"Xacob" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 24.

      1. Relativo ou pertencente ao xacobinismo.

      2. Partidario ou seguidor do xacobinismo.

      1. Relativo ou pertencente ao club dos Xacobinos.

      2. Partidario ou seguidor do club dos Xacobinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política francesa creada en 1789 en Versailles. Recibiu este nome porque tiña a súa sede nun convento de dominicanos, coñecidos popularmente como xacobinos. Foi un club parlamentario moderado, pero en 1792 dominárono os republicanos radicais, como Robespierre, Saint-Just ou Pétion, o que provocou a saída do grupo xirondino. A súa liña política preconizaba unha Francia de pequenos propietarios e produtores independentes, pero converteuse nunha formación despótica. Despois do golpe de estado de Termidor (xullo de 1794) foi afastado da lei, ata a súa definitiva disolución, en agosto de 1799.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos xacobitas.

    2. Membro do partido lexitimista escocés e inglés, partidario de Xaime II contra Guillerme de Nassau, despois da Revolución de 1688, e posteriormente partidario dos últimos Stuart contra os Hannover.

    3. Membro da igrexa monofisita de Siria organizada por Jacob Baradai.

    VER O DETALLE DO TERMO