xacobita

xacobita

(< lat Iacobus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos xacobitas.

  2. s

    Membro do partido lexitimista escocés e inglés, partidario de Xaime II contra Guillerme de Nassau, despois da Revolución de 1688, e posteriormente partidario dos últimos Stuart contra os Hannover.

  3. s [RELIX]

    Membro da igrexa monofisita de Siria organizada por Jacob Baradai.

Palabras veciñas

xacobinismo | xacobino -na | Xacobinos, club dos | xacobita | Xacobo | xácoma | Xácome