola introdución de melloras na agricultura nas terras da Ordem de Cristo en Tomar, e reorganizou os estudios da Universidade de Lisboa (1431 e 1440), onde introduciu, entre outras disciplinas, as matemáticas e a astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e ensaísta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, foi destinado a Lugo como funcionario do corpo de Administración Civil do Estado. Nesta cidade desenvolveu un intenso labor cultural participando activamente en parladoiros e asuntos locais. Membro do grupo de pensadores da Xeración de 1936, xunto a Ramón Piñeiro, Xoán Rof Carballo e Domingo García-Sabell, foi un dos revitalizadores do ensaísmo galego no campo da antropoloxía filosófica. Na súa mocidade centrou os seus estudios na filosofía do dereito e na obra de M. Heidegger, para despois interesarse por K. Marx, a fenomenoloxía, F. W. Nietzsche e, nos últimos anos da súa vida, pola obra de K. R. Popper. Vinculado á editorial Galaxia, colaborou, entre outras publicacións, en El Progreso, La Noche, Galicia Emigrante e Grial. No campo da filosofía, a súa obra máis importante foi O segredo do humor (1963), en que tocou a temática humorística desde un punto de vista filosófico e onde definiu o humor como un sutil xogo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive. Tivo obradoiro en Salamanca, dende onde realizaba os seus traballos, entre os que destacan as urnas da catedral salmantina. O arcebispo A. de Monroy chamouno a Santiago de Compostela para que ornamentase o altar maior da catedral. Realizou, entre outras obras, o camarín e o sillón do Apóstolo e o ostensorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Garcilaso de la Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, terceiro conde de Ureña e señor de Osuna. Reclamou o ducado de Medinasidonia e o condado de Niebla, ao alegar os dereitos sucesorios da súa muller, Mencía de Guzmán, pero Fernando o Católico non o aceptou. Á morte do monarca, tentou apoderarse do ducado pola forza e sitiou, sen éxito, Sanlúcar de Barrameda (1516). Durante o reinado de Carlos I continuou con esta cuestión e, ante a negativa do monarca, uniuse aos comuneiros e foi nomeado capitán xeneral. Trala caída de Tordesillas (1520) abandonou a causa das comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e pintor. Coñecido como Álvaro de la Vega, realizou a súa primeira mostra pictórica en 1974 no pazo da Deputación de Lugo. En 1976 trasladouse a Barcelona, onde estudiou na Escola de Belles Arts, realizou diversas exposicións e participou en mostras e concursos, entre outros, na III Bienal d’Art Contemporani, na que obtivo unha mención de honor. Estas primeiras obras estiveron influenciadas pola fotografía e o cómic. Realizou traballos de deseño gráfico e ilustración en diversas publicacións e, en 1985, ingresou na Escola de Belles Arts de Barcelona, onde se licenciou en 1990. Na década de 1980 comezou a esculpir e abandonou a pintura, e traballou principalmente a madeira. As súas primeiras pezas realizounas a partir dun esqueleto sobre o que insería elementos de diferentes materiais. Nos seus comezos realizou figuras solitarias e individualizadas para despois elaborar imaxes seriadas, caracterizadas pola fragmentación da figura. Realizou numerosas mostras individuais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista Xeral de Galicia. Foi xuíz eclesiástico e visitador do arcebispado de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Anales del Reino de Galicia (1733-1736), nos que incluía abundantes datos sobre a xeografía, a historia e a arqueoloxía de Galicia, e España primitiva, historia de sus reyes y monarcas desde su población hasta Cristo (1738-1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en La Vega de Granada, á beira do río Genil, ao SL da capital (9.422 h [2001]). A súa poboación dedícase maioritariamente ás actividades agrarias, especialmente aos cultivos de horta, cereais e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser navegado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (226 h [2001]). O Puente Fitero comunícao con Itero del Castillo (Burgos). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial de San Pedro, gótica do s XIII, e o Rollo de Justicia, renacentista, situado na praza da vila e declarado Ben de Interese Cultural en 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Nevada, EE UU (478.434 h [2000]). É un importante centro de diversión, con célebres casas de xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Lope de Vega y Carpio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi maxistral de Mondoñedo e de Santiago de Compostela (1632), así como bispo de Tui (1649-1656) e de León (1657). Destacou como teólogo e orador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi un defensor do provincialismo e escribiu numerosos artigos en publicacións da época, especialmente en Galicia, Revista Universal de este Reino (1863-1864), onde recolleu máis dun cento de cantigas na sección “La poesía portuguesa y la poesía gallega”. Foi autor de diversos traballos médicos e escribiu os poemas “Coitadiña” (1854) e “A Galicia” (1861), incluídos no Álbum de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Ángel de la Vega, A Mar ou O Marqués da Piringalla, traballou desde 1958 no xornal El Progreso, onde foi redactor xefe (1970-1995). Fundador e director do semanario El Heraldo de Vivero, en 1962 fundou Hoja del Lunes de Lugo, da que foi redactor xefe e director (1963) ata o seu cesamento (1987). Correspondente en Lugo das axencias Logos e Europa Press, publicou a guía Friol (1990), La Garra: zarpazos del año 2000 (1999) e Ánxel Fole: 101 anécdotas (2003). Obtivo o Premio del Concurso de Reportajes Periodísticos de Lotería Nacional (1964), foi nomeado Lucense do Ano (1995) e obtivo a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Das súas obras, centradas no amor vivido en diversas épocas e circunstancias, destacan Flor de Varia Poesía (1978), De las Palabras y la Sombra (Primer Premio del Certamen Permanente Centroamericano, 1983), Helénicas (1998) e Toque de queda: poesía bajo el terror 1969-1999 (1999), en poesía; Tres Rostros de Mujer en Soledad, en teatro; El Señor Presidente y Tirano Banderas (1970), en ensaio; e Estética y poesía de Petrarca (1974) e La mujer en las obras de José Milla (1982), como crítica literaria. É membro correspondente da Real Academia Española e foi Premio Nacional de Literatura Miguel Ángel Asturias (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de navegable.

    VER O DETALLE DO TERMO