Girón de la Vega, Pedro
Girón de la Vega, Pedro
Nobre, terceiro conde de Ureña e señor de Osuna. Reclamou o ducado de Medinasidonia e o condado de Niebla, ao alegar os dereitos sucesorios da súa muller, Mencía de Guzmán, pero Fernando o Católico non o aceptou. Á morte do monarca, tentou apoderarse do ducado pola forza e sitiou, sen éxito, Sanlúcar de Barrameda (1516). Durante o reinado de Carlos I continuou con esta cuestión e, ante a negativa do monarca, uniuse aos comuneiros e foi nomeado capitán xeneral. Trala caída de Tordesillas (1520) abandonou a causa das comunidades.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Sevilla